Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Tecnoloxía

Tecnoloxía por nivel

Cálculo de Potencia Acústica e Tipos de Instalacións de Sonorización

Tecnoloxía2,61 KB

Potencia Acústica Necesaria

A potencia requirida na sonorización dun recinto depende de:

  • Nivel acústico necesario.
  • Volume e características dos materiais da sala a sonorizar.
  • Nivel de ruído de fondo.
  • Rendemento acústico dos altavoces.
  • Rendemento eléctrico da rede de distribución da instalación.

Requisitos de Calidade do Son

  • Relación sinal-ruído: Un sistema de megafonía debe garantir a intelixibilidade das mensaxes emitidas. O nivel de presión sonora debe sobrepasar 10 dB ao nivel de ruído.
  • Desequilibrio no nivel sonoro: Un criterio fundamental que afecta á calidade do son é que o nivel de presión sonora varíe nos distintos puntos do recinto. O desequilibrio debe ser menor a 6 dB.

Tipos de Instalacións

Amplificación e Control Centralizado

O

...

Seguir lendo "Cálculo de Potencia Acústica e Tipos de Instalacións de Sonorización" »

Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización

Tecnoloxía2,85 KB

Introdución

O galego, o portugués, o castelán, o francés, o provenzal, o italiano, o romanche, etc., son linguas románicas —tamén chamadas romances ou neolatinas—, é dicir variedades xeográficas do latín vulgar (latín falado). O galego é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín vulgar.

Substrato

Chamamos substrato á influencia dunha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada no mesmo territorio.

Adstrato

Falamos de adstrato para referirnos á influencia recíproca entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.

Superestrato

Chamamos superestrato á influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora.

Periodo prerromano

Baixo...

Seguir lendo "Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización" »

A madeira e os seus derivados.

Tecnoloxía3,62 KB

A madeira é unha materia prima de orixe vexetal, que constitue os talos leñosos(troncos) de arbores e arbustos. Esta formada por fibras de celulosa, unha substancia que conforma o esqueleto dos vexetais, e lignina, que lle proporcionda rixidez e dureza. Partes do tronco( de dentro para fora): Casca, cambium, albura ou zona branca(tamen coñecida como madeira), Durame ou corazon e Medula. A madeira seca e un bo illante electrico. Ao ser un material poroso, é capaz de absorber ou exhalar humidade, segundo o medio. Esta propiedade da madeira denominase higroscopidicidade. E un bo illante termico ainda que arde con facilidade. E un bo condutor acustico. Presenta boa resistencia a mecanica aos esforzos de traccion, compresion e flexion. E ductil,

...
Seguir lendo "A madeira e os seus derivados." »

Electrónica: Compoñentes e Funcionamento

Tecnoloxía4,88 KB

A Electrónica: Deseño e Aplicacións

A electrónica é o campo da enxeñaría relativo ao deseño e aplicación de dispositivos electrónicos. O seu funcionamento depende do fluxo de electróns para a xeración, transmisión, recepción e almacenamento de información, entre outros.

A electrónica estuda como se controla a electricidade mediante unhas pezas chamadas compoñentes electrónicos.

Sinais Analóxicos e Dixitais

  • Sinal analóxico: Un sinal analóxico é aquel que pode ter infinitos valores. Por exemplo, as ondas de radio ou de televisión son sinais analóxicas.
  • Sinal dixital: Un sinal dixital só pode ter dous valores ou estados, chamados ceros e uns, e a combinación deses valores dannos a información. Nos ordenadores a información
...
Seguir lendo "Electrónica: Compoñentes e Funcionamento" »

Enerxías convencionais e alternativas

Tecnoloxía3,94 KB

Fontes de enerxía convencionais: a electricidade

A electricidade considérase imprescindible para o funcionamento de todos os equipos electrónicos actuais e para cubrir as nosas necesidades de calor e luz. É unha das formas de enerxía máis estendidas na actualidade por tres razóns principais:

  • Transpórtase con facilidade a longas distancias.
  • É limpa, polo menos no lugar en que se utiliza, onde non xera residuos.
  • Convértese con facilidade en calquera outro tipo de enerxía: calorífica, luminosa, química e mecánica a través de motores eléctricos.

Formas tradicionais de obter electricidade

  • Enerxía térmica: créase nas centrais térmicas. Nelas quéimase combustible, e a calor producida pola combustión quenta auga e xera vapor de auga
...
Seguir lendo "Enerxías convencionais e alternativas" »

Fontes de Enerxía Primaria: Clasificación, Tecnoloxías e Aproveitamento

Tecnoloxía9,4 KB

Fontes de Enerxía Primaria

As fontes de enerxía primaria clasifícanse en:

Fontes Renovables

Son aquelas que se rexeneran de forma natural e continua.

