Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Conflito Lingüístico: Conceptos Clave e Procesos

Lingua e literatura2,65 KB

Conflito Lingüístico: Definición e Impacto

O concepto de conflito lingüístico defínese como a tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. O conflito lingüístico dentro dunha comunidade leva sempre a un desequilibrio entre as linguas involucradas.

A Diglosia: Xerarquía e Usos Lingüísticos

A diglosia prodúcese cando dentro dunha unidade territorial coexisten dúas linguas (unha propia e outra foránea), que posúen unha distribución xerárquica das súas funcións: hai unha lingua A, de usos formais e prestixiados, e unha lingua B, de usos informais e menos prestixiados.

Tipos de Diglosia

  • Diglosia social: o uso da lingua A ou B depende do grupo
...
Seguir lendo "Conflito Lingüístico: Conceptos Clave e Procesos" »

Xeracións Poéticas Galegas: 1936 a 1976

Lingua e literatura3,49 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976

O final da guerra supón unha ruptura histórica e cultural en Galicia. No exilio, especialmente en Bos Aires, continúa o labor político e cultural en favor de Galicia e da súa identidade. En Galicia, o galeguismo sobrevive clandestinamente ata 1950, cando comeza unha nova etapa de defensa cultural, a partir da aparición da editorial Galaxia e da publicación de libros en galego (como Cómares verde, publicado tamén clandestinamente). Segundo Méndez Ferrín, existiron tres xeracións poéticas.

A Xeración do 36 na poesía galega

Estivo constituída por poetas nados entre 1910 e 1920. Formados na República, viviron a Guerra Civil, converténdoa en motivo da súa poesía. Son escritores ponte entre a preguerra...

Seguir lendo "Xeracións Poéticas Galegas: 1936 a 1976" »

A recuperación cultural do galego e a desgaleguización social

Lingua e literatura2,69 KB

O emprego do idioma desaparece do plano cultural

Será no exilio, especialmente en Buenos Aires (Castelao, Dieste, Blanco Amor, Luís Seoane), onde co apoio das colectividades de emigrantes, os galeguistas no exilio publicarán obras en galego, emitirán programas de radio en galego, fundan asociacións culturais que organizan actividades en galego, publican revistas e fundan editoriais.

A partir dos anos 50

Prodúcese unha lenta recuperación no ámbito cultural: a colección de poesía Benito Soto, e a editorial Bibliófilos Gallegos, e fundamentalmente a Editorial Galaxia (1950) que publicará non só literatura en galego, mais tamén publicacións periódicas sobre economía, de cultura e arte e de pensamento.

Nos anos 60

Créanse as primeiras...

Seguir lendo "A recuperación cultural do galego e a desgaleguización social" »

Resumen os dous de sempre castelao

Lingua e literatura3 KB

Nestes Lugares, co apoio das sociedades que xa crearan os emigrantes (por exemplo Blanco Amor ou Emilio Pita xa residían en América cando comezou a guerra), iniciaron un labor que tivo como finalidademanter a continuidade da nosa produción literaria, conservar o prestixio adquirido pola lingua GAL antes da guerra e, sempre coa esperanza de que a dictadura fose breve, ter unha bagaxe Cultural coa que regresar.Isto non foi tarefa fácil, + o exilio supuxo unha certa universalización da nosa cultura e da nosa Literatura, nun dobre sentido: darse a coñecer internacionalmente e recibir influencias de culturas Alleas. Os referentes dos escritores no exilio foron Castelao, polo seu compromiso político e ético Con Galicia, Blanco Amor, que
...
Seguir lendo "Resumen os dous de sempre castelao" »

A Cultura Galega na Posguerra e o Exilio (1936-1975)

Lingua e literatura4,12 KB

A Cultura Galega na Posguerra e o Exilio

Cando comeza a Guerra Civil de 1936 iníciase unha forte represión. Todo o esplendor dos anos anteriores quedou reducido ao silencio, e durante os primeiros anos da ditadura son os intelectuais do exilio americano os que manteñen viva a cultura galega creando editoriais e revistas. O galego converteuse nunha lingua inferior, sen un uso público nin formal.

A Recuperación Cultural e o Protoestándar

A recuperación cultural iníciase arredor de 1950, cando se funda a Editorial Galaxia, que será crucial para a revitalización da nosa cultura.

Na década dos 60 xorden os partidos nacionalistas clandestinos e minoritarios. Tamén se crean asociacións culturais que loitan polo noso idioma e cultura, e comeza...

