Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Follas Novas de Rosalía de Castro: análise e temas principais

Lingua e literatura2,31 KB

Follas Novas

O libro estaba listo para ser publicado en 1872, pero non o foi ata 1880. A intención do libro é ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, para introducirse nun romanticismo filosófico de raíz intimista, escéptico respecto á utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. Rosalía chega a interiorizar as penas e sufrimentos alleos. Rosalía presenta a existencia humana na súa diversa problemática.

Estrutura

Segue un proceso no que podemos descubrir as dúas tendencias de Rosalía (intimista e social):

Temática

1. Visión intimista

  • Os sentimentos de soidade ou desamparo son os seus constantes compañeiros. Rosalía vai gañando conciencia de que a existencia é fonte de dor.
  • O amor tamén está condenado
...
Seguir lendo "Follas Novas de Rosalía de Castro: análise e temas principais" »

Eduardo Pondal: Vida, Obra e o Universo Poético

Lingua e literatura2,48 KB

Eduardo Pondal: A súa obra e a comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños marcará a súa obra poética e será a capital do mundo mítico de Pondal. En 1863 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema en galego: "A campana de Anllóns".

En 1867 coñece, por medio de Murguía, os Poemas de Ossián de James Macpherson, suposta recreación duns poemas en lingua gaélica compostos por un bardo escocés do século III chamado Ossián. A partir de aquí, Galicia comezará a ser o eixo da súa poesía e el converterase no bardo do pobo galego. Mantivo contactos cos rexionalistas, que o consideraban o poeta oficial. Na "Cova Céltica", tertulia que se reunía na Coruña, considerábano o Bardo.

Obras principais

  • A campana de Anllóns
  • Rumores
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal: Vida, Obra e o Universo Poético" »

Normalización Lingüística do Galego: Historia, Conceptos e Cronoloxía

Lingua e literatura2,79 KB

O Galego: Normalización e Contexto Sociolingüístico

Diferenzas entre Lingua Minorizada e Lingua Minoritaria

En cada comunidade prodúcese o fenómeno de convivencia de dúas linguas. Adoita acontecer que esa convivencia é desequilibrada: hai linguas fortes ou hexemónicas e unha lingua débil.

  • Lingua Minorizada: É a lingua débil que está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen os seus usos e funcións.
  • Lingua Minoritaria: É a que ten menor número de falantes dentro dunha comunidade.

O termo é igualmente relativo. O galego, por exemplo, é unha lingua maioritaria en Galicia, pero é minoritaria se temos en conta o conxunto do territorio español.

O Proceso de Normalización Lingüística do Galego

Por normalización enténdese...

Seguir lendo "Normalización Lingüística do Galego: Historia, Conceptos e Cronoloxía" »

A evolución e normalización do idioma galego no século XX

Lingua e literatura2,33 KB

A normalización do galego no século XX

No século XX foise consolidando o proceso de normalización do galego, promovido dende certos sectores da sociedade con sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de uso, aínda que, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social.

Etapas na evolución do galego

Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao longo do século XX:

  • Etapa de preguerra (1900-1936)
  • Etapa de posguerra (1936-1975)
  • Anos finais do século XX (1975-2000)

A partir de 1975 iniciouse unha nova etapa a nivel político polo remate da ditadura e a recuperación da organización democrática do Estado. A Constitución de 1978 supuxo un recoñecemento da diversidade cultural e lingüística...

Seguir lendo "A evolución e normalización do idioma galego no século XX" »

Diferenzas entre linguas minorizadas e minoritarias

Lingua e literatura2,31 KB

Linguas minorizadas e minoritarias: o galego

Existen moitas situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas dende o punto de vista político ou xeográfico. Existen linguas cun Estado e sen Estado (as primeiras son as que representan de forma oficial a un país e as segundas son as propias de territorios que non teñen independencia política, como o galego), linguas oficiais en máis dun Estado (inglés, francés), Estados unilingües (Islandia, o Vaticano) ou Estados plurilingües nos que se falan varias linguas, como na China.

Linguas minoritarias

As linguas minoritarias son as linguas que posúen un número reducido de falantes. Unha lingua pode ser minoritaria no conxunto das linguas mundiais, pero iso non determina o seu estatus...

