A Cultura Galega na Posguerra e o Exilio (1936-1975)

Lingua e literatura4,12 KB

A Cultura Galega na Posguerra e o Exilio

Cando comeza a Guerra Civil de 1936 iníciase unha forte represión. Todo o esplendor dos anos anteriores quedou reducido ao silencio, e durante os primeiros anos da ditadura son os intelectuais do exilio americano os que manteñen viva a cultura galega creando editoriais e revistas. O galego converteuse nunha lingua inferior, sen un uso público nin formal.

A Recuperación Cultural e o Protoestándar

A recuperación cultural iníciase arredor de 1950, cando se funda a Editorial Galaxia, que será crucial para a revitalización da nosa cultura.

Na década dos 60 xorden os partidos nacionalistas clandestinos e minoritarios. Tamén se crean asociacións culturais que loitan polo noso idioma e cultura, e comeza a haber un recoñecemento:

  • En 1963 celebrouse o Día das Letras Galegas.
  • A aparición de novas editoriais e revistas, moitas delas monolingües en galego, que impulsan a normalización.

Malia isto, o fenómeno da desgaleguización social avanza moi rápido: a xente marcha ás cidades e deixa de falar galego. A pesar disto, o galego segue sendo a lingua maioritaria do país.

No camiño da busca dunha norma culta, dámoslle a este período o nome de protoestándar. Aumenta a conciencia da súa necesidade, e podemos caracterizalo polo desexo de simplificación ortográfica e depuración léxica.

Luís Seoane: Exilio e Compromiso

Naceu en Bos Aires, pero procedía dunha familia de emigrantes. Estivo no Partido Galeguista e estableceuse na Coruña como avogado. Ao comezar a guerra tivo que exiliarse. En 1963 regresou a Galicia e colaborou na organización clandestina galega de esquerdas.

A obra literaria de Seoane ten un gran compromiso ideolóxico nacionalista e marxista, onde se combina a denuncia social coa visión histórica, a vivencia persoal cos dramas colectivos. O volume Obra poética reúne toda a súa produción, que se compón dos seguintes títulos:

  • Fardel de eisilado
  • Na bretema
  • Sant-Iago

Características da Poesía de Seoane

A súa poesía caracterizouse polos seguintes trazos:

  • Estilo realista, ás veces xornalístico.
  • Temática especialmente social, con predominio do tema da emigración.
  • Escaseza de poemas líricos e persoais, onde fala o eu de Seoane.
  • Dominio do verso longo, seminarrativo.

A Obra Teatral de Seoane

Tamén participou no teatro. Destacan dúas obras:

  • A soldadeira: É unha peza de tema histórico social que consta de 3 actos. Ten influencia da peza de Cabanillas e Vilar Ponte. Nela fusiona as referencias do pasado histórico con alusións ao presente galego, dominado pola ditadura.
  • Esquema de farsa: É unha peza curta, de carácter satírico ou esperpéntico, onde se denuncia a falsa visión que ofrecen as autoridades franquistas do que era a vida dos emigrados galegos.

Emilio Pita: Poesía e Diáspora

Emigrou á Arxentina con 12 anos e nese país foi animador de iniciativas culturais e galeguistas. Publicou, entre outros, os poemarios Jacobusland e Serán.

Polos camiños do pobo editouse para un concurso en Bos Aires. A súa obra trata a nostalxia por Galicia e denuncia a opresión franquista.

O Teatro na Diáspora Galega

Nesta época hai dúas propostas teatrais diferentes:

  1. Unha de carácter máis popular, enxebrista e costumista, que pretende evocar a terra lonxincua e manter o sentido e orgullo da colectividade galega.
  2. Outra máis culta, con técnicas, temas e enfoques dramáticos innovadores, que procura dotar as obras de validez universal, formulando conflitos e preocupacións.

Descargar

PDF Word HTML