Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

Historia por nivel

Os documentos de Historia máis consultados

  1. Crítica da obra O purgatorio de don Ramiro e tendencias narrativas da Xeración Nós Bacharelato

    O texto recolle dúas tendencias da narrativa da Xeración Nós: a narrativa de corte fantástico e a crítica da sociedade burguesa.

  2. Conquista e romanización de Hispania: etapas, provincias e legado Bacharelato

    O texto explica como Roma conquistou Hispania ao longo de dous séculos, distinguindo tres etapas bélicas: a Segunda Guerra Púnica, as guerras lusitanas e celtibéricas e as guerras cántabras.

  3. A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores Bacharelato

    O texto explica a Ilustración no século XVIII en España, cos seus principais postulados críticos sobre a sociedade estamental, a economía, a Igrexa e o absolutismo monárquico.

  4. A sociedade e as mulleres no século XIX en Galicia Bacharelato

    O texto explica a formación da sociedade de clases no século XIX tras a revolución liberal e o capitalismo, e as condicións do proletariado industrial.

  5. A República de Weimar e a ascensión do nazismo de Hitler Secundaria

    O texto explica a orixe da débil República de Weimar tras a Primeira Guerra Mundial, a oposición extremista que recibiu e o nacemento do Partido Nazi (NSDAP) con Adolf Hitler.

  6. A Reforma Borbónica e o Reformismo Ilustrado en Galicia Bacharelato

    O documento explica o cambio dinástico de 1700 cos Borbóns en España e a reforma da monarquía, que impuxo un maior centralismo político.

  7. A Constitución Española de 1978: características, estrutura e principios básicos Bacharelato

    O documento explica a Constitución española de 1978, elaborada polas Cortes xurdidas das primeiras eleccións democráticas de 1977.

  8. A Restauración Española: quenda de goberno e fraude electoral Bacharelato

    O documento explica o sistema político da Restauración, baseado na quenda de goberno entre os partidos dinásticos e na fraude electoral sistemática.

  9. A Ditadura de Primo de Rivera: Réxime, Crise e Legado Bacharelato

    O texto explica a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), un réxime autoritario instaurado tras o golpe de Estado e dividido en Directorio Militar e Directorio Civil.

  10. Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII Secundaria

    Este documento analiza a crise do século XVII en España durante o reinado dos Austrias menores, nos seus aspectos demográfico, económico e social.

Crítica da obra O purgatorio de don Ramiro e tendencias narrativas da Xeración Nós

HistoriaActualizado o 893 bytes

TENDENCIAS DA XERACIÓN NOS. NARRATIVA

1. Narrativa de corte fantástico: ademais dalgúns dos relatos de Castelao, entre os que salienta a súas noveliña "Un ollo de vidro", "Memorias dun esquelete" temos qeu sinalar "O purgatorio de don Ramiro" de Ramón Otero Perayo entre outros.

2. Crítica da sociedade burguesa: a transformación da vella estrutura estamental nunha sociedade burguesa con centro nas cidades, caracterizada pola súa agresiva proletarización dos antigos poboadores do campo e por un incremento da emigración, vai ser análise de crítica por parte dos narradores como "O porco de pé".

A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores

HistoriaActualizado o 2,74 KB

A Ilustración en España e o Século das Luces

O século XVIII foi o século das luces, da Ilustración, en Europa. En España, os ilustrados foron unha minoría formada por membros da burguesía e algúns membros do clero e da pequena nobreza. A súa maior preocupación foi o progreso da nación. Esta preocupación levounos á crítica da tradición imperante e a propoñer unha serie de medidas reformistas que favorecerían o crecemento económico do reino e dos seus habitantes. Os ilustrados crían que os homes, conducidos pola súa intelixencia, poderían conseguir o coñecemento, que era para eles a base da felicidade.

Someteron a crítica os principios da sociedade estamental, negando a transmisión hereditaria de calquera privilexio e...

Seguir lendo "A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores" »

Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII

HistoriaActualizado o 4,53 KB

A crise do século XVII e os Austrias menores

Durante este século mandan os Austrias menores e, en España, a crise manifestouse en varios sentidos: demográfico, económico e social.

Crise demográfica

Debido ás sucesivas guerras e a tres epidemias, a poboación de España en 1700 era igual que en 1600.

Crise económica

A crise económica agravouse polas malas colleitas e pola caída da entrada de ouro e prata procedentes de América.

Crise social

A crise tivo repercusións sociais. Por un lado, a burguesía non cambiou e seguiu igual; en cambio, o pobo llano vía empeorar a súa situación, polo que moita xente era empuxada á delincuencia.

Os reinados dos últimos Austrias españois

O reinado de Felipe III

Felipe III asinou a paz e acordou a tregua

...
Seguir lendo "Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII" »

A Reforma Borbónica e o Reformismo Ilustrado en Galicia

HistoriaActualizado o 2,09 KB

Guerra de Sucesión e cambio dinástico

En 1700, Carlos II de Habsburgo morreu sen descendencia, deixando como herdeiro da Coroa de España a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado por liña materna coa dinastía dos Habsburgo. Produciuse así un cambio dinástico que non foi aceptado por todos os países europeos, o que orixinou un conflito bélico.

Reforma da monarquía e centralismo político

En 1700, o rei Filipe V de Borbón recibiu a coroa de España. Naqueles momentos, o país estaba formado por un conglomerado de reinos, cada un dos cales tiña leis, foros e institucións diferentes. Na Península, o poder do rei era forte na Coroa de Castela, pero estaba suxeito a fortes limitacións na Coroa de Aragón.

