Autores e obras da literatura galega na diáspora
A literatura galega no exilio
A raíz da ditadura franquista, a loita pola recuperación cultural e política de Galicia queda confinada ao mundo da diáspora. Bos Aires convértese nos anos 40 na capital cultural de Galicia. Alí, figuras como Castelao, Dieste ou Blanco Amor garantiron a continuidade da literatura. En Bos Aires créanse editoriais, organízanse actos de difusión do galeguismo, representacións teatrais e edítanse xornais e revistas.
Poesía galega no exilio
A maioría das obras están ligadas ao grupo de Bos Aires. As súas publicacións chegaban rapidamente aos galeguistas de Galicia.
Luís Seoane (1910-1979)
- Fardel de eisilado: un poemario social e realista que denuncia as causas que provocan a emigración.
- Na brétema de Santiago: evocación da Galicia medieval.
- As cicatrices
- A maior abondamento
Lorenzo Varela (1917-1978)
- Catro poemas para catro gravados: desenvolve os cadros de catro personalidades históricas.
Emilio Pita (1909-1981)
- Jacobusland
- Cantigas de nenos
- Serán
- Polos camiños do pobo
Narrativa no exilio
Centrouse na temática da Guerra Civil. A maior parte desta obra foi reducida á condición autobiográfica ou realista en exceso.
Ramón de Valenzuela (1914-1980)
- Non agardei por ninguén: obra centrada nas peripecias do protagonista ao seu paso polo exército franquista, na fronte de batalla e no exército republicano.
- Era tempo de apandar: cóntase a vida do narrador en Francia e a súa repatriación aos cárceres de Burgos.
Silvio Santiago (1903-1974)
- Vilardevós: o narrador escribe evocando o pasado e, cando finalmente regresa á aldea (tras a súa estancia en América), decátase de que a súa infancia acabara.
- O silencio redimido: conta a traxedia que viviron moitos galegos na guerra.
Teatro no exilio
Castelao
Buscaba unha forma dramática que mantivese a galeguidade, superando o realismo decimonónico.
- Os vellos non deben de namorarse: (iniciada durante a República e rematada no exilio) o tema tratado son os amores serodios. Tivo pouco éxito, xa que o público estaba afeito ao teatro popular.
Luís Seoane (1910-1979)
- O irlandés astrólogo
- Esquema de farsa
- A soldadeira: serve de enlace entre o pasado e o presente, pois guía os labregos polo mundo medieval das revoltas irmandiñas.
Eduardo Blanco Amor
- Farsas para títeres: para unha minoría cultivada.
- Proceso en Jacobusland
- Cantar dos cantares: para as masas culturizadas en castelán.
- Teatro para a xente