Lírica Galega: Tendencias na 2ª Metade do Século XX
Tendencias da Lírica na Segunda Metade do Século XX
A Guerra Civil marca un antes e un despois na historia de todos os países e culturas que integran a España contemporánea. Durante os anos que dura a guerra aparecen algunhas obras en galego. Na primeira posguerra, a literatura autóctona garda un obrigado silencio en Galicia. A creación en 1950 da Editorial Galaxia marca a recuperación da Literatura en galego, o punto culminante dunha serie de sucesos positivos para a nosa lingua:
- Cómaros verdes de Aquilino Iglesia
- Colección de poesía Benito Soto
- Nacemento de pequenas empresas editoriais
- Publicación dun suplemento chamado La Noche
- Publicación de algunhas revistas literarias bilingües, como Alba
Grupos e Tendencias Poéticas
En Galicia, a mingua da produción editorial entre 1936 e 1950 provoca a creación de 3 grupos simultáneos: a Xeración de 1936, a promoción de enlace e a Xeración dos 50 ou das Festas Minervais.
Xeración de 1936
Escritores nados entre 1910 e 1920 e formados no marco da 2ª República. Xa publicaran antes da guerra e un sector deles constituirá o grupo poético desde o exilio.
Aquilino Iglesia Alvariño
- Señardá
- Corazón ó vento
- Cómaros verdes: primeiro título importante da literatura galega de posguerra. Poemas que se afastan dos moldes formais clásicos. A paisaxe é o núcleo temático máis importante da obra, recorre a ela cun afán descritivo e sérvelle de pretexto lírico.
- De día a día
- Lanza de soledá
- Nenías
Álvaro Cunqueiro
Dona do corpo delgado (neotrovadorismo), Herba aquí e acolá.
Os Poetas do Exilio
Emilio Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela.
Celso Emilio Ferreiro
A temática da súa obra ten dous núcleos: o intimismo e a crítica social. Obras:
- O soño sulagado (vanguardista)
- Longa noite de pedra: consagrará a CEF como poeta social e con ela acadará un éxito formidable. A mensaxe que transmite é unha denuncia contra a opresión e o poder. Obra necesaria e imprescindible para comprender a verdadeira concepción da poesía que ten este autor.
- Viaxe ao país dos ananos: Obra satírica que contén o cume da arte de CEF
- Cantigas de escarnio e maldicir: (obra satírica)
- Terra de ningures, Antipoemas, Onde o mundo chámase Celanova