Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Séculos Escuros: Decadencia e Castelanización do Galego

Lingua e literatura2,56 KB

Os Séculos Escuros da Lingua Galega

Despois do esplendor medieval e tras a separación de Portugal, a lingua galega viviu durante tres séculos unha etapa de depresión e forte marxinación social. Mentres o portugués, o castelán e outras linguas románicas normalizaban os seus usos fronte ao latín, elaborando as primeiras gramáticas, dicionarios, manuais ortográficos e desenvolvendo ricas e variadas literaturas, acadando o uso de idiomas nacionais nos seus respectivos territorios, o galego quedou relegado aos usos orais e familiares, sen participar na escrita nin na vida pública e social.

Esta situación veu dada porque, a partir da segunda metade do século XIV, as guerras de sucesión (primeiro entre Pedro I e o seu irmán Henrique...

Seguir lendo "Séculos Escuros: Decadencia e Castelanización do Galego" »

Vidas Post-it: Unha Sociedade Fragmentada na Era Moderna

Lingua e literatura3,98 KB

A Sociedade Fragmentada de Vidas Post-it

Unha ollada ao mundo actual

A sociedade reflectida en Vidas Post-it é a nosa, a do mundo actual. Un mundo onde a soidade impera, a pesar da multitude. A comunicación, complexa e esquiva, fai que as relacións humanas parezan superficiais e pasaxeiras, como notas adhesivas, pegadas e desbotadas ao antollo.

A rutina e o illamento

A rutina domina as vidas en Vidas Post-it. O traballo, as obrigas, as pantallas, todo contribúe ao afastamento. A xente fala, pero non se escoita. O amor desgástase, e a tristeza, o baleiro, éncheno todo.

Violencia e medo

A violencia e o medo tamén teñen o seu espazo. Maltrato, contextos hostís, vidas sen esperanza nin expectativas de mellora. A sociedade non acubilla, senón...

Seguir lendo "Vidas Post-it: Unha Sociedade Fragmentada na Era Moderna" »

Espertar de Galicia: Lingua, Agrarismo e Vangardas (S. XX)

Lingua e literatura4,85 KB

A Fundación da Academia Galega

A idea de fundar unha Academia da Lingua Galega nace entre os galegos emigrados en Cuba, sendo o litógrafo ferrolán Fontenla Leal o principal animador da idea. Así, fúndase en Cuba, nos primeiros anos do século, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, da que o primeiro presidente na Habana foi Curros Enríquez.

O ano seguinte, en 1906, a idea cobra corpo e fúndase na Coruña a Real Academia Galega, sendo Manuel Murguía o seu presidente.

O Agrarismo: Movementos Agrarios

Nos primeiros quince anos do século XX vaise dar en Galicia un importante acontecemento político-social: o movemento agrario. Os campesiños galegos levaban moitos anos soportando unha chea de presións que se poden resumir...

Seguir lendo "Espertar de Galicia: Lingua, Agrarismo e Vangardas (S. XX)" »

Literatura Galega e Contexto Histórico (Séculos XV-XVIII)

Lingua e literatura2,8 KB

Literatura Popularizante Galega

Contamos cunha serie de textos que, sendo de autor, teñen unha vocación popular. Algúns exemplos:

  • O Pranto da Frouseira

    Anónimo. Romance referido á figura do Mariscal Pardo de Cela, composto no século XVI, que trata de enxalzar momentos heroicos da nosa historia medieval.

  • Os Vilancicos

    No ámbito eclesiástico, debemos darlle especial relevancia á moda dos séculos XVII e XVIII que se produciu nas catedrais galegas, e que se exportou a outras da península e dos territorios conquistados de América. Consistía na recreación á galega do nacemento de Xesús (Galicia identifícase con Galilea; pastores, pobres galegos; o son da gaita no pesebre etc.). Son autoría dos Mestres de Capela das catedrais de Mondoñedo,

...
Seguir lendo "Literatura Galega e Contexto Histórico (Séculos XV-XVIII)" »

A Sociolingüística Galega: Franquismo e Recuperación da Lingua

Lingua e literatura2,87 KB

A Sociolingüística Galega: Franquismo e Resistencia

A ditadura franquista exerceu unha durísima represión contra a lingua e contra os intelectuais galeguistas, derrubando os logros da etapa anterior e creando de novo unha situación de diglosia extrema. O castelán volveu ser a única lingua valorada socialmente e usada nos ámbitos formais; o galego, aínda que seguía a ser a lingua máis falada, quedou completamente desprestixiado e reducido ao uso familiar e informal. Diversos decretos prohibiron o uso do galego e calquera defensa do mesmo converteuse nun acto perigoso.

Ata os anos 50: Represión total

Durante este período, non existiu ningunha actividade cultural en galego, agás no exilio.

