Normalización lingüística do galego: desafíos e avances
O galego foi e segue sendo lingua minorizada. Acadou prestixio durante a Idade Media pero tivo que competir co castelán en loita desigual a partir de mediados do século XV. A imposición do castelán provocou tivese que subsistir durante máis de trescentos anos como lingua oral. A recuperación na escrita que se produce no século XIX proseguirá no XX mas o galego non recoñecido de forma oficial.
Na situación de minorización do galego
O inmobilismo suporía a súa substitución polo castelán. A única solución é a normalización lingüística, processo sociolingüístico desenvolvido nun contexto de conflito lingüístico para conseguir a promoción da lingua minorizada até que acade o status de lingua “normal”. Dous tipos de medidas:
- Iniciativas planificadas. Implicam a intervenção do Estado.
- Campañas institucionais. A Xunta de Galicia intervén no processo de normalización com campañas propagandísticas que pretenden combater os prexuízos que pesam sobre o galego e incentivar o seu uso.
- Normativización. As linguas minorizadas non puideron desenvolver variedade estándar sobre a que asentar o seu progreso.
Iniciativas espontáneas
Proveñen de individuos ou organismos cívicos e non teñen carácter sistemático nin oficial. Dependen da vontade dos falantes, da súa motivación cara ao idioma. De non se daren esta lealdade e compromiso individuais, ningún processo de normalización lingüístico tería éxito.
Avances na normalización
Galego goza de recoñecemento oficial e lexislación propia; aumentou o seu uso nos diferentes niveis administración, nas institucións públicas, na actividade política, nos medios de comunicación, é materia obrigatoria no ensino, mas segue retrocedendo como primeira lingua, sobre todo pola ruptura da transmisión interxeracional.
Cultura agraria e mariñeira, que mantivo a lingua, está a desaparecer. Se esta dinámica continúa o galego pode converterse nunha lingua ritual.