Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Historia e Normativización da Lingua Galega no Século XX

Lingua e literatura6,26 KB

Durante o século XX avanza a recuperación cultural iniciada no XIX e o galego comeza a usarse en ámbitos dos que desaparecera ou nunca estivera presente (narrativa, ensaio, discurso político, correspondencia privada...) ata chegar ao recoñecemento oficial na democracia, pero á vez descende preocupantemente o seu uso como medio de comunicación social. Se nos centramos no primeiro terzo deste século, hai que destacar a creación das Irmandades da Fala no ano 1916, ligadas ao nacemento do nacionalismo, e que teñen como finalidade a utilización exclusiva do galego en todo tipo de actos e escritos, así como impulsar a narrativa (sobre todo breve) e o teatro. A Xeración Nós estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será...

Seguir lendo "Historia e Normativización da Lingua Galega no Século XX" »

Historia da Literatura Galega: dos Séculos Escuros á Ilustración

Lingua e literatura6,31 KB

Que son as Festas Minervais?

As Festas Minervais teñen a súa orixe en Roma e son concursos poéticos onde se lles daba unha coroa de loureiro aos vencedores. Estas festas viñan celebrándose na Universidade de Santiago desde 1535. Consistían en diversos actos académicos e literarios en honra ao arcebispo Alonso de Fonseca, fundador do colexio do mesmo nome. Os organizadores do certame en 1697 acordaron editar os poemas do concurso daquel ano e, grazas a iso, conservamos hoxe nove composicións. Os romances non teñen un excesivo valor poético. Estas festas recupéranse máis adiante no século XX en Santiago, na década dos 50. Autores como Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra ou Manuel María, entre outros, pertencen á xeración Alexandrina...

Seguir lendo "Historia da Literatura Galega: dos Séculos Escuros á Ilustración" »

Funcións da Lingua, Diglosia e Normalización do Galego

Lingua e literatura3,2 KB

As funcións da lingua, conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Función de identidade: articulación do pensamento no individuo

Función familiar: relacionarse con membros dunha familia

Función laboral: comunicación no mundo do traballo

Función local: posibilita os contactos entre individuos do mesmo contorno

Función institucional: comunicacións entre cidadáns e institucións

Función cultural: serve como medio para expresar os saberes da cultura en xeral

Función internacional: relacionar individuos de distintas nacionalidades

Diglosia e conflito lingüístico

Diglosia: uso regulado de dúas linguas no seo dunha comunidade. Tipos:

D. funcional: cando unha das linguas serve para funcións distintas

D. abstracción: cando o...

Seguir lendo "Funcións da Lingua, Diglosia e Normalización do Galego" »

Formas do discurso, exposición e xornalismo en Galicia

Lingua e literatura12,63 KB

1. Narración, descrición e diálogo

As formas do discurso

Distínguense cinco formas do discurso:

  • Narración: Serve para contar a evolución duns feitos reais ou imaxinarios que lles ocorren a uns personaxes nun lugar e nun tempo determinados.
  • Descrición: Emprégase para indicar detalladamente como son as persoas, os lugares, os obxectos ou os sentimentos.
  • Diálogo: Emprégase cando se intercambia información entre un ou máis interlocutores.
  • Exposición: Ten unha finalidade informativa e serve para explicar un tema de forma ordenada e obxectiva.
  • Argumentación: Utilízase cando se quere defender unha opinión ou influír no receptor para que pense ou actúe de acordo coas intencións do emisor.

A narración

Narrar consiste en contar feitos reais...

Seguir lendo "Formas do discurso, exposición e xornalismo en Galicia" »

Historia da Lingua Galega: Do Rexurdimento á Normalización

Lingua e literatura5,34 KB

Aínda así, houbo algúns estudosos como o Padre Sarmiento, o Padre Feijoo e o Cura de Fruíme, que iniciaron a defensa do galego.

A Defensa da Lingua Galega: Unha Traxectoria Histórica

O Rexurdimento Galego: Século XIX

No século XIX produciuse o Rexurdimento do galego como lingua literaria. Este novo renacer iniciouse coa Guerra de Independencia (1808-1814) e tería como continuación os traballos literarios de diversos autores que se comprometeron coa defensa da lingua e cultura de Galicia. Un dos momentos máis importantes foi a publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en 1863.

