O Teatro Galego: Irmandades, Vanguardas e Xeración Nós (Primeiro Terzo do Século XX)
TEMA 4: O TEATRO DO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS.
O teatro é o xénero menos cultivado da literatura galega, por dúas razóns:
- A exclusión da lingua galega dos espazos públicos cultos.
- As sucesivas prohibicións de representar en linguas diferentes ao castelán.
A fonte do xuramento (1882) marca o inicio do teatro moderno, de temática rural, dominado polo costumismo. Coas Irmandades da Fala, o teatro deixa de ser un mero divertimento para converterse nunha arma política e reivindicativa. Diversifícase a oferta teatral: teatro histórico, social, cómico e infantil. En 1919, a Irmandade da Coruña crea o Conservatorio Nazonal de Arte Galega, que realizou máis de cen representacións por ano, e organizou as súas “agrupacións artísticas”.
Os autores máis interesantes son:
- Cabanillas: A man de Santiña (1921), no debut do Conservatorio, é unha comedia en prosa. En 1926 publicou O Mariscal, drama histórico en verso que nos presenta o mariscal Pedro Pardo de Cela.
- Armando Cotarelo Valledor: Hostia (1926).
- Quintanilla
A XERACIÓN NÓS:
Deulle un pulo ao teatro galego desde o punto de vista literario, facéndoo participar tamén das correntes europeas. Con eles aparecen os primeiros elementos simbolistas e surrealistas. A partir de agora, non só van falar galego labregos e caciques, senón tamén fidalgos e princesas. Innovacións:
- Desvincúlase o teatro da fundación propagandística.
- Depúranse elementos costumistas e realistas en favor dos poéticos e simbólicos.
- Incorpóranse tendencias da dramaturxia europea.
Autores da Xeración Nós:
- Vicente Risco: Escribiu unha única peza teatral, O bufón de El Rei, drama simbolista que relaciona deformidade física e moral.
- Otero Pedrayo: Escribiu A lagarada (1928) e Teatro de Máscaras. As súas obras teatrais son máis apropiadas para a lectura que para a representación escénica. Non ten o obxectivo de presentar acontecementos, senón, máis ben, de recrear ambientes. A lagarada é unha traxedia rural de fondo dionisíaco, onde se evoca o poder demoníaco do viño. Como contrapunto poético, introduce varias escenas líricas de carácter fantástico. Teatro de máscaras contén 16 pezas a xeito de guións.
- Castelao: Os vellos non deben de namorarse (1941), representada por primeira vez no exilio de Bos Aires. O vello que sae malparado polas súas veleidades amorosas cunha moza. Como características desta obra, Castelao mesturou texto e plástica. Buscaba a aparencia de naturalidade nas súas obras.
- Dieste: A fiestra baldeira (1927) é unha comedia simbólica sobre a identidade. Un mariñeiro volve rico da emigración e encarga un retrato diante dunha ventá. Símbolo da anulación da identidade individual e colectiva.