A Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores
A Xeración do 36
Grupo de escritores nados entre 1910 e 1920, que viviron a Guerra Civil e reflectiron nas súas obras as repercusións daquel feito. Son escritores de ponte (continuaron tendencias de preguerra ao tempo que transmitiron aos novos poetas o espírito da Xeración Nós).
Destacan:
- Luís Pimentel: Unha das voces máis ricas deste período.
- Aquilino Iglesias.
- Álvaro Cunqueiro: Continúa publicando poemas neotrobadorescos e evoluciona a unha liña propia de reflexión existencial, coa presenza de mitos persoais e do eu lírico.
- Celso Emilio Ferreiro: Poeta máis destacado. Introduce a poesía social-realista en Galicia cunha liña lírica centrada no antibelicismo, a amizade e a emigración. O libro "Longa noite de pedra", escrito durante a súa estadía no cárcere, consolídao como poeta de sona. Tamén son coñecidos os seus poemas satíricos, nos que denuncia a mesquindade humana.
Promoción de Enlace
Escritores nados na década dos 20, que non chegan a formar un grupo compacto.
Principais influencias poéticas: As obras dos poetas da Xeración Nós, da Xeración do 36 e mais a poesía da Xeración castelá do 27. Case todos eles incorporáronse tarde á poesía en galego e publicaron nas dúas linguas.
Característica común: Un ton intimista. Na súa poesía aprécianse as notas de pesimismo e desacougo que caracterizan a posguerra europea e, en ocasións, anuncian xa algunhas características da Xeración das Festas Minervais.
Destacan: Luz Pozo Garza e Manuel Cuña.
Xeración das Festas Minervais (ou dos 50)
Foi a primeira xeración literaria de posguerra que non viviu a Guerra Civil. Nados entre 1930 e 1940 aproximadamente.
Características principais:
- Visión europea: Viron en Europa todo o que faltaba aquí (liberdade de expresión, nivel de vida alto, etc.).
- Lingua: Todos monolingües en galego, integrados dentro do proxecto Galaxia.
- Compromiso: Continúan co galeguismo, cun compromiso coa lingua e, nalgúns casos, coa política, militando en grupos nacionalistas e marxistas.
- Orixe do nome: Pola súa participación nas Festas Minervais compostelás (certames poéticos).
Temática:
Comparten co movemento existencialista, caracterizado polo pesimismo, a anguria e o tenebrismo.
Destacan: Manuel María, Uxío Novoneyra, X.L. Méndez Ferrín e Antón Avilés de Taramancos.