Neste período fixéronse as primeiras gramáticas (Saco e Arce) e os primeiros dicionarios (Valladares) do galego; escribiuse tamén a primeira novela,...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Do Rexurdimento á Normalización" »

Conflito Lingüístico e Prexuízos en Galiza: Análise e Reflexión

Lingua e literatura6,59 KB

Conflito Lingüístico en Galiza

En xeral, enténdese por conflito lingüístico a disputa entre dúas linguas por desempeñar todas as funcións posibles nun mesmo territorio. Este é unha situación provocada polo contacto de linguas nun mesmo espazo xeográfico. Para analizar o conflito entre dúas linguas, temos que reflexionar antes sobre os motivos históricos de que nese territorio existan dúas ou máis linguas.

Causas do Conflito Lingüístico

As causas máis comúns de que nun territorio coexistan varias linguas son tres:

  • Os procesos de expansión e de unificación política.
  • A presión cultural e económica.
  • Os movementos migratorios.

Destas tres causas, a máis importante e frecuente é a primeira. Moi a miúdo, os procesos de expansión...

Seguir lendo "Conflito Lingüístico e Prexuízos en Galiza: Análise e Reflexión" »

Literatura Galega: Do Exilio (1936-1976) á Poesía Contemporánea (S. XX-XXI)

Lingua e literatura7,16 KB

Literatura Galega (1936-1976): O Exilio

Por mor da represión iniciada no 36, o centro de actividade literaria galega trasladouse a México e Bos Aires. Nesta última cidade, os exiliados entraron en contacto cos que emigraran antes da sublevación militar e comezaron a impulsar revistas e libros para establecer a continuidade dunha cultura ameazada.

Contexto e figuras principais

Castelao converteuse en guieiro da liberdade de Galicia. Deste período son as súas obras Os vellos non deben de namorarse e Sempre en Galicia.

A Poesía

Emilio Pita

A súa primeira publicación no exilio foi o poemario Jacobusland, que pon de relevo a traxedia da Guerra Civil en Galicia. Tamén publicou:

  • Cantigas de nenas
  • O ronsel verdegal

Na súa poesía alíanse a musicalidade...

Seguir lendo "Literatura Galega: Do Exilio (1936-1976) á Poesía Contemporánea (S. XX-XXI)" »

Normativización da lingua galega: construción da variedade estándar

Lingua e literatura3,52 KB

Normativización: a construción da variedade estándar

O proceso de normativización

O proceso de normativización dunha lingua está estreitamente relacionado co da súa normalización, de xeito que ambos se implican mutuamente, englobándose baixo a denominación común de planificación lingüística. Para que estes obxectivos se acaden resulta imprescindible intervir tamén na estrutura interna da lingua. Trátase de intervir sobre a súa situación social.

A normativización é un proceso longo e laborioso, no que xorden polémicas. Os primeiros pasos son a fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade estándar e a elaboración de dicionarios e gramáticas. No caso do galego, comezan a aparecer no 1860. Pero ata o século XX non...

Seguir lendo "Normativización da lingua galega: construción da variedade estándar" »

Renovación da Narrativa Galega nos Anos 50

Lingua e literatura3,16 KB

A Nova Narrativa Galega

Nos primeiros anos 50 do século XX prodúcese unha importante renovación na nosa narrativa debido á incorporación dun grupo de escritores moi novos que pretenden superar os modelos existentes ata ese momento e introducir novos temas e técnicas propias dos máis innovadores.

Os autores que a compoñen participan dalgunhas características comúns e propóñense uns mesmos obxectivos:

  • Renovación da narrativa galega: tentan superar os modelos establecidos pola Xeración Nós e por individualidades como Cunqueiro e Blanco Amor.
  • Mantemento dunha actividade cultural e política galeguistas: participan en actividades culturais comúns, difunden o seu pensamento de carácter existencialista e marxista, e participan decisivamente
...
Seguir lendo "Renovación da Narrativa Galega nos Anos 50" »

Unha Historia de Segredos, Amor e Destino en Galicia

Lingua e literatura2,49 KB

O Inicio da Historia

A Orfandade e as Novas Vidas

Co paso do tempo, Coitán e Inés morren cando os nenos teñen a idade de 12 anos. Salvio, padriño de Hermelio, decide adoptar ao seu afillado e levalo para Madrid, mentres que Maxina queda ao cargo do Marqués de Tria-Castela, amigo íntimo de Salvio. Maxina e Hermelio xa tiñan conciencia de que eles dous non eran exactamente irmáns, e os dous pequenos vanse para Madrid, cada un co seu respectivo pai adoptivo.

Desenvolvemento: Segredos e Revelacións

O Pasado do Marqués e a Peregrinación

O tempo pasa e ao Marqués de Tria-Castela mórrelle un fillo domiciliado en París. Este sofre graves depresións e decátase de que o seu fillo violara nunha festa de carautas a unha moza relacionada cos...

Seguir lendo "Unha Historia de Segredos, Amor e Destino en Galicia" »