Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Estereotipos e Desafíos do Galego: Unha Análise Sociolingüística

Lingua e literatura3,61 KB

Sociolingüística: Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social existente nela: unha das linguas –a dominante– vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra –a dominada– e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada ou recesiva (que vai perdendo usos) chámaselle tamén lingua minorizada e é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos, sendo ignorada ou desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante. Esta discriminación social nos usos das dúas linguas denomínase diglosia.

A situación de dependencia que a sociedade galega viviu durante varios séculos provocou que se asentase en amplas...

Seguir lendo "Estereotipos e Desafíos do Galego: Unha Análise Sociolingüística" »

Literatura galega: Noriega Varela e Ramón Cabanillas

Lingua e literatura2,97 KB

Noriega Varela: transición do s.XIX ao s.XX

Representa a transición do s.XIX ao s.XX. A súa obra poética recollida nun poemario (Do Ermo) ten varias edicións. Ao principio chamábase Montañesas, está formado por poemas costumistas que falan da dura vida dos labregos en contraposición coa alegría en festas e tradicións. O resto dos poemas caracterízanse pola masculinidade e linguaxe culta, á diferenza dos costumistas que reproducen a fala dos brañegos.

Ramón Cabanillas: ruptura coa continuidade

Obra marcada polo modernismo e influencia de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, etc. Divídese en poesía lírica e narrativa. Na lírica ten poemas de temática costumista, cívica e intimista. Na narrativa, destaca "O bendito San Amaro"...

Seguir lendo "Literatura galega: Noriega Varela e Ramón Cabanillas" »

O galego na lusofonía e os conflitos lingüísticos

Lingua e literatura4,36 KB

O portugués e a lusofonía

A lusofonía é unha entidade que engloba os falantes de portugués ao redor de todo o mundo. Na actualidade son máis de 250 millóns de persoas. O galego asóciase coa lusofonía porque son linguas vinculadas entre si. O mundo da lusofonía apórtalle ao galego importantes actividades de dinamización cultural, social e económica. O obxectivo de esta entidade é fomentar as relacións entre os falantes ou nacións nas que se integra; adícanse a iso a Comunidade dos Países da Língua Portuguesa e o Instituto Internacional da Língua Portuguesa.

Linguas hexemónicas, minorizadas e minoritarias

Linguas hexemónicas Son as que gozan de gran prestixio social, poder político e económico. Linguas minorizadas Son as...

Seguir lendo "O galego na lusofonía e os conflitos lingüísticos" »

O impacto da Ilustración na lingua galega e os seus defensores

Lingua e literatura3,53 KB

Que características define o período dos séculos escuros:

Este período caracterizarse pola marxinación e o desprestixio do idioma galego, a raíz da imposición do castelán na nosa sociedade, e tras isto, a inexistencia total da literatura culta escrita en galego.

Que supuxo para Galiza a Ilustración?

Durante o s. XVIII, a dinastia borbónica reforzou as tendencias centralizadoras e potenciou a imposición do castelán. A situación socioeconómica mantivo a sociedade estamental, a pervivencia dos foros e a recesión económica. Produciuse un auxe na actividade comercial de algunhas cidades portuarias. Demograficamente comeza a notarse un desequilibrio entre a Galiza costeira e a do interior.

Medidas que tomou o Estado centralista borbónico

...
Seguir lendo "O impacto da Ilustración na lingua galega e os seus defensores" »

A Normalización do Galego e a Súa Evolución Histórica

Lingua e literatura4,14 KB

A Lingua Galega en Vías de Normalización

O actual marco legal (Constitución de 1978, Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística e Plan Xeral de Normalización Lingüística) senta as bases que poden conducir á recuperación e á normalización da lingua, pero cómpre a intervención dos diferentes sectores sociais:

  • Acción institucional do poder político: Xunta, Concellos e Deputacións, elementos indispensables no proceso de normalización.
  • Acción colectiva non institucional: exercida por asociacións e colectivos (como a Mesa pola Normalización Lingüística) xoga un papel importante fronte ás eivas e esquecementos dos integrantes do grupo anterior.
  • Acción individual: Supón un esforzo persoal e consciente para romper
...
Seguir lendo "A Normalización do Galego e a Súa Evolución Histórica" »

