Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

Historia e Normativización da Lingua Galega: Fases e Estándares

Lingua e literatura2,83 KB

Historia da Normativización

A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dan nunha lingua histórica, concretamente aquela que se escolle como modelo de lingua común e que é identificada e aceptada polos falantes.

A normativización lingüística consiste na elaboración e selección dunha variedade estándar de lingua que funcione dentro dunha comunidade determinada como modelo de corrección idiomática.

Tarefas no Proceso de Normativización

  • Estandarización: Selección e fixación dunha variedade sincrónica de lingua uniforme que se usará na escrita e nas comunicacións formais.
  • Grafización: Forma escrita correspondente á variedade oral da lingua estándar.
  • Modernización: A lingua actualízase e habilítase para tratar
...
Seguir lendo "Historia e Normativización da Lingua Galega: Fases e Estándares" »

As Irmandades da Fala: Historia, Literatura e Teatro

Lingua e literatura3,05 KB

As Irmandades da Fala: Orixe e obxectivos

As Irmandades da Fala nacen a partir de 1916 en diversas localidades galegas, tendo como obxectivo a dignificación e a expansión dos usos do galego mediante unha serie de iniciativas:

  • A) Animan o cultivo literario do galego mediante a convocatoria de concursos, revistas e xornais, fundando cadros de declamación e representando pezas teatrais.
  • B) Amplían, a través dos seus asociados, os reducidos círculos de lectores cos que contaba o galego ao empezar a centuria.
  • C) Conseguen diversificar e renovar progresivamente os xéneros e propostas literarias, dotándoos dunha maior pluralidade e calidade.
  • D) Verten por vez primeira obras da literatura universal ao galego.

A poesía e o panorama literario a comezos

...
Seguir lendo "As Irmandades da Fala: Historia, Literatura e Teatro" »

A Diglosia e o Conflito Lingüístico en Galicia

Lingua e literatura2,71 KB

 diglosia cando dúas linguas son usadas con valor social diferente-lingua A-destinada as funcions de mais prestixio, -linguaB-usase en relacions cotias e informais (funcion local e familiar ou individual), debido ao asoballamento de Galicia por parte de Castela, o castelan ocupou un status superior-linguaA- e o galego-lingB- viuse renegado ao uso coloquial. ESTO E COMPORTAMENTO DIGLOSICO.  consecuencias -restrincion do galego por presion do castelan, enprego deste nas funcions de prestixio da lingua(nivel xuridico, igrexa...) -aumento dos prexuizos linguisticos galego relacionado coa falta de culuta -interferencias entre as linguas a nivel léxico.  RELACION entre linguas inestable unha delas sempre ocupara espazos que non lle corresponde....

Seguir lendo "A Diglosia e o Conflito Lingüístico en Galicia" »

Estandarización do Galego: Historia, Normativa e Criterios

Lingua e literatura2,48 KB

Elaboración do estándar: perspectiva histórica

A normativización é custosa. O primeiro paso a realizar é a fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade estándar e a elaboración de dicionarios e gramáticas.

No galego, dicionarios e gramáticas aparecen a partir de 1860, pero non é ata o século XX cando comezan a haber propostas de normas comúns. Un claro exemplo é Algunhas Normas pra a Unificación do Idioma Galego, publicado en 1933 polo Seminario de Estudos Galegos, coa posterior publicación de Engádega ás Normas pra a unificación do Idioma Galego (1936).

Máis tarde, nos anos 70, a RAG (Real Academia Galega) sacou á luz os seus primeiros resultados no proceso de estandarización: Normas ortográficas do idioma galego...

Seguir lendo "Estandarización do Galego: Historia, Normativa e Criterios" »

Historia e evolución da dramática galega (1900-1936)

Lingua e literatura3,3 KB

O teatro galego no inicio do século XX

No inicio do século XX, o teatro segue a ser o xénero menos desenvolvido. Ao longo das tres primeiras décadas prodúcese un progresivo desenvolvemento coa creación do Conservatorio Nacional da Arte Galega, aínda que as perspectivas víronse cortadas pola Guerra Civil.

A dramática rexionalista

A produción teatral do século XIX e comezos do XX, denominada dramática rexionalista, ía dirixida a un público formado polas clases populares. Coa creación da Escola Rexional de Declamación xorden dramas nos que se denuncia o caciquismo, se satirizan certos tipos sociais ou nos que se reivindica a necesidade de galeguizar a sociedade. Neste ámbito destaca no teatro en prosa Manuel Lugrís Freire. Entre...

