Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Filosofía e ética por nivel

Os documentos de Filosofía e ética máis consultados

  1. Uso de se, te e che, preposicións, conxuncións e adverbios en galego Secundaria

    O documento repasa varios usos gramaticais do galego: os valores do pronome "se" (reflexiva, recíproca, pasiva reflexa, impersoal, verbos pronominais), o uso de "te" e "che" segundo a persoa da oración, e listas de preposicións, locucións preposicionais e tipos de conxuncións.

  2. Adxectivo, texto descritivo e pronomes en galego: guía de estudo Bacharelato

    Este documento reúne conceptos básicos de gramática e lingua galega: os graos do adxectivo (positivo, comparativo e superlativo) e a súa clasificación semántica, as tipoloxías do texto descritivo, os seus rasgos característicos e os seus ámbitos de uso, e tres tipos de pronomes dativos.

  3. A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade Secundaria

    O texto explica o significado alegórico da Dama da Xustiza (a balanza, a venda nos ollos) e define os conceptos de xustiza e equidade.

A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade

Filosofía e éticaActualizado o 2,65 KB

A Dama da Xustiza é unha personificación alegórica do principio moral que consiste en dar a cada un o que lle pertence. Xustiza: Recoñecemento dos dereitos e dos méritos dunha persoa. A balanza simboliza a obxectividade dos argumentos das partes que se enfrontan nun xuízo. A venda nos ollos é símbolo da imparcialidade coa que se debe resolver un xuízo.

Equidade: calidade de quen ou do que é equitativo || Equitativo: que dá a cadaquén o que lle pertence, que xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos. Independente: que é libre, que non está suxeito a vínculos de ningún tipo, que non depende dunha persoa ou cousa. Imparcial: que xulga ou actúa buscando a verdade, sen deixarse influír polas súas simpatías ou por intereses/...

Seguir lendo "A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade" »

Adxectivo, texto descritivo e pronomes en galego: guía de estudo

Filosofía e éticaActualizado o 3,72 KB

Adxectivo: Graos e Clasificación

Graos do Adxectivo

  • Positivo: Expresa unha calidade sen comparar.
  • Comparativo: Compara a calidade dun elemento. Poden ser:
    • Igualdade (tan... como)
    • Superioridade (máis... ca)
    • Inferioridade (menos... ca)
  • Superlativo: A calidade indícase no seu grao máximo.
    • Absoluto (non establece comparación)
    • Relativo (compara a calidade dentro do conxunto)

Clasificación Semántica dos Adxectivos

Segundo a relación co substantivo:

  • Especificativos: Calidades que definen e individualizan o substantivo.
  • Explicativos: Calidades implícitas nos substantivos.

Segundo as calidades propias do adxectivo:

  • Cualificativos: Indican calidades como a forma, cor, tamaño, etc.
  • Relacionais: Indican relación co substantivo do que proceden.

O Texto Descritivo

Tipos

...
Seguir lendo "Adxectivo, texto descritivo e pronomes en galego: guía de estudo" »

Uso de se, te e che, preposicións, conxuncións e adverbios en galego

Filosofía e éticaActualizado o 3,78 KB

USO DE SE

-Reflexiva: María lavouse -Recíproca: Juan e Pedro abrazáronse

-Voz Media: A porta pechouse despacio

-Verbos Pronominais: O rapaz abandonouse moito

-Pasiva Reflexa: Alúganse baixos comerciais  -Activa Impersoal

USO DE TE e CHE

Pasar A oración a 3ª persoa:

-Si Usas O/A debes Usar TE-Si Usas LLE Debes usar CHE

Preposición: A, agás, ata, bardante(excepto), cas, con, contra, de , deica, dende ,desde, durante , en ,entre, excepto,fóra, malia, mediante, para, Perante, por, quitando, sacando, salvo, segundo, sen ,senón,sobre, Tras

Locucións Preposicionais: á carón De, a carón de, a diferenza de , a par de , a pesar de, a prol de, a Rente de, a respecto de, acerca de , alén de( o outro lado de), Antes de , ao redor de , cabo de ,...

Seguir lendo "Uso de se, te e che, preposicións, conxuncións e adverbios en galego" »

A concepción do ser humano na historia da filosofía

Filosofía e ética8,56 KB

1.1. Platón: O dualismo antropolóxico

Platón propón un sistema dualista baseado en dous mundos: un coñecido a través dos sentidos, que é sensible e variable; e outro captado a través da razón, que é intelixible e inmutable. O ser humano está composto de dúas substancias: un corpo de natureza animal e unha alma racional de natureza sobrenatural. Esta parte racional, a máis esencial aos humanos, é prisioneira dun corpo ao que ha de controlar e do que aspira a liberarse. Platón exemplificou ese dualismo a través de tres mitos:

  • Mito do carro alado: Ten como función básica explicar como a alma humana participa, por unha banda, da excelencia da natureza divina (a razón representada polo auriga, que debe guiar a conduta) e, por outra,
...
Seguir lendo "A concepción do ser humano na historia da filosofía" »

Aristóteles: Metafísica, Física e as Catro Causas

Filosofía e ética3,24 KB

Glosario de Filosofía Aristotélica

Aristóteles: pensador macedonio do século IV a.C., discípulo de Platón e crítico coa súa Teoría das ideas. Desenvolveu un pensamento realista sobre a physis, a ética e a política. Fundou o Liceo.

  • Liceo: centro de estudos fundado por Aristóteles en Atenas no 335 a.C. Estaba destinado ao estudo científico de diversas disciplinas, e as clases impartíanse mentres se camiñaba, por iso se coñece como escola peripatética.

