O galego na lusofonía e os conflitos lingüísticos
O portugués e a lusofonía
A lusofonía é unha entidade que engloba os falantes de portugués ao redor de todo o mundo. Na actualidade son máis de 250 millóns de persoas. O galego asóciase coa lusofonía porque son linguas vinculadas entre si. O mundo da lusofonía apórtalle ao galego importantes actividades de dinamización cultural, social e económica. O obxectivo de esta entidade é fomentar as relacións entre os falantes ou nacións nas que se integra; adícanse a iso a Comunidade dos Países da Língua Portuguesa e o Instituto Internacional da Língua Portuguesa.
Linguas hexemónicas, minorizadas e minoritarias
Linguas hexemónicas Son as que gozan de gran prestixio social, poder político e económico. Linguas minorizadas Son as que, sendo linguas propias de un territorio, están sometidas a condicións polas que se ven restrinxidas as súas funcións sociais, que son desenvolvidas total ou parcialmente por unha lingua foránea. O proceso de minorización lingüística non é natural, é o resultado da historia e de políticas de asimilación e uniformización que se deben interpretar en termos de dominación e de poder. O perigo que ameaza a unha lingua minorizada é a súa morte. Para evitar isto débese establecer unha política lingüística que teña como obxectivo a normalización dun idioma. O galego tivo que competir co castelán en loita desigual a partir de mediados do s.XV.Linguas minoritarias Son as faladas por un número pequeno de falantes. Non ten nada que ver con minorizadas.
Bilingüismo e diglosia
Bilingüismo. Capacidade que ten unha persoa para expresarse en 2 linguas. As 2 teñen consideración social igual. Pasivo, entenden duas linguas pero só saben falar unha; activo, saben falar as 2. Diglosia. 2 linguas, pero unha a empregamos para as funcións menos prestixiosas e a hexemónica é empregada para os usos máis prestixiosos (sucede co galego).
Conflito lingüístico. O ecolingüismo
O conflito lingüístico ten lugar cando, nunha sociedade, dúas linguas en contacto compiten por dominar sobre a outra. Adoita producirse cando unha lingua allea a un territorio tenta usurpar funcións á lingua propia do territorio. Isto sucede entre o galego e o castelán.
Causas do conflito lingüístico
- Procesos de expansionismo e de unificación política. - Presión cultural e económica. - Movementos migratorios. No caso do galego, foi a primeira causa; produciuse unha conxuntura de opresión lingüística por parte de Castela sobre Galicia. Nesta altura prodúcese unha situación de diglosia entre estas dúas linguas. O castelán comezou a substituír o galego nos usos cultos, establecéndose diferenzas xerárquicas e de prestixio social por razóns de lingua, quedando o galego adscrito ao estamento popular.
Consecuencias do conflito lingüístico
Esta dominancia dunha lingua sobre a outra crea no individuo unha falta de autoestima e un autoodio que se traduce no menosprezo cara a súa propia lingua. Este sentimento é un dos graves problemas cos que se ten que enfrontar o galego. Ademais, o abandono da lingua implica que o individuo deberá integrarse na cultura da outra lingua para “ter máis prestixio”, feito que provocará desconfianza daqueles individuos da súa mesma clase social que ven nisto unha actitude de deslealdade. A actitude de reforzar os vínculos co grupo social ao que pertencen e de enfrontamento co grupo dominante fai que o conflito lingüístico se manifeste na sociedade.
Alternativas do conflito lingüístico
O ecolingüísmo. - O uniformismo lingüístico: a utilización dun único idioma común para todo o mundo. - O ecolingüísmo ou ecoloxismo lingüístico: posicionamento que di que cada comunidade lingüística debe manter, conservar e promover a súa propia lingua, establecendo unha segunda lingua só para as relacións con outras lingüísticamente diferentes. No caso de Galicia, o uniformismo levaría inevitablemente a que o castelán se impuxese sobre o galego.
Venderonlle os bois.... 1-pobreza económica e persoal 2-sentimento de desarraigo con Galiza 3-temática de denuncia.