Década dos 50: Inicio da recuperación cultural

Na...

Seguir lendo "A Sociolingüística Galega: Franquismo e Recuperación da Lingua" »

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión

Lingua e literatura2,68 KB

1. Introdución

A marxinación histórica do galego explícase polo conflito lingüístico existente en Galicia, onde dúas linguas conviven e compiten por asumir máis funcións e falantes. Esta situación de diglosia, na que o castelán (lingua A) se asocia a usos formais e prestixiosos, mentres que o galego (lingua B) se relega a usos informais e menos prestixiosos, deu lugar a un complexo de inferioridade que provoca o rexeitamento e a infravaloración da lingua propia, xerando prexuízos e estereotipos lingüísticos.

Prexuízo: opinión preconcibida, baseada nunha xeneralización errónea. É un xuízo de valor negativo sobre unha lingua ou os seus falantes, co obxectivo de provocar rexeitamento.

Estereotipo: conxunto de crenzas sobre un...

Seguir lendo "Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión" »

Literatura Galega: Séculos Escuros ao XIX

Lingua e literatura3,76 KB

Poesía de Temas Históricos ou de Circunstancias

Poesía de temas históricos ou de circunstancias - O Pranto da Frouseira (finais do século XV) é un poema de 32 versos no que un poeta pon en boca da propia fortaleza os lamentos pola morte do mariscal Pedro Pardo de Cela e do seu fillo, decapitados na praza maior de Mondoñedo en 1483 por rebelarse contra os Reis Católicos. Conservamos tamén un poema do século XVII referido ao Saqueo de Cangas polos turcos en 1617.

Poesía Académica

Poesía académica - As poucas mostras de literatura culta que conservamos da época teñen escaso valor literario, pero si son importantes desde o punto de vista filolóxico. Son composicións creadas ao estilo da poesía castelá da época.

Poesía Renacentista

Poesía
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Séculos Escuros ao XIX" »

O Galego (1936-1978): Historia, Lingüística e Sociolingüística

Lingua e literatura3,29 KB

O Galego entre 1936 e 1978

Contexto Histórico e Recuperación Cultural

Coa chegada da Guerra Civil, o esforzo do primeiro terzo do século de rehabilitación da lingua quedou destruído. Así, o galego viuse convertido case nunha lingua clandestina de uso familiar e coloquial. Nestes anos, Bos Aires hásese converter na capital cultural da Galicia do exilio. Alí apareceron as editoriais: Galicia, Nova e Citania.

Arredor de 1950, a lingua e a cultura galegas comezaron a dar síntomas de recuperación. En 1947, aparecía o libro de poesía de Aquilino Iglesia Alvariño: Cómaros Verdes. Pero a verdadeira recuperación do uso escrito do galego deuse en 1950, cando un grupo de intelectuais fundou a Editorial Galaxia.

Na década dos 60, detectouse...

Seguir lendo "O Galego (1936-1978): Historia, Lingüística e Sociolingüística" »

Poesía Galega Contemporánea: Xeracións e Autores Destacados

Lingua e literatura3,21 KB

Obras e Temáticas Iniciais

Publica tamén “O soño sulagado”, caracterizado polo intimismo de ton confesional, sobre a propia existencia.

Tras emigrar a Venezuela para coordinar as actividades culturais da “Hermandad Gallega”, nace “Viaxe ao país dos ananos”, que desmitifica a emigración e ataca os dirixentes das comunidades galegas en América.

A mediados dos anos 70, desemboca no concepto de antipoesía con “Antipoemas”, onde escribe contra o imperialismo norteamericano e o capitalismo.

E “Onde o mundo se chama Celanova”, de carácter intimista, destacan os poemas de amor a Moraima e a nostalxia da infancia.

A Promoción de Enlace (1920-1930)

A Promoción de Enlace fórmana poetas nacidos entre 1920 e 1930, autodidactas e...

Seguir lendo "Poesía Galega Contemporánea: Xeracións e Autores Destacados" »

Normativización do galego: fases e evolución

Lingua e literatura3,75 KB

Un proceso fundamental para a normalización e unificación da lingua é o establecemento dunha norma estándar que recolla o modelo de lingua común identificada e aceptada polos falantes como a forma correcta do código lingüístico, asociada a un nivel medio ou culto e ao rexistro formal.

Esta instauración da norma estándar denomínase normativización e consiste en definir un código formal establecendo unha serie de normas fonéticas, gráficas, morfosintácticas e semánticas consideradas como correctas e recollidas en gramáticas e dicionarios. Ademais, este código debe estar adaptado á evolución histórica da lingua, ás relacións con outras das que recibiu préstamos e influencias e aos cambios producidos na evolución da sociedade....

Seguir lendo "Normativización do galego: fases e evolución" »