Rexurdimento do Galego: Historia, Autores e a RAG

Lingua e literatura3,04 KB

O Rexurdimento do Galego no Século XIX

No século XVIII, os galegos comezaron a preocuparse polo seu idioma, un deles, Bieito Frei Martín Sarmiento.

Sarmiento denunciou que o galego se estaba a marxinar dos ámbitos administrativos e da igrexa. Pero na metade do século XIX, o castelán substituíu o galego en sectores importantes da sociedade urbana.

O galego volve ser lingua escrita a principios do século XIX pola invasión napoleónica e Galicia queda illada do resto do estado español. Como arma de defensa para que o galego rexurdise, utilizaron escritos en galego, animando o pobo á subversión. Así, o galego empezou a formar parte da lingua escrita.

Case a mediados do século XIX, aparece o primeiro grupo político con tendencias galeguistas, xa que pretende a recuperación de Galicia como pobo con personalidade propia e coa conciencia de que teñen unha singularidade, o galego. Neste grupo provenzalista, que destaca polo intento de recuperar o galego na literatura, destacan Francisco Añón, Xosé María Posada... A actitude do grupo era a potenciación da cultura galega para recuperar o idioma, e é aquí onde o galego empeza as súas primeiras gramáticas.

Seguindo co interese pola gramática do galego, no lugar do terreo lexicográfico aparecen os primeiros dicionarios galegos.

Na segunda metade do século XIX publícanse Cantares Gallegos, de Rosalía, Aires da miña terra, de Curros, e Queixumes dos Pinos, que lle devolven finalmente ao galego a plenitude da dignidade literaria.

A finais do século XIX, en determinados puntos de Galicia e clases sociais, faise que se tema pola supervivencia do galego, pero grazas ao interese polos galegos emigrantes no século XX xorde a RAG, Real Academia Galega, co presidente Manuel Murguía.


Eduardo Pondal: Bardo do Rexurdimento

Eduardo Pondal naceu na vila de Ponteceso no ano 1835 e morreu na cidade da Coruña en 1917. De orixe fidalga, mantívose solteiro toda a súa vida e viviu de rendas grazas á fortuna do seu pai. En 1860 rematou a carreira de medicina, pero deixou de exercer de médico. Desde aquí ata a súa morte viviu na Coruña. Participou nas actividades do Liceo de la Juventud e no Banquete de Conxo, leu un dos poemas que fixo un gran impacto na sociedade compostelá. Participou con outros intelectuais defendendo a orixe celta da nación galega na Cova Céltica.

Obra de Pondal

Na época do bardismo pondaliano, Pondal asume o papel de bardo do pobo galego e ten o compromiso de difundir a ideoloxía galeguista co seu canto.

Os Eoas

Pondal reflexa o pensamento de cando era mozo. Posteriormente, xa como integrante da Cova Céltica, volveu sobre o texto para adaptalo á ideoloxía rexionalista.

Os Eoas supón unha importante proba de forza para a consolidación do galego e constitúe unha tentativa ideolóxica para a conformación dunha epopea nacional.

Queixumes dos Pinos

Con ela conságrase como bardo do pobo galego.

Descargar

PDF Word HTML