Ambitos de actuación e principais iniciativas na historia galega

Lingua e literatura2,27 KB

1. Historiografia

Coa edición das primeiras obras que falaron da nosa historia e que asentaron, non sen polémica, as teses celtistas sobre as nosas orixes como pobo. Foron escritas por Verea e Aguiar. Tratábase de demostrar en paralelo ao movemento político rexionalista que Galiza era un pobo con historia, constatando que existiran épocas no pasado en que gozara da absoluta liberdade e do total respecto do que estaba a carecer agora.

2. Filosofía

Coa aparición dos primeiros dicionarios e gramáticas do galego, que abriron un forte debate ortográfico e normativo entre as tendencias fonecistas e as etimoloxistas.

3. Prensa escrita

Coa edición de xornais, almanaques e revistas integralmente ou parcialmente redactados en galego. Estas publicacións facían, por regra xeral, unha apaixonada defensa dos intereses de Galiza, denunciaban os abusos que padecía a clase labrega, achegaban materiais para o coñecemento da historia de Galiza, pescudaban diversos aspectos do folclore galego, trataban debates ideolóxicos sobre cuestións candentes como os dereitos da muller e contribuíana á difusión dos textos literarios, sobre todo poéticos e narrativos, que se producían na nosa lingua. Neste sentido, convén ter moi presente que a maior parte da literatura galega do século XIX viu a luz nas páxinas da prensa periódica e non en formato libro.

4. Folclore

Coa recopilación por parte de autores como Murguía de abondoso material procedente do acervo literario oral popular e coa reivindicación da beleza e autenticidade presentes en bailes, traxes, instrumentos musicais, romarías e demais tradicións populares.

5. Música

Coa creación de orfeóns e coros que, ademais de rescatar, dignificar e difundir as cantigas e aires populares, serviron de canle para a divulgación de baladas, melodías e outras pezas baseadas en textos dos escritores do Rexurdimento, musicadas por compositores como Xoán Montes e Pascual Veiga.

6. Literatura

Coa paulatina recuperación de xéneros literarios escritos para o galego, coa convocatoria de certames literarios como os Xogos Florais e coa fundación das primeiras imprentas dedicadas ao libro en galego. As máis destacables foron a de Juan Compañel e a de Soto Freire.

Descargar

PDF Word HTML