Lingua, Literatura e Teatro Galego: Análise e Evolución
Sociolingüística: Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, unha das linguas (a dominante) vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra (a dominada) e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada chámaselle tamén lingua minorizada e é empregada nos ámbitos socioculturais máis baixos e desprezada nos máis elevados onde está presente a lingua dominante. O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua minoritaria que é só cuantitativo (cantos a usan?). A recuperación e a normalización da lingua requiren a intervención dos diferentes sectores sociais: a acción institucional do poder político, a acción colectiva non institucional e a acción individual, todas imprescindibles e conxuntas. Para conseguir o éxito destas accións, é necesario un proceso de dinamización co obxecto de favorecer comportamentos positivos cara ao idioma, implicando activamente a colectivos e individuos a través de medidas que promovan o uso da lingua e conciencien e sensibilicen os axentes sociais, producindo un cambio de actitude na sociedade.
A Prosa Galega entre 1936 e 1976
En 1951 publícase A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero, a primeira novela en galego publicada na posguerra.
Anxel Fole
Publica en 1953 A lus do candil. Son catorce relatos, escritos coa técnica tradicional do contacontos, de temática baseada na mitoloxía popular de lobos, aparecidos, meigallos… de ambientación rural e lingua dialectal do Courel (relato oral). Tamén publicou Terra Brava, de características parecidas á anterior, e Contos da néboa.
Eduardo Blanco Amor
En 1959 publica A esmorga, obra que supón o inicio da renovación na narrativa galega de posguerra, tanto na temática (protagonismo colectivo das clases populares) como na forma (técnica telefónica). Cibrán relata diante do xuíz as últimas 24 horas de esmorga por Auria en compañía do Bocas e do Milhomes (narrativa moderna). Os Biosbardos son 7 relatos, narrados en 1ª persoa por un neno que cambia en cada conto. Foron escritos co propósito de chegar ao lector común. Tamén escribiu Xente ao lonxe.
Álvaro Cunqueiro
Evádase da realidade, creando mundos fantásticos, inspirados na materia de Bretaña. Merlín e familia, referidos por Felipe de Amancia, paxe que foi do mago Merlín, materia de Bretaña. As Crónicas do Sochantre, a acción decorre na Bretaña francesa e é unha obra con moito humor, unha parodia da novela tremendista. Se o vello Sinbad volvese ás illas, é unha novela de personaxe, Sinbad conta as súas raras aventuras mariñeiras. Obras máis realistas onde relata o mundo rural son Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes.
Xosé Neira Vilas
Realismo crítico, o mundo rural e o mundo da emigración. Memorias dun neno labrego, estrutura sinxela, de orixe autobiográfica. Outras obras son Cartas a Lelo, Aqueles anos de Moncho, Querido Tomás… Técnica sinxela e lingua complexa.
A Nova Narrativa Galega
Rexeitamento da temática costumista e ruralista e defensa da renovación da narrativa.
Características xerais:
- Estrutura non tradicional, o argumento son simples anécdotas.
- Temática: morte e estados patolóxicos e psicolóxicos, loucura, perturbacións sexuais, soidade, dor existencial, violencia, tortura.
- Narrador: multiperspectivismo e monólogo interior.
- Obxectalismo: importancia aos obxectos, os personaxes case desaparecen.
- Espazo: pechado ou moi amplo e impreciso.
- Tempo: anacronías e duración temporal múltiple.
- Personaxes: seres anónimos e complexos.
- Linguaxe: cultismos, préstamos, topónimos curiosos, linguaxe matemática.
- Simbolismo: personaxes como símbolos do ser humano en xeral.
- Intertextualidade.
Autores e Obras:
Xosé Luís Méndez Ferrín (O crepúsculo e as formigas, Arrabaldo do norte, Amor de Artur), María Xosé Queizán (A semellanza, A orella no buraco), G. Rodríguez Mourullo (Nosco unha árbore e Memoria de Tains) e Carlos Casares (Vento ferido, Cambio en tres).
Fonoloxía: Sordas (p, t, c = oclusivas); sonoras (b, d, g = oclusivas); fricativas (f, x, s = xordas); africadas (ch = xorda); nasais (m, n, ñ, nh = sonoras); vibrantes (r, rr = sonoras); laterais (l, ll = sonoras); bilabial (b, m, p); dentais (d, t); labiodental (f); interdental (c, z); alveolares (s, n, l, r, rr); palatais (ch, y, ll, ñ); velares (k, g, j).
O Teatro Galego entre 1936 e 1976
A partir dos anos 50, o teatro galego desenvolveuse, basicamente, en tres liñas:
- A das pezas que seguen os xeitos do teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos antes da guerra.
- A das pezas que continúan as tendencias modernizadoras do teatro de preguerra (simbolismo, expresionismo…).
- A das pezas existencialistas que traducen ao teatro as angurias, problemas filosóficos e pesimismo existencial da corrente poética denominada Escola da Tebra.
Neste panorama, a obra de maior orixinalidade é O incerto señor D. Hamlet, de Álvaro Cunqueiro. É indiscutible a súa calidade e modernidade, tanto pola riqueza da linguaxe dramática como pola revisión que fai do mito, que lle serve ao autor para reflexionar sobre a propia identidade e a existencia.
A partir dos anos 60 prodúcese un rexurdimento das actividades dramáticas en Galicia da man do chamado teatro independente, que desempeñou un importante papel na axitación política antifranquista e pretendía basicamente catro obxectivos:
- Rescatar ao teatro das salas comerciais e achegalo ao público.
- Romper co concepto de compañía estable e apostar pola itinerancia.
- Experimentar con novos métodos e formas de traballo.
- Crebar a diglosia escénica e desenvolver unha dramaturxia galega moderna e comprometida.
En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia, convoca a primeira mostra e o primeiro certame Abrente de teatro galego. Os protagonistas da renovación e consolidación do teatro galego nos anos 70 e comezos dos 80 son unha serie de dramaturgos, actores, directores e promotores de compañías que son coñecidos co nome da Xeración Abrente.
- Impulsaron a profesionalización do sector.
- Crearon un teatro actual e de calidade.
- Incorporaron os logros da dramaturxia europea e revisitaron os clásicos.
- Conseguiron a normalización lingüística no ámbito teatral, impulsando a edición de publicacións.
- Serviron de guía ás xeracións posteriores.