As realizacións

...
Seguir lendo "A Reforma Borbónica e o Reformismo Ilustrado en Galicia" »

Conquista e romanización de Hispania: etapas, provincias e legado

HistoriaActualizado o 3,36 KB

Conquista e Romanización de Hispania

A conquista do territorio levoulle a Roma dous séculos e divídese en tres etapas:

Primeira Etapa (218-133 a.C.)

Durante a Segunda Guerra Púnica, Roma atacou Cartago en Hispania. A brutalidade empregada fixo que turdetanos e ilerxetes (Indíbil e Mardonio) atacasen a Roma, prolongando as accións bélicas.

Guerras Lusitanas (154-137 a.C.)

A crueldade de Quinto Sulpicio Galba, asasinando a 10.000 lusitanos, fixo que estes, dirixidos por Viriato, atacasen a Roma. Os romanos, desesperados, subornaron a tres xefes lusitanos para que matasen a Viriato.

Guerras Celtibéricas (154-133 a.C.)

Son coñecidas pola defensa heroica da cidade de Numancia. Tras a caída da cidade, os romanos controlaban tres cuartos do territorio....

Seguir lendo "Conquista e romanización de Hispania: etapas, provincias e legado" »

A Constitución Española de 1978: características, estrutura e principios básicos

HistoriaActualizado o 2,65 KB

A Constitución de 1978

As Cortes formadas tras as primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977 tiñan como obxectivo crear a Constitución que deseñase o novo modelo de Estado da España monárquica e democrática.

Características principais

  • Consenso: Resultado do acordo entre os diversos partidos políticos de distintas ideoloxías.
  • Extensión: É a máis longa da nosa historia.
  • Ambigüidade: Redactada de forma que permite moitas interpretacións (desvantaxes: inseguridade; vantaxes: flexibilidade para gobernos de distinta cor política).
  • Rixidez: Impón moitas esixencias para realizar calquera reforma.

Estrutura da Constitución

Presenta unha estrutura tradicional dividida en dúas partes:

  • Parte dogmática: Recolle os principios de desenvolvemento
...
Seguir lendo "A Constitución Española de 1978: características, estrutura e principios básicos" »

A Restauración Española: quenda de goberno e fraude electoral

HistoriaActualizado o 2,69 KB

O Sistema Político da Restauración

Durante o período da Restauración, o sistema político fundamentouse na quenda de goberno, un sistema sostido sobre o falseamento sistemático das eleccións.

Estabilidade e Progreso

A quenda ocasionou unha gran estabilidade política, grazas a:

  • O sometemento do exército ao poder civil.
  • A inexistencia dunha verdadeira competencia política.

Así mesmo, grazas a esta estabilidade, produciuse un progreso económico e demográfico continuo. Todo isto reflectiuse nunha gran paz social (especialmente no primeiro período), o que, en parte, compensou a corrupción inherente ao sistema.

Lexislación e Flexibilidade Constitucional

A nivel lexislativo, os gobernos adoitaban respectar a obra do goberno saínte. Ao mesmo...

Seguir lendo "A Restauración Española: quenda de goberno e fraude electoral" »

A Ditadura de Primo de Rivera: Réxime, Crise e Legado

HistoriaActualizado o 6,68 KB

A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

A Ditadura de Primo de Rivera foi un réxime político autoritario, de imitación fascista, que se instaurou en España entre o 13 de setembro de 1923 e o 28 de xaneiro de 1930, entre o golpe de Estado e a marcha ao exilio do ditador. O rei, Alfonso XIII, aceptou este novo réxime, que se divide en dúas etapas:

  • Directorio Militar (1923-1925)
  • Directorio Civil (1925-1930)

Contexto e Golpe de Estado

A crise final da Restauración, desde 1917, co aumento dos conflitos sociais e a incapacidade dos gobernos para resolvelos, provocou que a oligarquía tradicionalmente dominante pensase de novo en recorrer ao Exército. Á crise política e social sumouse o Desastre de Annual (1921), que mesmo afectou á Coroa,...

Seguir lendo "A Ditadura de Primo de Rivera: Réxime, Crise e Legado" »

A sociedade e as mulleres no século XIX en Galicia

HistoriaActualizado o 5,69 KB

A EVOLUCIÓN DA SOCIEDADE NO SÉCULO XIX

A configuración da sociedade de clases

No século XIX, a revolución liberal e o capitalismo fixeron emerxer unha sociedade de clases baseada na igualdade xurídica, cunha elite formada pola nobreza e burguesía. A desamortización e a desigual distribución da terra agravaron a "cuestión social", creando precariedade no campo e nas industrias, cunha falta de protección e malas condicións laborais.

A supresión dos privilexios da nobreza fíxolles perder dereitos como a exención de impostos. A alta e media nobreza mantivo a súa importancia e grandes patrimonios, mentres que a mediana e pequena nobreza, como os fidalgos, sufriu un deterioro económico e diluíuse na clase media.

O clero perdeu poder...

Seguir lendo "A sociedade e as mulleres no século XIX en Galicia" »

A República de Weimar e a ascensión do nazismo de Hitler

HistoriaActualizado o 2,81 KB

A Débil República de Weimar: Orixe e Oposición

O Nacemento da República (1918-1919)

Tras a derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial, formouse un Goberno provisional que tivo que facer fronte á revolta espartaquista, liderada por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo.

Nesta revolución tratouse de impoñer un réxime comunista en Alemaña en 1919, pero fracasou. Pouco despois, celebráronse eleccións para unha Asemblea Constituínte. Esta asemblea aprobou en 1919 na cidade de Weimar unha Constitución pola que Alemaña se convertía nunha república democrática. O Partido Socialdemócrata tiña maioría no Parlamento alemán e controlaba o Goberno.

A Oposición ao Réxime Democrático

Desde o principio, a nova democracia contou coa oposición...

Seguir lendo "A República de Weimar e a ascensión do nazismo de Hitler" »