Literatura galega: Noriega Varela e Ramón Cabanillas

Lingua e literatura2,97 KB

Noriega Varela: transición do s.XIX ao s.XX

Representa a transición do s.XIX ao s.XX. A súa obra poética recollida nun poemario (Do Ermo) ten varias edicións. Ao principio chamábase Montañesas, está formado por poemas costumistas que falan da dura vida dos labregos en contraposición coa alegría en festas e tradicións. O resto dos poemas caracterízanse pola masculinidade e linguaxe culta, á diferenza dos costumistas que reproducen a fala dos brañegos.

Ramón Cabanillas: ruptura coa continuidade

Obra marcada polo modernismo e influencia de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, etc. Divídese en poesía lírica e narrativa. Na lírica ten poemas de temática costumista, cívica e intimista. Na narrativa, destaca "O bendito San Amaro" que recolle a vida do santo galego, e "Na noite estrelecida" que trata a materia da Bretaña medieval e galeguiza. Estrutúrase en 3 poemas chamados sagas: "A espada Excalibur", "O cabaleiro do Santo Graal" e "O soño do rei Artur". É o texto que mellor responde ao programa estético do nacionalismo galego das Irmandades da Fala. A través dos míticos artúricos, leva á exaltación mítica-patriótica de Galiza. Destaca os espazos: a illa da Sálvora e as montañas do Cebreiro. "Na noite estrelecida" aparece como obra de clara intención cívica.

Modernización da literatura galega no s.XX

No s.XX prodúcese un cambio literario importante, un movemento de modernización da nosa literatura. Coa Xeración do 25 prodúcense os primeiros intentos de achegamento a movementos de vangardas europeas e superación da poesía do Rexurdimento. Publícanse revistas con ideas vangardistas, obras con influencia surrealista/creacionista e o primeiro manifesto poético galego ("Máis alá"). Dentro do movemento vangardista galego hai varias correntes:

  • Vangarda plena: creacionismo, surrealismo e ultraísmo
  • Vangarda matizada: hilozoísmo
  • Vangarda creacionista: neotrobadorismo

O resgate dos cancioneiros medievais supuxo un achegamento á lírica medieval. As características da poesía medieval reflictense en poemas actuais (como no caso de Bouza Brey). Recréase a Idade Media en poemas que reproducen formas e estilos da literatura medieval (como en A Cunqueiro).

Hilozoísmo e creacionismo na literatura galega

O hilozoísmo ten natureza e sensualidade. Destaca Amado Carballo, que utiliza unha sucesión de imaxes, natureza humanizada e rimas e metros tradicionais.

O creacionismo é un movemento máis rupturista. Destaca Manuel Antonio, que introduce léxico mariñeiro e converte o mar no seu mundo poético. A pesar de ser rupturista, a súa poesía está chea de sentimentos e os poemas non son realidades autónomas. O seu libro (De 4 a 4) contén 19 poemas.

No surrealismo destaca Álvaro Cunqueiro, que reproduce o surrealismo en "Poemas do sí e do non".

Mención a Luis Pimentel, que trata o tema da morte con sensibilidade de quen se enfronta a ela cotiá.

Descargar

PDF Word HTML