Rosalía de Castro: Vida, Obra e Análise Literaria
Rosalía de Castro: Vida e Obra
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837 e finou en Padrón en 1885. En 1856 foi a Madrid, onde coñeceu ao seu futuro marido, o escritor Manuel Murguía, con quen casou en 1858. En 1862 publicou A mi madre e en 1871 regresou a Galicia.
Obra
Cultivou a poesía, a narrativa, o ensaio, os cadros de costumes e os artigos xornalísticos. Escribiu tanto en galego como en castelán. Na prosa, empregou o galego agás no Conto Gallego e nos prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas. Na poesía, empregou o galego e o castelán. Na primeira etapa, ata Cantares Gallegos (1863), case toda a súa obra era en castelán. Na segunda etapa, que corresponde a Cantares Gallegos e Follas Novas (1880), utiliza...