Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

O panorama narrativo galego das últimas décadas

Lingua e literatura1,61 KB

O panorama narrativo das últimas décadas

O exercicio da narrativa en galego nas últimas décadas xorde da man do proceso de democratización das institucións, da consecución dun status de oficialidade para a lingua e do seu posterior proceso de normalización en todos os ámbitos de uso.

A narrativa posfranquista (1975-1979)

Neste lustro desenvólvese o processo de adaptación da narrativa à nova situação social e cultural. Conviven autores consolidados como Álvaro Cunqueiro ou Eduardo Blanco Amor, obras editadas na diáspora e o experimentalismo da Nova Narrativa Galega que comezara nos anos sessenta. É unha etapa de ensaio, na que se tratan contidos como a evocación das memorias infantís, fanse esforzos por construír unha novela...

Seguir lendo "O panorama narrativo galego das últimas décadas" »

Evolución da poesía galega: 1980-2020

Lingua e literatura3,56 KB

A poesía galega de finais do século XX e comezos do XXI

O contexto histórico e literario: 1975 e a renovación

1975 foi o ano do cambio. Morre Franco e comeza para Galicia –e para España– a etapa democrática máis extensa de toda a súa historia. A presenza da lingua e a literatura galega no ensino e a oficialidade do noso idioma supoñen un impulso sen precedentes para a promoción da literatura en galego: multiplícanse as empresas editoriais, os premios e as revistas literarias.

No campo da poesía, Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín marcou ese cambio.

Características da poesía galega na década de 1980

Nos anos oitenta as principais características definitorias da poesía galega son:

  • Ruptura co socialrealismo.
  • Busca de novos
...
Seguir lendo "Evolución da poesía galega: 1980-2020" »

Historia da Lingua Galega: Séculos XVI-XVIII

Lingua e literatura2,19 KB

Introdución

Reis Católicos (finais s. XV – principios XVI): centralismo e uniformidade político-administrativa. En Galicia o castelán pasa a ser a lingua oficial e de cultura. O galego continúa a ser usado pola maioría da poboación, mais nun rexistro coloquial.

Durante os séculos XVI, XVII e XVIII o castelán esténdese polas clases sociais dominantes que, malia ser minoritarias, teñen moito poder e capacidade de impoñer gustos e modas (tamén a nivel de lingua). No século XIX as clases máis acomodadas das cidades e das vilas están castelanizadas. As clases humildes continúan a falar un galego, pero un galego moi castelanizado.

Séculos XVI e XVII

Mentres outras linguas romances son obxecto de estudo e aparecen as primeiras gramáticas,...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Séculos XVI-XVIII" »

O Teatro Galego na Posguerra: Unha Análise Detallada

Lingua e literatura3,59 KB

O Teatro Galego na Posguerra

Tras a Guerra Civil, o teatro en Galicia viuse condenado ao silencio máis absoluto. Non obstante, estas dificultades non impediron que algúns escritores dedicasen os seus esforzos á creación de textos dramáticos. Entre eles destacan Eduardo Blanco Amor, Alvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Jenaro Marinhas del Valle.

Características da Creación Dramática

  • Creación pausada da peza teatral pola non necesidade dunha estrea inmediata e a falta dun público lector.
  • As obras van máis alá da propia realidade social e existencial, presentando conflitos, situacións e personaxes universais dun mundo escuro e problemático.
  • Compromiso co home da posguerra, un home que vive con angustia.
  • Creación íntima da obra
...
Seguir lendo "O Teatro Galego na Posguerra: Unha Análise Detallada" »

Cantigas de amigo na poesía galego-portuguesa

Lingua e literatura1,19 KB

Cantigas de amigo

Tratan sobre a ausencia do namorado. A amiga lamentase a un confidente. Danse unhas situacións:

Lamentos e loas

Lamentase pola ausencia do amigo. A amiga loa a súa propia fermosura. Tenta remover os obstáculos. Fai propósito de reunirse co namorado. Canta as alegrias do amor.

Subxéneros temáticos

  • Mariñas ou barcarolas

    Composicións de ambientación mariña, con referencias ao mar e río.

  • Cantigas de romaría

    Caracterizadas pola referencia a santuarios ou ermidas.

  • Bailadas

    Cantigas con referencia á danza.

  • Albas

    Composicións de orixe provenzal sobre a despedida dos namorados ao romper o día.

Personaxes

  • Amiga

    Caracterizada pola inxenuidade e pulsión erótica.

  • Amigo

    Mostra actitudes diversas, desde distante a traidor.

