Castelao: Obra Narrativa e Funcións Sociais da Lingua

Lingua e literatura3,17 KB

Obra Narrativa de Castelao

Castelao iníciase como escritor no semanario satírico El Barbero Municipal. Alí apréciase a visión crítica da realidade coa dose de humor. A súa obra ten un carácter lírico ou sentimental. A súa técnica literaria baséase en formas da literatura oral popular, e emprega o relato curto.

Obras principais

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: Novela curta, relata acontecementos que observa a través do seu ollo de vidro.
  • Cousas: Son 44 relatos e un prólogo titulado "A carón da natureza", no que sinala a incapacidade da pintura para expresar todo o que aparece na realidade e manifesta a súa posición a prol da cultura popular e natural fronte ao mundo artificial. As "cousas" son relatos cunha ilustración.
  • Retrincos: Colección de 5 contos autobiográficos precedidos dun limiar, onde se relatan vivencias do autor en determinados momentos da vida.
  • Os dous de sempre: É a única novela longa de Castelao. Vanse contando as vidas paralelas de Pedriño e Rañolas, amigos desde a nenez pero con personalidades diferentes. Rañolas triunfa por intelixente, agudo e emprendedor. Loita para conseguir unha perna ortopédica e aprender un oficio. Cando o consegue, volve a Rianxo, pero está infeliz pola perda de liberdade e acaba suicidándose. Pedriño é preguiceiro, materialista e inactivo; a súa única preocupación é comer moito, o que fará del un perdedor. Castelao pretendeu con isto aleccionar a mocidade galega, presentando o fracaso e a frustración na sociedade burguesa.

Lingua

A lingua de Castelao está dominada pola claridade e pola viveza, procurando a riqueza literaria. O humor e o lirismo son dous piares fundamentais.

Funcións Sociais da Lingua

Son funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua. Distinguimos:

  • Función de identidade: A lingua opera como vehículo de articulación interior do pensamento propio.
  • Función familiar: A lingua fálase na casa.
  • Función laboral: A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral acontece acotío en lugares onde existen varias linguas en contacto.
  • Función local: O idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre persoas do mesmo contorno.
  • Función institucional: O idioma emprégase polos cidadáns para se comunicaren coas institucións político-administrativas.
  • Función cultural: A lingua emprégase non só por aquelas persoas que a aprenderon orixinariamente como lingua inicial, senón tamén por cidadáns doutros países que a aprenderon voluntariamente.

Conflito Lingüístico

Disputa entre dúas linguas por desempeñar todas as funcións posibles nun mesmo territorio.

Causas

  • Procesos de expansión e unificación política.
  • Presión cultural e económica.
  • Movementos migratorios.

Consecuencias

Cando o castelán comezou a desprazar o galego dos usos públicos, relegou a nosa lingua ao ámbito privado e familiar.

Descargar

PDF Word HTML