Seguir lendo "A Cultura Galega na Posguerra e o Exilio (1936-1975)" »

O Rexurdimento da Literatura Galega: Prequela e Apoxeo

Lingua e literatura2,89 KB

O Perrerrexurdimento

Primeiro Período (1808-1833)

As primeiras manifestacións literarias estiveron relacionadas cos feitos históricos, centrándose na loita cos franceses, e os feitos políticos baseándose no centralismo do Estado. Foi o tempo no que os intelectuais convertéronse en defensores da realidade galega.

Neste período, o galego utilízase como lingua propagandística para movilizar á poboación contra os franceses. Obras como "Proezas de Galicia" e "Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento" exemplifican este uso da lingua.

Os textos propagandísticos tamén creaban a confrontación entre liberais e conservadores, como se ve en obras como "Os rogos dun gallego". Apareceron textos en prosa galega en forma de...

Seguir lendo "O Rexurdimento da Literatura Galega: Prequela e Apoxeo" »

Normalización Lingüística: Revitalizando o Galego

Lingua e literatura2,03 KB

Normalización Lingüística do Galego

Situación das Linguas Minorizadas

Unha lingua minorizada, independentemente do número de falantes, non se emprega con normalidade en todas as situacións ou ámbitos comunicativos dentro da propia comunidade. Esta situación pode levar á súa desaparición (dálmata, córnico). En estados monolingües, como Austria ou Islandia, esta situación de linguas en contacto xera un desequilibrio que deriva nun conflito lingüístico. Este conflito provén do valor que a comunidade atribúe a cada lingua e o lugar que cada unha debe ocupar na vida social. Os conflitos lingüísticos poden levar á desaparición da lingua minorizada, xa que a lingua dominante tende a expandirse. Os falantes da lingua minorizada...

Seguir lendo "Normalización Lingüística: Revitalizando o Galego" »

Lírica Galega: Tendencias na 2ª Metade do Século XX

Lingua e literatura2,58 KB

Tendencias da Lírica na Segunda Metade do Século XX

A Guerra Civil marca un antes e un despois na historia de todos os países e culturas que integran a España contemporánea. Durante os anos que dura a guerra aparecen algunhas obras en galego. Na primeira posguerra, a literatura autóctona garda un obrigado silencio en Galicia. A creación en 1950 da Editorial Galaxia marca a recuperación da Literatura en galego, o punto culminante dunha serie de sucesos positivos para a nosa lingua:

  • Cómaros verdes de Aquilino Iglesia
  • Colección de poesía Benito Soto
  • Nacemento de pequenas empresas editoriais
  • Publicación dun suplemento chamado La Noche
  • Publicación de algunhas revistas literarias bilingües, como Alba

Grupos e Tendencias Poéticas

En Galicia,...

Seguir lendo "Lírica Galega: Tendencias na 2ª Metade do Século XX" »

Lingua, Literatura e Teatro Galego: Análise e Evolución

Lingua e literatura6,92 KB

Sociolingüística: Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, unha das linguas (a dominante) vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra (a dominada) e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada chámaselle tamén lingua minorizada e é empregada nos ámbitos socioculturais máis baixos e desprezada nos máis elevados onde está presente a lingua dominante. O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua minoritaria que é só cuantitativo (cantos a usan?). A recuperación e a normalización da lingua requiren a intervención dos diferentes sectores sociais: a acción institucional do poder político, a acción colectiva non institucional e a acción individual, todas imprescindibles...

Seguir lendo "Lingua, Literatura e Teatro Galego: Análise e Evolución" »

Poesía Galega na Posguerra: Contexto e Xeracións Literarias

Lingua e literatura3,59 KB

Tras a Guerra Civil, nos primeiros momentos da posguerra, reprimiuse o galego na escrita, o que provocou que moitos autores se exiliasen ou escribisen en castelán. Nos anos 40 producíronse sucesos positivos: a publicación de Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, a aparición da colección de poesía Benito Soto, o nacemento de pequenas editoriais como Bibliófilos Galegos, a publicación dun suplemento cultural no diario La Noche e a publicación de revistas como Alba e Mensajes de Poesía. Esta serie de sucesos culminou coa aparición da Editorial Galaxia.

Grupos Poéticos Destacados

Cómpre destacar a irrupción de tres grupos:

A Xeración do 36

Poetas nados entre 1910 e 1920, que foron os discípulos da Xeración Nós e da do 25....

Seguir lendo "Poesía Galega na Posguerra: Contexto e Xeracións Literarias" »