  • Irmás e amigas

    Confidentes

...
Seguir lendo "Cantigas de amigo na poesía galego-portuguesa" »

O teatro galego entre séculos: evolución e desafíos

Lingua e literatura2,74 KB

O Teatro de Entre Séculos

O inicio da historia contemporánea do teatro galego sitúa-se na estrea do drama A Fonte do Xuramento de Francisco María de la Iglesia. O teatro anterior às Irmandades (antes de 1916) não alcançou grandes avanços: precariedade, escasso cultivo, falta de autores e carência de companhias.

Ó comezar o século XX seguem-se quatro tendências:

  • Social:

    anti-caciquil, cultivada por Lugrís Freire (A Ponte) ou Antón Villar Ponte (A Pátria do Labrego)
  • Costumista-humorística:

    plasmada em géneros menores como o cadro de costumes ou o “parrafeo”, que certo setor do público batizará como “gallegadas”
  • Histórica:

    centrada na evocação e recreação de momentos e figuras do passado
  • Teatro lírico:

    zarzuelas e operetas

Con...

Seguir lendo "O teatro galego entre séculos: evolución e desafíos" »

Rosalía de Castro: figura literaria e compromiso social

Lingua e literatura4,13 KB

Rosalía de Castro

Figura

Rosalía é a figura máis importante, representativa e universal da Literatura Galega xa que era unha muller culta e con criterios propios. Rosalía foi precursora e pioneira do pensamento social e político de plena actualidade: feminismo, anticapitalismo, nacionalismo progresista. Poren a súa obra é traducida e ten moita atención.

Sobre ela teceuse unha imaxe distorsionada, presentada como unha chorona ou santiña que escribía o que lle mandaba o marido.

Tivo sempre enormes dificultades para publicar debido a súa condición de muller e a súa condición económica. Como exemplo Follas novas que se publicou seis anos máis tarde, e grazas ós inmigrantes galegos de Cuba.

A Rosalía agrupouse no romanticismo erroneamente...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: figura literaria e compromiso social" »

Rexurdimento da Lingua Galega no Século XIX

Lingua e literatura2,26 KB

O Rexurdimento: Recuperación e Prestixio do Galego

A partir desta época, a lingua vai adquirindo o papel relevante que ten para diferenciar Galicia. Como dirá Xoán Antonio Saco e Arce en 1888, desprezar o idioma é desprezarse a si mesmo. Manuel Murguía pronunciará un discurso similar en 1891 no primeiro discurso en galego nos Xogos Florais de Tui.

A Normalización do Galego

A recuperación da lingua baséase, en primeiro lugar, na recuperación do seu prestixio. Déixase de falar de dialecto para falar dunha lingua propia de orixe latina cunha raíz común co portugués e ben diferenciada do castelán. Tamén foi importante o proceso de normalización do galego, é dicir, da súa utilización habitual en ámbitos públicos, como nos Xogos...

Seguir lendo "Rexurdimento da Lingua Galega no Século XIX" »

A Poesía Galega na Posguerra: Xeracións e Autores (1936-1975)

Lingua e literatura3,12 KB

A poesía galega na posguerra (1936-1975)

Na posguerra, o silencio literario imposto polo franquismo impediu a publicación de calquera obra escrita en galego. Ata que, en 1947, Aquilino Iglesia Alvariño publicou Cómaros verdes. Máis tarde, en 1950, fundouse a Editorial Galaxia, un fito histórico para recuperar a cultura galega desde o propio país. Nesta época de férrea censura, os autores cultivaron o paisaxismo, o intimismo e outras correntes de preguerra como o imaxinismo e o neotrobadorismo.

A falta de publicacións nos anos seguintes á guerra tivo como consecuencia que, na década dos 50, coincidisen case simultaneamente tres grupos xeracionais distintos:

A Xeración do 36

Está constituída por poetas que naceron entre 1910 e 1920....

Seguir lendo "A Poesía Galega na Posguerra: Xeracións e Autores (1936-1975)" »

Normalización do galego: un proceso necesario

Lingua e literatura3,77 KB

O galego lingua e vías de normalización

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas, aínda que só están censadas catro ou cinco mil. O número é difícil de precisar, porque hai zonas do planeta pouco estudadas e porque non sempre está claro que se considera lingua. Esta gran diversidade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas desde o punto de vista político e xeográfico.

Linguas hexemónicas e minorizadas

A realidade é que hai unhas linguas dominantes, as hexemónicas, que son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia. Cantas máis funcións cumpra unha lingua, maior prestixio...

Seguir lendo "Normalización do galego: un proceso necesario" »