Normalización lingüística do galego: avances e retos

Lingua e literatura2,32 KB

A normalización lingüística do galego: avances e retos

A normalización lingüística é un proceso que implica iniciativas, tanto públicas coma privadas, polo cal unha lingua minorizada recupera ámbitos de uso perdidos e é utilizada polos falantes en calquera situación comunicativa.

Lingua minorizada

Unha lingua minorizada é aquela que no seu territorio se ve ameazada pola presión exercida por unha lingua máis forte, chamada lingua dominante. Dúas características da lingua minorizada son:

  • Son excluídas dos usos institucionais, como a xustiza.
  • Os seus falantes deben coñecer a lingua forte para progresar na sociedade, senón quedarán fóra do sistema.

O galego, ata non hai moitos anos, era claramente unha lingua minorizada. Antes da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía non tiña carácter oficial. Nos últimos 30 anos houbo avances normalizadores: o galego está presente na administración pública, na ensinanza e existe unha radio e unha televisión que falan só galego.

Análise da situación actual

Usos institucionais

O galego predomina como lingua habitual das institucións públicas e en toda a documentación, pero na fala oral non sempre se fala en galego. A presenza do galego nos medios públicos é infinitamente menor que a do castelán nos medios privados e publicitarios.

Necesidade de coñecemento

A Constitución obriga a coñecer o castelán e recolle o dereito a falar en galego. Nalgúns casos hai persoas que no seu traballo son discriminadas por empregar o galego, pero no caso contrario nunca aconteceu.

Consideración da comunidade

Xa non se escoitan os vellos prexuízos de épocas pasadas, como que o galego non servía para nada. As novas xeracións non teñen prexuízos negativos respecto á lingua galega. Así, apareceron os neofalantes, comprometidos coa lingua.

Avances e retrocesos

Pódese ver que hai sucesivos avances e retrocesos. Por exemplo, a principios do s. XXI había dous ou tres diarios en galego, agora só hai un. Outro problema é a perda do galego no ámbito familiar: as familias galegofalantes cámbianse ao castelán para falarlles aos seus fillos e estes poden ser os primeiros membros da familia que non usan o galego habitualmente.

Descargar

PDF Word HTML