O galego de 1936 a 1975: Historia e sociolingüística

Lingua e literatura2,92 KB

O galego de 1936 a 1975: Contexto e características

Debido ao franquismo, todo o asociado ás modernas manifestacións da cultura galega foi destruído. Disolveuse o Partido Galeguista, foi clausurado o Seminario de Estudos Galegos e desapareceu a revista Nós. O réxime franquista levou a cabo un brutal ataque e desprestixio de calquera lingua ou cultura que non fose a castelá. Moitos autores tiveron que exiliarse.

En 1947 publícase Cómaros verdes de Iglesia Alvariño e póñense en marcha a colección Benito Soto de poesía. No ano 1950 morreu Castelao, o máximo referente da acción política nacionalista no exilio.

A Editorial Galaxia e a recuperación cultural

Neste contexto xorde a Editorial Galaxia. Arredor do chamado Grupo Galaxia únese unha serie de persoeiros que estaban relacionados co movemento galeguista e a literatura galega como Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, antigos membros do Seminario de Estudos Galegos, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Ramón Cabanillas e Aquilino Iglesia Alvariño.

A Editorial Galaxia centrou os seus esforzos en recuperar para a lingua e a literatura galegas o prestixio cultural polo que xa traballara na preguerra o Grupo Nós. Para isto potenciou o desenvolvemento dun xénero ensaístico. Á parte dos contidos ensaísticos, en Galaxia reeditáronse os clásicos da Xeración Nós.

Desenvolvemento e desgaleguización nos anos 60

Na década de 1960 prodúcese unha recuperación económica no Estado español: é a época do desenvolvemento industrial e da explotación do turismo. En Galicia prodúcese unha lixeira industrialización. A influencia desta industria provocou que moitos galegos deixasen o campo para trasladarse a traballar ás cidades. Fúndanse os partidos de esquerdas: o PSG e o UPG.

No plano cultural hai que destacar a primeira celebración do Día das Letras Galegas en 1963. Na Universidade de Santiago de Compostela creouse a Cátedra de Lingua e Literatura Galega, que ocupou o histórico galeguista Ricardo Carballo Calero.

Factores da desgaleguización da sociedade

A forte represión de todo o que non fose a cultura castelá influíu na desgaleguización da sociedade. Algúns aspectos que hai que ter en conta son:

  • Xeneralízase o ensino público en castelán.
  • Os novos medios de comunicación, como a radio e a televisión, espallan o castelán.
  • A emigración fai que moitos galegos desprazados a zonas de fala castelá abandonen a lingua propia.
  • O uso do galego na Igrexa segue a ser insignificante.

Descargar

PDF Word HTML