Seguir lendo "Historia e evolución da dramática galega (1900-1936)" »

Poesía Galega de Posguerra: 1936-1975

Lingua e literatura5,14 KB

Poesía de Posguerra (1936-1975)

Tras a Guerra Civil Española (1936-1939) comeza a ditadura franquista, época de represión social e ideolóxica. Esta represión facía que culturas como a galega e a catalá fosen perseguidas. Asasinaron algúns importantes galeguistas como Alexandre Bóveda, censuraron obras como A Esmorga e Sempre en Galiza. A partir de 1947 suavizouse esta represión e saíron á luz obras como Cómaros verdes, e creouse a editorial Galaxia. A partir da morte de Franco, os homes da Xeración Nós fomentaron a cultura nos anos 60 e comezaron a xurdir os partidos políticos de esquerdas, como a UPG, pero na clandestinidade.

A Poesía entre 1936 e 1975

A poesía, en certa maneira, foi un xénero privilexiado, xa que se publicaron...

Seguir lendo "Poesía Galega de Posguerra: 1936-1975" »

A Evolución do Galego: Século XIX, Guerra Civil e Lexislación Actual

Lingua e literatura6,34 KB

O Século XIX: O Rexurdimento Literario

No século XIX produciuse o rexurdimento literario do galego. As ideas do Romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista cos obxectivos fundamentais da defensa de Galicia e da súa lingua.

Contexto Político e Lexislativo

  • A guerra contra os franceses propiciou o uso do galego en impresos propagandísticos, como o folletoProezas de Galicia (1810) de Fernández Neira. O uso do galego esténdese a temas políticos do momento, esixindo o emprego da lingua dos seus destinatarios.
  • As estruturas do Antigo Réxime foron substituídas polo aparato administrativo dun estado liberal. As ideas liberais plasmáronse na Constitución de Cádiz.
  • O cambio político trouxo as ideas da Revolución
...
Seguir lendo "A Evolución do Galego: Século XIX, Guerra Civil e Lexislación Actual" »

Cantigas de amor: caracterización e clasificación

Lingua e literatura3,24 KB

Cantigas de amor: caracterización temática

Cantigas de amor. Caracterización temática. A voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado. As características principais son as seguintes:

  • A primeira e esencial característica das cantigas de amor é que nelas a voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado.
  • Protagonismo da dama. A dama nunca se perfila como alguén real, senón máis ben como un ser abstracto do que apenas coñecemos que é sempre fermosa, tanto no tocante ao aspecto físico como no que atinxe ao espiritual.
  • Actitude do namorado. O namorado non pode mostrar máis que absoluta submisión cara á súa amada. Trátase
...
Seguir lendo "Cantigas de amor: caracterización e clasificación" »

A Lírica Galego-Portuguesa: Cantigas de Amor e Amigo

Lingua e literatura5,96 KB

A Lírica Medieval Galego-Portuguesa

A lírica galego-portuguesa é un conxunto de composicións poéticas escritas en galego-portugués entre finais do século XII e mediados do XIV. O nacemento desta literatura prodúcese baixo unhas condicións de prosperidade social e económica.

As primeiras composicións, as cantigas de amigo, teñen un carácter autóctono, xa que conteñen elementos de tipo popular e tradicional. Mais os nosos trobadores logo van entrar en contacto cos seus colegas provenzais a través do Camiño de Santiago ou das cortes de León e Castela. As súas composicións tingaranse do influxo ultrapirenaico.

Dentro da lírica galego-portuguesa pódese establecer unha primeira clasificación en lírica profana e lírica relixiosa....

Seguir lendo "A Lírica Galego-Portuguesa: Cantigas de Amor e Amigo" »

A Prosa Galega: Das Irmandades ao Grupo Nós e os seus Autores

Lingua e literatura3,15 KB

A Prosa das Irmandades da Fala (1916)

En 1916, a prosa galega experimentou grandes avances grazas ás Irmandades da Fala:

  • Aparición do ensaio en galego: Destacan autores como Antón Vilar Ponte e Luís Porteiro Garea.
  • Desenvolvemento da prensa en galego: Exemplos son A Nosa Terra, que tivo como director a Vilar Ponte, e a Revista Nós e Terra a Nosa (suplemento do xornal coruñés El Noroeste).
  • Colección de novela curta: Destacaron as editoriais Céltiga e Lar.

O Grupo Nós e a Modernización da Prosa Galega

Nos primeiros anos do século XX, xorde un grupo de escritores que contribuíron significativamente ao progreso da nosa literatura: o Grupo Nós. Este grupo supuxo a consolidación e modernización da prosa galega.

Os seus membros máis destacados...

Seguir lendo "A Prosa Galega: Das Irmandades ao Grupo Nós e os seus Autores" »