O impacto da Ilustración na lingua galega e os seus defensores

Lingua e literatura3,53 KB

Que características define o período dos séculos escuros:

Este período caracterizarse pola marxinación e o desprestixio do idioma galego, a raíz da imposición do castelán na nosa sociedade, e tras isto, a inexistencia total da literatura culta escrita en galego.

Que supuxo para Galiza a Ilustración?

Durante o s. XVIII, a dinastia borbónica reforzou as tendencias centralizadoras e potenciou a imposición do castelán. A situación socioeconómica mantivo a sociedade estamental, a pervivencia dos foros e a recesión económica. Produciuse un auxe na actividade comercial de algunhas cidades portuarias. Demograficamente comeza a notarse un desequilibrio entre a Galiza costeira e a do interior.

Medidas que tomou o Estado centralista borbónico para levar a cabo a imposición do castelán:

Durante o s. XVIII produciuse un retroceso na situación do galego. O Estado borbónico ten como obxectivo a homoxeneación cultural e lingüística dos diversos territorios peninsulares. A imposición do castelán levarase a cabo por medio da lexislación, do aparello administrativo, militar xudicial e eclesiástico. Reforzarase a extensión social do castelán en Galicia dentro dun panorama diglósico.

Principais reivindicacións lingüísticas dos ilustrados:

Alguns ilustrados deitaron especial atención sobre a situación do idioma galego, doendose da súa marxinación e falta de cultivo escrito, combatendo prexuizos e acometendo os primeiros estudos científicos sobre as súas orixes e características.

Quen foi Feijoo? Por que foi relevante? Que ideas defendía nas súas obras?

O padre Feijoo foi un cura que escribiu unha serie de ensaios baixo o título de 'Teatro crítico universal', considerados como obra cume da Ilustración en castelán. Neles abordou materias moi diversas como a medicina, a filosofía etc. Defendía a igualdade entre os homes e as mulleres, expuxo as vantaxes da lectura, repudiou a tortura e denunciou a rapina española na conquista de América.

Seis aspectos relevantes da biografía de Frei Martiño Sarmiento:

  1. Estudou lingua galega (léxico, etimoloxía, fraseoloxía…).
  2. Foi dos primeiros que comprenderon o proceso histórico que conduciría á imposición do castelán en Galicia e á marxinación do galego.
  3. O seu 'Coloquio de 24 galegos rústicos' é analizado hoxe como o principal precedente literario do Rexurdimento.
  4. Sarmiento descubriu e criticou xa no seu tempo algunhas das manifestacións máis importantes e claras do 'complexo de autoodio'.
  5. Foi dos primeiros en dar noticia do pasado galego como idioma de uso escrito.
  6. Propuxo introducir a nosa lingua galega, como mínimo, en dous ámbitos: a escola e a igrexa.

Cita os traballos que realizou sobre o galego e o aspecto sobre o que trata cada un:

-Sobre el origen de las lenguas y sobre sus elementos etimológicos. -Estudio sobre el origen de la lengua gallega. -Colección de voces y frases gallegas. -Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. -Onomástico etimológico de la lengua gallega. Con estos traballos pretendía xuntar materias para a elaboración de un gran diccionario, que nunca chegou a facer.

Tres aspectos importantes do traballo do padre Sobreira:

  1. Foi un monxe que compuxo varios textos sobre xerografía e botánica galega.
  2. Traballou máis de oito anos recompilando 'Papeletas dun diccionario galego'.
  3. Detectou a existencia da modalidade lingüística chamada castrapo.

Descargar

PDF Word HTML