Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

A narrativa galega a partir dos anos 60: Evolución e autores

Lingua e literatura3,35 KB

A narrativa galega a partir dos anos 60

Os autores deste período caracterízanse pola súa formación universitaria, unha ideoloxía nacionalista e o coñecemento das tendencias da narrativa galega e americana.

Características das obras

  • Narrador: Predominio da 1ª persoa.
  • Protagonista: Personaxe desarraigado.
  • Espazo: Indeterminado e intanxible, con preferencia polo espazo urbano sobre o rural.
  • Tempo: Ruptura entre o tempo do discurso e o tempo do relato.
  • Temas: Angustia e illamento do home.

Autores destacados

Xosé Luís Méndez Ferrín

Referencia fundamental da narrativa galega.

  • Obras: Percival e outras historias (nova narrativa), Retorno a Tagen Ata, No ventre do silencio (contido sociopolítico) e Amor de Artur (literatura fantástica).
  • Temas: Recreación
...
Seguir lendo "A narrativa galega a partir dos anos 60: Evolución e autores" »

A Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores

Lingua e literatura2,74 KB

A Xeración do 36

Grupo de escritores nados entre 1910 e 1920, que viviron a Guerra Civil e reflectiron nas súas obras as repercusións daquel feito. Son escritores de ponte (continuaron tendencias de preguerra ao tempo que transmitiron aos novos poetas o espírito da Xeración Nós).

Destacan:

  • Luís Pimentel: Unha das voces máis ricas deste período.
  • Aquilino Iglesias.
  • Álvaro Cunqueiro: Continúa publicando poemas neotrobadorescos e evoluciona a unha liña propia de reflexión existencial, coa presenza de mitos persoais e do eu lírico.
  • Celso Emilio Ferreiro: Poeta máis destacado. Introduce a poesía social-realista en Galicia cunha liña lírica centrada no antibelicismo, a amizade e a emigración. O libro "Longa noite de pedra", escrito durante
...
Seguir lendo "A Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores" »

O Rexurdimento: Historia e Evolución da Lingua Galega

Lingua e literatura2,34 KB

O Rexurdimento: A lingua galega nos séculos XIX e XX

No século XIX produciuse o Rexurdimento literario da lingua galega. Coa influencia do Romanticismo, xurdiu unha corrente ideolóxica galeguista co obxectivo principal de defender Galicia e a súa lingua.

Cambios administrativos e sociais

En 1833, modificouse a organización do territorio: o Reino de Galicia desapareceu como comunidade administrativa e foi substituído polas provincias actuais. Este proceso afectou tamén ao sistema educativo, iniciándose a substitución do galego polo castelán, sendo a escolarización obrigatoria nesta última lingua.

O galego era a lingua maioritaria empregada polos campesiños, mentres que o castelán era utilizado pola minoría gobernante e a elite social,...

Seguir lendo "O Rexurdimento: Historia e Evolución da Lingua Galega" »

A Normativización do Galego: Etapas, Variedade Estándar e Interferencias

Lingua e literatura2,9 KB

A Historia da Normativización do Galego

Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar contribúe a frear esa dispersión.

A Construción da Variedade Estándar

A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de NORMATIVIZACIÓN LINGÜÍSTICA: a fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.

Contexto Histórico do Proceso Normativizador

O galego perdera o primeiro gran momento de normativizarse: o Renacemento. É por isto que o proceso normativizador se inicia en Galiza no Rexurdimento, a finais do século XIX. O século XX vive plenamente o proceso, aínda que interrompido por certos acontecementos....

Seguir lendo "A Normativización do Galego: Etapas, Variedade Estándar e Interferencias" »

O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos clave

Lingua e literatura2,42 KB

As funcións sociais da lingua

Os individuos viven en sociedade, motivo polo que se ven na necesidade de comunicarse. Esa comunicación faise por medio dunha lingua; por iso se di que a lingua ten unha función social.

Conflito e diglosia

Cando dúas linguas coexisten nun mesmo territorio nun contexto de desequilibrio e tensión entre elas (lingua dominante fronte a lingua minorizada), estamos ante unha situación de conflito lingüístico. Esta situación de desigualdade denomínase diglosia.

A diglosia é a conduta caracterizada por facer un uso desigual de dúas linguas:

  • Lingua A: Acapara todo tipo de funcións: as formais e de máis prestixio (laboral, institucional, cultural e internacional) e as informais.
  • Lingua B: Utilizada só en relacións
...
Seguir lendo "O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos clave" »

O galego de 1936 a 1975: Historia e sociolingüística

Lingua e literatura2,92 KB

O galego de 1936 a 1975: Contexto e características

Debido ao franquismo, todo o asociado ás modernas manifestacións da cultura galega foi destruído. Disolveuse o Partido Galeguista, foi clausurado o Seminario de Estudos Galegos e desapareceu a revista Nós. O réxime franquista levou a cabo un brutal ataque e desprestixio de calquera lingua ou cultura que non fose a castelá. Moitos autores tiveron que exiliarse.

