O Galego: Prexuízos, Estandarización e Desafíos Léxicos

Lingua e literatura3,79 KB

Prexuízos Lingüísticos sobre o Galego

Os prexuízos lingüísticos máis comúns sobre o galego inclúen:

  • O galego é lingua de pobres.
  • O galego é lingua de aldeáns.
  • O galego non serve fóra de Galicia.
  • O galego é un idioma imposto.
  • O galego estándar é un idioma inventado.

(Conclusión: o repertorio de prexuízos non é moi distinto dos prexuízos que existen sobre outros idiomas noutros lugares do mundo.)

Construción da Variedade Estándar do Galego

No século XIX, asistimos xa ás primeiras tentativas de consolidación dun estándar para os usos escritos e intentan conciliar as propostas dos partidarios de escribir como se fala e os partidarios dunha convención máis culta. Despois de que a fractura de 1936 frustrou a consolidación dun estándar para a lingua galega, a escrita do galego irase desprendendo na segunda metade do século XX da maioría dos diacríticos que os rexurdimentistas quixeran conciliar fala e escrita. O galego avanza no século XXI cara á súa plena normalización ao abeiro dun estándar culto, moderno e unificado.

Estandarización do Léxico Galego

No século XIX, o galego renace para a escrita, apoiándose na oralidade dialectal como referente básico, o que provoca o emprego de vulgarismos e castelanismos. Paralelamente, deformábanse palabras para facelas parecer máis galegas, ou introducíronse arcaísmos. Na actualidade, o galego estándar segue defendendo a súa autonomía fronte á presión doutras linguas, nomeadamente do inglés e do castelán.

Vulgarismos

Vulgarismos son deformacións das palabras propias da nosa lingua que se producen normalmente nun rexistro coloquial e informal e que se transmiten na lingua oral. Exemplos:

  • Cambio do timbre dunha vogal por asimilación: (pidir, curuña, numaro)
  • Engadido de fonemas vocálicos: (a presentar, aldeia, mullere)
  • Supresión de fonemas vocálicos: (ceptar, espranza, virtu)
  • Metatese: (probe)
  • Pronuncia interdental do grupo ct: (praztica)

Arcaísmos

Arcaísmos son palabras tomadas dun período da lingua anterior que son introducidas por vía culta na lingua escrita, para evitar palabras coincidentes coas castelás (door, ren, cor).

Hiperenxebrismos ou Hipergalismos

Hiperenxebrismos ou Hipergalismos son vocábulos ideados sobre palabras xa galegas coincidentes co castelán nas que se fan operar regras xerais de equivalencia galego-castelán (premaveira, zoa, ambente).

Luxismos

Luxismos son formas tomadas do portugués:

  • Gráficos: (nh por ñ)
  • Léxicos: (ciumes, escreber)
  • Morfolóxicos: (organizaçao)

Castelanismos

Castelanismos son formas tomadas do castelán innecesariamente:

  • Fonéticos: non diferenciación de vogais semiabertas e semipechadas, pronuncia do fonema fricativo palatal xordo, pronunciación nasal velar como nasal alveolar [unha-una], adaptación da entoación propia do castelán.
  • Ortográficos: (maravilla, kilogramo)
  • Morfosintácticos: (o orixe en vez de a orixe, estos en vez de estes, meu coche en vez de o meu coche, me deu en vez de deume, combatir en vez de combater, haber feito en vez de facer, traduzca en vez de traduza)
  • Léxicos: (labios en vez de beizos, lágrimas en vez de bágoas, rama en vez de pola, conejo en vez de coello, pareja en vez de parella, lenteja en vez de lentella, almeja en vez de ameixa, jaula en vez de gaiola, ardilla en vez de esquío, bellota en vez de landra, manzanilla en vez de macela, tornillos en vez de parafuso, calamar en vez de lura)

Descargar

PDF Word HTML