Seguir lendo "Diferenzas entre linguas minorizadas e minoritarias" »

A vangarda na literatura galega: movementos e autores

Lingua e literatura3,22 KB

A vangarda na literatura galega do século XX

O século XX supón para Galiza un cambio importante a nivel literario. Prodúcese un movemento de modernización da literatura galega. No período de entreguerras xorden as vangardas, que pretenden renovar a temática de tódalas artes. O grupo Nós difundiu entre os escritores temas e técnicas das vangardas europeas. Escolas novas (-ismos) renovan a literatura e difúndense mediante manifestos. Aparece o manifesto vangardista ¡Máis alá!, con crítica ao ruralismo, defensa da nosa lingua e un chamamento á mocidade galega a encarar o porvir.

Na vangarda galega hai dúas tendencias: a vangarda plena e a matizada. Obras destacadas: De catro a catro e Proel.

Movementos vangardistas galegos

  • Surrealismo:
...
Seguir lendo "A vangarda na literatura galega: movementos e autores" »

Renacemento do galego e contexto sociolingüístico

Lingua e literatura2,82 KB

A comezos do século XIX recupérase o galego como idioma literario, cultural e histórico, pero á vez patentízase un descenso no nivel de uso oral. A lingua galega non vive unha situación normalizada, e iso provoca un retroceso en medios sociais e en ámbitos xeográficos concretos. O contexto sociopolítico contrasta coa actividade cultural. A sociedade galega dos primeiros anos do século seguía caracterizándose pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda sen modernizar e por unha crecente emigración que ía baleirando o país. Créanse agrupacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan grande resonancia no campesiñado, como foi o caso da Liga Agraria de Acción

...
Seguir lendo "Renacemento do galego e contexto sociolingüístico" »

Normalización Lingüística do Galego e Linguas Minorizadas

Lingua e literatura2,79 KB

Linguas Minorizadas e Minoritarias: Contexto Global

Na maioría dos países do mundo fálase máis dunha lingua, pero non en todos eles se recoñece a cooficialidade das linguas faladas no seu territorio. Un exemplo disto é Francia, país no que só se considera oficial o francés.

Definicións e Xerarquía Lingüística

Dentro do territorio no que se falan varias linguas, sempre hai unha lingua dominante e maioritaria e outra lingua minorizada ou minoritaria.

  • Lingua Maioritaria/Dominante: É a falada por unha ampla maioría e, ademais, está favorecida pola administración.
  • Lingua Minorizada/Minoritaria: Ten menos falantes e atópase en situación de desvantaxe.

É importante notar que ser maioritaria non implica necesariamente que sexa dominante,...

Seguir lendo "Normalización Lingüística do Galego e Linguas Minorizadas" »

A Literatura Galega na Fin do Século XX e Inicios do XXI

Lingua e literatura4,26 KB

A Poesía na Década dos 90 e Inicios do S. XXI

A poesía destes anos caracterízase pola presenza importante de voces femininas que nos falan desde a súa experiencia. Os novos creadores agrúpanse en colectivos poéticos, amplíanse os medios de comunicación, especialmente o musical, restáuranse vellas canles como os recitais, danse a coñecer a través de fanzines, boletíns e follas voandeiras, xorden novas coleccións de comunicación poética, etc.

A Narrativa: Novos Camiños

Coa morte de Franco e coa celebración das primeiras eleccións democráticas, España entra nun novo período da súa historia. A narrativa desta época caracterízase pola procura da profesionalidade literaria do relato breve, especialmente a partir de finais dos...

Seguir lendo "A Literatura Galega na Fin do Século XX e Inicios do XXI" »

Exilio galego — autores, poemas, narrativas e teatro

Lingua e literatura2,79 KB

Literatura galega no exilio

Como consecuencia da diáspora á que se viron abocados moitos intelectuais galegos por mor da represión iniciada no 1936, o centro da actividade literaria galega trasladouse a México e a Bos Aires.

Nesta última cidade os exiliados entraron en contacto cos que emigraran antes da sublevación militar — Blanco Amor, Emilio Pita… — e comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións para establecer deste xeito a continuidade dunha cultura ameazada.

De capital importancia foi o labor levado a cabo por Castelao, que se converteu nun referente da liberdade de Galicia, publicando Os vellos non deben namorarse e Sempre en Galiza.

Poesía (Xeración do 36)

Os autores pertencen á chamada Xeración do 36. Teñen certas...

Seguir lendo "Exilio galego — autores, poemas, narrativas e teatro" »