Sociolingüística: Usos da Lingua, Conflito e Normalización

Lingua e literatura2,5 KB

Funcións Sociais da Lingua

A función básica das linguas é ser o vehículo fundamental de comunicación entre os membros dunha sociedade. Porén, existen outras funcións sociais que as linguas desempeñan nos distintos ámbitos e niveis da sociedade:

  • Función de identidade: É aquela que realiza a lingua en cada individuo, servíndolle como instrumento de articulación do pensamento. Está relacionada coa aprendizaxe primaria.
  • Función familiar: É a que desempeña dentro da familia como elemento de relación entre os seus membros. Vencéllase á función de identidade e relaciónase coa aprendizaxe primaria, pois a familia é a máis importante transmisora primaria da lingua.
  • Función laboral: É a que se desenvolve no mundo do traballo.
  • Función
...
Seguir lendo "Sociolingüística: Usos da Lingua, Conflito e Normalización" »

Normalización lingüística do galego: avances e retos

Lingua e literatura2,32 KB

A normalización lingüística do galego: avances e retos

A normalización lingüística é un proceso que implica iniciativas, tanto públicas coma privadas, polo cal unha lingua minorizada recupera ámbitos de uso perdidos e é utilizada polos falantes en calquera situación comunicativa.

Lingua minorizada

Unha lingua minorizada é aquela que no seu territorio se ve ameazada pola presión exercida por unha lingua máis forte, chamada lingua dominante. Dúas características da lingua minorizada son:

  • Son excluídas dos usos institucionais, como a xustiza.
  • Os seus falantes deben coñecer a lingua forte para progresar na sociedade, senón quedarán fóra do sistema.

O galego, ata non hai moitos anos, era claramente unha lingua minorizada. Antes da...

Seguir lendo "Normalización lingüística do galego: avances e retos" »

Ambitos de actuación e principais iniciativas na historia galega

Lingua e literatura2,27 KB

1. Historiografia

Coa edición das primeiras obras que falaron da nosa historia e que asentaron, non sen polémica, as teses celtistas sobre as nosas orixes como pobo. Foron escritas por Verea e Aguiar. Tratábase de demostrar en paralelo ao movemento político rexionalista que Galiza era un pobo con historia, constatando que existiran épocas no pasado en que gozara da absoluta liberdade e do total respecto do que estaba a carecer agora.

2. Filosofía

Coa aparición dos primeiros dicionarios e gramáticas do galego, que abriron un forte debate ortográfico e normativo entre as tendencias fonecistas e as etimoloxistas.

3. Prensa escrita

Coa edición de xornais, almanaques e revistas integralmente ou parcialmente redactados en galego. Estas publicacións...

Seguir lendo "Ambitos de actuación e principais iniciativas na historia galega" »

Evolución do galego dende a morte de Franco ata hoxe

Lingua e literatura3,78 KB

Morto Franco (1975) e instaurada, despois da transición política, unha democracia parlamentaria (Constitución de 1978), Galicia dótase dun Estatuto de Autonomía (1981) e de institucións propias como a Xunta de Galicia e o Parlamento.

A situación do idioma vai estar, definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución, do Estatuto e das leis do Parlamento de Galicia. O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ensino, radio e televisión, libro didáctico (filosofía, xeografía…); é empregado na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade…

Mais a pesar desta presenza, semella que aínda se está lonxe de conseguir a recuperación total do idioma. A calidade de utilización do...

Seguir lendo "Evolución do galego dende a morte de Franco ata hoxe" »

Normalización lingüística do galego: desafíos e avances

Lingua e literatura2,01 KB

O galego foi e segue sendo lingua minorizada. Acadou prestixio durante a Idade Media pero tivo que competir co castelán en loita desigual a partir de mediados do século XV. A imposición do castelán provocou tivese que subsistir durante máis de trescentos anos como lingua oral. A recuperación na escrita que se produce no século XIX proseguirá no XX mas o galego non recoñecido de forma oficial.

Na situación de minorización do galego

O inmobilismo suporía a súa substitución polo castelán. A única solución é a normalización lingüística, processo sociolingüístico desenvolvido nun contexto de conflito lingüístico para conseguir a promoción da lingua minorizada até que acade o status de lingua “normal”. Dous tipos de medidas:...

Seguir lendo "Normalización lingüística do galego: desafíos e avances" »