Renovación da Narrativa Galega nos Anos 50
A Nova Narrativa Galega
Nos primeiros anos 50 do século XX prodúcese unha importante renovación na nosa narrativa debido á incorporación dun grupo de escritores moi novos que pretenden superar os modelos existentes ata ese momento e introducir novos temas e técnicas propias dos máis innovadores.
Os autores que a compoñen participan dalgunhas características comúns e propóñense uns mesmos obxectivos:
- Renovación da narrativa galega: tentan superar os modelos establecidos pola Xeración Nós e por individualidades como Cunqueiro e Blanco Amor.
- Mantemento dunha actividade cultural e política galeguistas: participan en actividades culturais comúns, difunden o seu pensamento de carácter existencialista e marxista, e participan decisivamente na aparición do nacionalismo galego de esquerdas.
- Total compromiso coa lingua galega: manteñen unha práctica monolingüe en galego.
Características Xerais
A Nova Narrativa presenta algúns trazos caracterizadores:
- Expresión do absurdo da existencia nun mundo sen sentido a través da inadaptación dos personaxes ao medio.
- Intimismo e introspección.
- Recorrencia a un mundo simbólico.
- Obxectalismo.
Punto de Vista e Narrador
- Multiperspectivismo.
- Predominio do monólogo interior.
Espazo e Tempo
- Ambientes urbanos, claustrofóbicos e sórdidos.
- Xustaposición de planos temporais.
Personaxes
- Personaxes desprovistos de caracterización psicolóxica, violentos e agresivos, a miúdo inmersos en estados patolóxicos.
Autores e Obras
Pódense adscribir a este movemento:
María Xosé Queizán (Vigo, 1939)
É unha figura destacada do feminismo galego. Entre as súas obras destacan:
- A orella no buraco (1965).
- Amantia (1984).
- O segredo da Pedra Figueira (1985).
Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1931)
Gran defensora dos dereitos da muller. Ten unha única novela titulada:
- Adiós, María (1971).
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)
A súa produción literaria abrangue todos os xéneros. A infancia e adolescencia deste autor están ligadas a Ourense, Vilanova dos Infantes e Pontevedra, cidade na que se achegará ao galeguismo.
Contribuíu á Nova Narrativa Galega con:
- Percival e outras historias (1958).
- O Crepúsculo e as formigas (1961).
- Arrabaldo do Norte (1964).
Gonzalo Rodríguez Mourullo (Calo, Teo, 1935)
A súa obra literaria consta de:
- Nasce un árbore (1954).
- Memorias de Tains (1956).
Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002)
Contribuíu colaborando na prensa, en actos culturais e en diversas fundacións. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Na Nova Narrativa só se poden encadrar dúas obras:
- Vento ferido (1967).
- Cambio en tres (1969).