A Linguaxe Galego-Portuguesa e as Cantigas de Amigo
As linguas romance e o galego-portugués
Os conceptos do galego, castelán, francés... non existen, aplicados ás diferentes linguas durante a Idade Media. Na etapa medieval, a verdadeira diferenza estaba entre o latín (lingua de alta cultura e da Igrexa) e o romance. Nos textos romanos non rexistramos as fórmulas galego e/ou portugués á lingua falada e escrita dos trobadores. O romance que falamos na actualidade, coas transformacións do longo dos séculos, naceu ao norte e sur do río Miño e espallouse por Portugal, polo que se denomina a lingua medieval galego-portugués. O galego-portugués é o resultado da evolución do latín vulgar falado no noroeste peninsular durante os séculos V a VIII, cuxo nacemento é paralelo ao de outras...