  • Enerxía solar
  • Enerxía da biomasa
  • Enerxía mareomotriz
  • Enerxía da ondada (oleaxe)
  • Enerxía xeotérmica

Fontes Non Renovables

Son recursos almacenados na Terra que se poden esgotar. Así temos:

  • Enerxía nuclear de fisión
  • Enerxía de combustibles fósiles

Enerxía Solar

É o conxunto de radiacións que a Terra recibe do Sol. Parte desta radiación é rexeitada pola atmosfera. Ten a súa orixe nas reaccións de fusión que se producen no interior do Sol: os átomos de hidróxeno únense para formar helio.

Vantaxes da Enerxía Solar

  • Considérase unha fonte de enerxía renovable porque o Sol consumirase dentro
...
Seguir lendo "Fontes de Enerxía Primaria: Clasificación, Tecnoloxías e Aproveitamento" »

Plásticos, Papel e Nanotecnoloxía: Materiais e Impacto

Tecnoloxía2,82 KB

Plásticos

Os plásticos teñen unha enorme variedade de aplicacións, pero todos teñen unha cousa en común: a súa plasticidade, que é unha propiedade dos materiais que permite que se lles dea facilmente a forma que máis conveña. Os plásticos están formados por polímeros.

Clasificación dos polímeros

  • Polietilentereftalato (PET): Custo reducido, pode procesarse por soprado, etc. Excelentes propiedades mecánicas e actúa como barreira fronte aos gases. Utilízase en botellas de refrescos.
  • Polietileno de alta densidade (PEAD): Resistente á compresión, torsión e tracción. Resiste ás baixas temperaturas e é moi lixeiro. Utilízase para botellas de leite, deterxente.
  • Policloruro de vinilo (PVC): Moi resistente e lixeiro, moi versátil,
...
Seguir lendo "Plásticos, Papel e Nanotecnoloxía: Materiais e Impacto" »

Estruturas, Forzas e Mecanismos

Tecnoloxía2,51 KB

Definicións

Forza: capacidade de deformar un corpo ou alterar o seu estado de movemento ou repouso.

Estrutura: conxunto de elementos dun corpo destinados a soportar os efectos das forzas que actúan sobre el. A estrutura impide que o corpo rompa ou se deforme en exceso.

Esforzo: tensión interna que experimentan todos os corpos sometidos á acción dunha ou de varias forzas. As forzas que actúan sobre unha estrutura chámanse cargas.

Polea: roda cunha rañura que xira arredor dun eixo, o cal se atopa suxeito a unha superficie fixa. Pola rañura da polea faise pasar unha corda, cadea ou correa que permite vencer de maneira cómoda unha resistencia.

Panca: barra ríxida que xira arredor dun punto de apoio ou articulación. Nun punto da barra aplícase...

Seguir lendo "Estruturas, Forzas e Mecanismos" »

Sistemas Eléctricos: Produción, Condutores e Magnitudes

Tecnoloxía3,83 KB

1- Sistemas eléctricos: produción, distribución e utilización

O dispositivo que permite a transformación da enerxía mecánica en eléctrica é o xerador eléctrico. O xerador é unha máquina que transforma a enerxía mecánica en eléctrica.
As distintas fontes de enerxía máis importantes son: hidroeléctrica, térmica e nuclear. Sen embargo, as enerxías renovables van tomando máis importancia cada día, por exemplo, a eólica e a fotovoltaica.

2- Condutores, illantes e semiconductores

Materiais condutores

Son todos os materiais que na capa de valencia teñen poucos electróns, por exemplo, o cobre que só ten 1.
Os metais son bos condutores de electricidade porque necesitan pouca enerxía externa para que os electróns abandonen a...

Seguir lendo "Sistemas Eléctricos: Produción, Condutores e Magnitudes" »

Propiedades dos Materiais: Metais, Plásticos, Téxtiles e Outros

Tecnoloxía10,17 KB

Propiedades Mecánicas dos Materiais

  • Elasticidade: capacidade que teñen algúns materiais para recuperar a súa forma, unha vez que desaparece a forza que o deformaba.
  • Plasticidade: capacidade dun material a conservar a súa nova forma unha vez que desaparece a forza que o deformaba.
  • Ductilidade: capacidade que ten un material para poder estirarse en fíos.
  • Maleabilidade: aptitude dun material para extenderse en láminas sen rachar.
  • Dureza: oposición que presenta a ser raiado ou penetrado.
  • Resiliencia: resistencia que opón un corpo a impactos ou esforzos bruscos.
  • Tenacidade: resistencia que opón un corpo á súa rotura cando está sometido a esforzos lentos de deformación.
  • Fatiga: deformación, que pode chegar á rotura, dun material sometido
...
Seguir lendo "Propiedades dos Materiais: Metais, Plásticos, Téxtiles e Outros" »