A Literatura Galega no Século XX: Das Irmandades á Posguerra
A renovación literaria no século XX
A principios do século XX, a calidade dos textos poéticos era inferior á dos do Rexurdimento. No 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, co obxectivo de expandir e dignificar o noso idioma. Para iso, botaron man da creación de editoriais como Lar e Céltiga, a tradución de obras universais e a diversificación dos xéneros literarios.
Os autores desta asociación intentaron superar a dexeneración estética que se estaba a dar na poesía do momento, caracterizada pola imitación dos tópicos e liñas temáticas do Rexurdimento (costumismo, reivindicación social e anticaciquil). Pretendían diversificar e renovar a poesía combinando a innovación das correntes europeas cos elementos tradicionais....