Poesía Galega na Posguerra: Contexto e Xeracións Literarias

Lingua e literatura3,59 KB

Tras a Guerra Civil, nos primeiros momentos da posguerra, reprimiuse o galego na escrita, o que provocou que moitos autores se exiliasen ou escribisen en castelán. Nos anos 40 producíronse sucesos positivos: a publicación de Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, a aparición da colección de poesía Benito Soto, o nacemento de pequenas editoriais como Bibliófilos Galegos, a publicación dun suplemento cultural no diario La Noche e a publicación de revistas como Alba e Mensajes de Poesía. Esta serie de sucesos culminou coa aparición da Editorial Galaxia.

Grupos Poéticos Destacados

Cómpre destacar a irrupción de tres grupos:

A Xeración do 36

Poetas nados entre 1910 e 1920, que foron os discípulos da Xeración Nós e da do 25. Moitos destes autores xa publicaran antes da guerra, mais tiveron o seu auxe nos anos 50.

  • Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros Verdes, Corazón ó vento…
  • Álvaro Cunqueiro: A súa obra desenvolveuse tanto en galego como en castelán. Comezou publicando no período de preguerra (Mar ao norde, Cantiga nova que se chama riveira...) e reanudou a súa actividade na posguerra no ano 50 con Dona do corpo delgado.
  • Celso Emilio Ferreiro: Foi o maior representante desta xeración. Ao longo da súa obra seguiu dúas liñas temáticas: a social-realista e a subxectiva. Pódense destacar algunhas das súas obras: O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao país dos ananos, Cantigas de escarnio e maldicir, Onde o mundo chámase Celanova (que logo corrixiu a Onde o mundo se chama Celanova)…

A Promoción de Enlace

Poetas nados entre 1920 e 1930, autodidactas, que accederon á cultura nun ambiente de penuria. Actuaron de “bisagra” entre a xeración anterior e a seguinte. Cómpre sinalar a figura de Manuel Cuña, iniciador da “Escola de Tebra”. Membros:

  • Antón Tovar: Arredores, Non…
  • Luz Pozo: Códice Calixtino, Prometo a flor de loto…
  • Manuel Cuña: Frauta na noite, Fabulario novo (obra coa que se inaugurou a Escola de Tebra).

A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

Autores nados entre 1930 e 1940. Estiveron estreitamente conectados á Xeración de 1936 e tomaron como modelos á Editorial Galaxia e a Celso Emilio Ferreiro. Levaron a cabo unha ruptura coa tradición literaria galega e achegáronse ao movemento “beat”.

Entre os sucesos da época destacaron: a restauración das Festas Minervais Compostelás, a colaboración no diario La Noche, a creación do grupo Brais Pinto, a creación da colección Illa Nova e a aparición do nacionalismo revolucionario.

  • Manuel María: Terra Chá, A primavera de Venus…
  • Uxío Novoneyra: Os eidos, Do Courel a Compostela…
  • Méndez Ferrín: Foi un dos poetas máis grandes do século XX da literatura galega. Foi o fundador do grupo Brais Pinto e no ano que o fundou publicou o seu primeiro poemario Voce na néboa. As súas seguintes publicacións apareceron co pseudónimo de Heriberto Bens: Poesía enteira de Heriberto Bens, Con pólvora e magnolias (abriu unha nova etapa da literatura galega, significando unha renovación da poesía galega)…

Descargar

PDF Word HTML