O Rexurdimento da Literatura Galega: Prequela e Apoxeo
O Perrerrexurdimento
Primeiro Período (1808-1833)
As primeiras manifestacións literarias estiveron relacionadas cos feitos históricos, centrándose na loita cos franceses, e os feitos políticos baseándose no centralismo do Estado. Foi o tempo no que os intelectuais convertéronse en defensores da realidade galega.
Neste período, o galego utilízase como lingua propagandística para movilizar á poboación contra os franceses. Obras como "Proezas de Galicia" e "Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento" exemplifican este uso da lingua.
Os textos propagandísticos tamén creaban a confrontación entre liberais e conservadores, como se ve en obras como "Os rogos dun gallego". Apareceron textos en prosa galega en forma de cartas, como "Carta a un liberal", e diálogos, como "Conversación entre os compadres Bértolo e Mignote". Obras e follestos que destacan coa liberdade de imprenta son "La tertulia da Quintana" e "Tertulia de Picariños".
Os textos literarios eran poesías satíricas, obras de circunstancias e panxoliñas. Unha das obras teatrais deste período é "A casamenteira", escrita por Fandiño sobre os matrimonios amañados. Destacan tamén "Égloga de Belmiro e Benigno", escrita por Nicomedes Pastor Díaz, quen tamén escribiu "Alba".
Segundo Período (1833-1862)
Neste período comeza a recuperación da literatura escrita e xorde o Provincialismo. Ademais, comezan os Xogos Florais da Coruña en 1861, o certamen literario máis importante da época.
O máis significativo deste certamen foi a publicación do "Álbum de Caridad", no que se recolle, ademais das composicións premiadas, unha mostra considerable dos poetas galegos contemporáneos: un total de corenta poemas en galego de autores tan relevantes como Eduardo Pondal ou Rosalía de Castro.
O Rexurdimento (1863-)
O Rexurdimento comeza en 1863 coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. É o tempo no que comeza o Rexionalismo.
Precursores do Rexurdimento
Xoán Manuel Pintos Villar
Autor de "A gaita gallega", unha obra que constitúe un método para ensinar o galego a través dunha curiosa miscelánea de poemas, fragmentos en prosa, apoloxías da lingua galega, observacións lingüísticas, vocabularios, etc., no medio dun diálogo bilingüe, sostido por un gaiteiro e un tamborileiro non galego. Ten unha evidente intención didáctica.
Francisco Añón
O poeta máis importante deste período. Aínda que foi desterrado de Galicia a maior parte da súa vida, en 1861 nos Xogos Florais presentou un efusivo himno dedicado a Galicia ("A Galicia"), premiado cun accésit.
Alberto Camino
Poeta de composicións elexíacas, escribiu "O desconsolo", poema amoroso e persoal ao que se engade "Nai chorosa" como segundo poema emblemático do autor, tratado tamén con especial ternura.