En 1947 publícase Cómaros verdes de Iglesia Alvariño e póñense en marcha a colección Benito Soto de poesía. No ano 1950 morreu Castelao, o máximo referente da acción política nacionalista no exilio.

A Editorial Galaxia e a recuperación cultural

Neste contexto xorde a Editorial Galaxia. Arredor do chamado Grupo Galaxia únese...

Seguir lendo "O galego de 1936 a 1975: Historia e sociolingüística" »

O Teatro Galego: Irmandades, Vanguardas e Xeración Nós (Primeiro Terzo do Século XX)

Lingua e literatura3,1 KB

TEMA 4: O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS.

O teatro é o xénero menos cultivado da literatura galega, por dúas razóns:

  • A exclusión da lingua galega dos espazos públicos cultos.
  • As sucesivas prohibicións de representar en linguas diferentes ao castelán.

A fonte do xuramento (1882) marca o inicio do teatro moderno, de temática rural, dominado polo costumismo. Coas Irmandades da Fala, o teatro deixa de ser un mero divertimento para converterse nunha arma política e reivindicativa. Diversifícase a oferta teatral: teatro histórico, social, cómico e infantil. En 1919, a Irmandade da Coruña crea o Conservatorio Nazonal de Arte Galega, que realizou máis de cen representacións por ano, e organizou as súas...

Seguir lendo "O Teatro Galego: Irmandades, Vanguardas e Xeración Nós (Primeiro Terzo do Século XX)" »

Historia da Lingua Galega: O Galego entre 1900 e 1936

Lingua e literatura3,15 KB

A transición do século XIX ao XX en Galicia

A maioría dos problemas que afectaban a Galicia na segunda metade do século XIX seguiron vixentes nos primeiros anos do XX. O atraso económico e a emigración cara a América continuaron. Porén, prodúcense algúns cambios favorecedores como a desaparición da fidalguía, a consolidación dunha pequena burguesía industrial e financeira, o inicio do desprazamento da poboación do campo cara ás vilas ou cidades e os movementos agrarios.

As Irmandades da Fala (IDF)

A primeira foi fundada na Coruña en 1916, e a esta seguírona outras, ata trinta. O seu órgano de expresión foi o xornal ‘A Nosa Terra’, escrito en galego. As Irmandades da Fala (IDF) foron un movemento político que definiu Galicia...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: O Galego entre 1900 e 1936" »

A Historia, Normalización e Sociolingüística da Lingua Galega

Lingua e literatura5,01 KB

Historia da Lingua Galega: Tres Etapas Clave

Etapa 1: 1900 - Guerra Civil (Fundación e Difusión)

  • 1906: Creación da RAG (Real Academia Galega), foco na pureza e corrección.
  • 1916: Nacemento das Irmandades da Fala, traballo pola dignificación e difusión.
  • 1920: Publicación da Revista Nós (Grupo Nós).
  • 1923: Fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG): Investigación e divulgación.

Características do Galego Enxebrista

Esta corrente caracterízase polo diferencialismo co castelán, o supradialectalismo, o uso de arcaísmos, lusismos, hipergaleguismos e pseudo-evolucións.

Etapa 2: Guerra Civil - 1975 (Resistencia e Recuperación)

Período de predominio do castelán e exilio. Bos Aires convértese en capital cultural.

  • 1944: Fundación en Santiago
...
Seguir lendo "A Historia, Normalización e Sociolingüística da Lingua Galega" »

O galego a finais do século XX: historia e situación

Lingua e literatura24,8 KB

etiketa

O marco legal do galego na democracia

A partir do ano 1978, coa aprobación da Constitución española, o galego acada a cooficialidade co castelán e a protección por parte do Estado. En 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, o cal establece que o galego é a lingua propia de Galicia e recolle o deber de cumprimento da cooficialidade, da promoción do galego e a non discriminación por cuestións lingüísticas.

A Lei de normalización lingüística de 1983

No ano 1983, o Parlamento de Galicia desenvolve a lei que regula o proceso de normalización lingüística do noso idioma: a Lei de normalización lingüística. Esta lei establece:

  • O dereito dos cidadáns ao uso do galego coa administración pública.
  • O nacemento de medios de
...
Seguir lendo "O galego a finais do século XX: historia e situación" »