  • Peripatéticos: filósofos do Liceo chamados así porque reflexionaban paseando en círculos.

Obras principais

  • Física: obra de Aristóteles na que estuda a natureza e o cambio desde un punto de vista realista e científico, que o afasta do seu mestre Platón.

  • Metafísica: obra de Aristóteles

...
Seguir lendo "Aristóteles: Metafísica, Física e as Catro Causas" »

Epistemoloxía, Antropoloxía e Política en Platón: Relación e Xustiza

Filosofía e ética2,85 KB

Relación entre epistemoloxía, antropoloxía e política en Platón

Platón distingue dous mundos: o mundo sensible e o mundo intelixible. O mundo sensible é a realidade material que coñecemos polos sentidos. As cousas que hai nel cambian, son imperfectas e desaparecen. O mundo intelixible está formado polas Ideas, que son universais, eternas e non cambian. Para Platón, este é o mundo que representa a verdadeira realidade.

Esta diferenza relaciónase co coñecemento. Do mundo sensible obtemos a doxa, que é a opinión, porque os sentidos non nos permiten conseguir un coñecemento verdadeiro. Do mundo intelixible obtemos a episteme, que é o verdadeiro coñecemento e consíguese mediante a razón. O proceso de coñecemento vai desde o particular...

Seguir lendo "Epistemoloxía, Antropoloxía e Política en Platón: Relación e Xustiza" »

Filosofía Moderna: Concepto, Cronoloxía e Principais Correntes do Pensamento Occidental

Filosofía e ética121,92 KB

Concepto e cronoloxía da modernidade filosófica. Caracterización da época moderna desde diversos puntos de vista

Este tema expón principalmente dous puntos de vista distintos acerca da caracterización da Modernidade como época do pensamento humano. Así, facendo unha cronoloxía acerca da reflexión sobre a Modernidade, comezando por quen primeiramente lle deu nome, Cristóbal Cellarius, os apuntes presentan o punto de vista sobre a caracterización desta época de Cassirer, Burtt e a propia profesora, enfrontados contra o punto de vista de Hegel e Habermas. Mostrando as súas diferenzas, a estas perspectivas engádese a crítica á occidentalización destas etapas pretendidas universais de Jaspers e Koyré, crítica compartida por Dussel....

Seguir lendo "Filosofía Moderna: Concepto, Cronoloxía e Principais Correntes do Pensamento Occidental" »

Clásicos da literatura universal: 22 obras imprescindibles

Filosofía e ética1,57 KB

Clásicos da literatura universal

Os seguintes títulos forman parte dos clásicos imprescindibles da literatura universal:

  1. Mary Shelley: Frankenstein
  2. Bram Stoker: Drácula
  3. Washington Irving: A lenda de Sleepy Hollow
  4. Edgar Allan Poe: Os asasinatos da rúa Morgue
  5. Jules Verne: varios
  6. Daniel Defoe: Robinson Crusoe
  7. Charles Dickens: Un conto de Nadal
  8. Jonathan Swift: As viaxes de Gulliver
  9. Arthur Conan Doyle: Sherlock Holmes
  10. George Orwell: 1984
  11. Oscar Wilde: O retrato de Dorian Gray
  12. Alexandre Dumas: Os tres mosqueteiros
  13. Victor Hugo: Os miserables
  14. Jane Austen: Orgullo e prexuízo
  15. Charlotte Brontë: Jane Eyre
  16. Emily Brontë: Cumes borrascosos
  17. H. G. Wells: A guerra dos mundos
  18. León Tolstoi: Guerra e paz, Anna Karenina
  19. Fiódor Dostoievski: Crime e castigo
  20. Virginia Woolf: Orlando
  21. Aldous
...
Seguir lendo "Clásicos da literatura universal: 22 obras imprescindibles" »

O soneto de monterrei

Filosofía e ética2,01 KB

Soneto de monterrei

1. Onde acontece a accion e en que epoca?

acontece en monterrei, nunha vila de ourense, onde había unha pequena corte litararia e se fundou una das primeiras imprentas de Galicia. Dende a vila vese o val de laza. A epoca na que acontece e o século XVI

2. Quen e o protagonista do poema? Con quen fala?

o protagonista e un poeta( non se di se e trobador ou nobre) e encontra unha muller fermosa, chamada violante ( yolanda) que é pastora

3. Poderiamos dicir que o poema e una pastorela?

ten elementos de pastorela, hai un encontro entre un poeta e una pastora cun dialogo entre ambos no que el lle expón os seus sentimentos amorosos, e ela parece que o acepta.

4.Explica o dialogo entre o poeta e a pastora

cando o poeta encontra a pastora,...

Seguir lendo "O soneto de monterrei" »

Ética Kantiana: Deber, Autonomía e Imperativo Categórico

Filosofía e ética3,07 KB

Éticas do Deber de Kant: Unha Análise Crítica

Immanuel Kant foi moi crítico con todas as éticas anteriores á súa. Segundo Kant, todas as éticas precedentes consideraban que a vida humana debía estar orientada á procura dun obxectivo supremo. A filosofía moral, nestes casos, ofrecéndonos un contido específico ao que aspirar. Kant chamaba éticas materiais a estas concepcións nas que se nos propón un obxectivo determinado.

Inconvenientes das Éticas Materiais

Kant identificou varios problemas fundamentais nas éticas materiais:

  • As normas son hipotéticas: Non hai actos absolutamente bos. Un acto é bo se aceptamos o obxectivo supremo e, ademais, o acto serve para axudarnos a lograr ese obxectivo.
  • As éticas materiais son heterónomas:
...
Seguir lendo "Ética Kantiana: Deber, Autonomía e Imperativo Categórico" »