Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas

Lingua e literatura4,12 KB

Galicia a comezos do século XX

Cambios sociais, culturais e políticos

Galicia, a comezos do século XX, experimentou profundos cambios sociais: a caída da fidalguía, o ascenso da burguesía, o éxodo do rural á cidade e a aparición do proletariado. Estes cambios sociais viñeron acompañados de importantes cambios culturais e políticos, como a creación das Irmandades da Fala (1916), o Grupo Nós (1920), o Seminario de Estudos Galegos (1923) e a fundación do Partido Galeguista (1931).

Agrarismo (1907-1923)

O agrarismo foi un movemento reivindicativo que estimulou a conciencia política do campesiñado galego, organizándoo en sociedades que se manifestaban a través da prensa, dos mitins e das concentracións agraristas. Un exemplo destacado...

Seguir lendo "Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas" »

Literatura galega: historia, etapas e autores

Lingua e literatura3,54 KB

A literatura galega na historia: etapas

A Idade Media

Cronoloxicamente, pódese facer unha división en dous grandes períodos:

  1. Etapa trobadoresca (1196-1354): Abarca máis de 150 anos e subdivídese en:
    • Período inicial, ata 1230.
    • Período afonsino (1230-1280), influído polo reinado de Afonso X, rei de Galicia, León e Castela.
    • Período dionisíaco (1280-1325), caracterizado pola influencia de don Dinís, rei de Portugal.
    • Período posdionisíaco (1325-1354).
  2. Etapa de Decadencia (1354-1465): Nesta última etapa enmárcase a chamada escola galego-castelá, na que se inclúen os trobadores que empregan o galego ou castelán indistintamente, presentes en diferentes cancioneiros, sobre todo no Cancioneiro de Baena.

Séculos Escuros

Este período abrangue...

Seguir lendo "Literatura galega: historia, etapas e autores" »

Bilingüismo, Diglosia e Linguas Minorizadas: Conceptos

Lingua e literatura2,95 KB

Bilingüismo e Diglosia

Na maior parte das sociedades vívese unha situación de contacto entre linguas e xorden estes dous conceptos.

Tipos de Bilingüismo

  • Individual: capacidade dunha persoa para dominar dúas linguas. Neste tipo de bilingüismo cabe distinguir entre:
    • Activo: que supón a comprensión e expresión das dúas linguas.
    • Pasivo: que comprenden as dúas linguas pero só se poden expresar nunha.
  • Territorial: situación na que existen dous territorios unilingües dentro dun mesmo Estado.
  • Social: situación de contacto entre dúas linguas na que hai unha lingua propia e outra aprendida ou imposta por unha sociedade diferente. Isto xera tensións e por iso se fala de conflito e diglosia.

A diglosia é unha situación na que unha lingua A e...

Seguir lendo "Bilingüismo, Diglosia e Linguas Minorizadas: Conceptos" »

Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea

Lingua e literatura4,41 KB

Cartas de Toño a Lelo

Toño consegue o enderezo de Lelo, porque deulle outro neno que tamén lle escribe cartas. Entón escribe a primeira carta e recórdalle quen é (teña que axudarse do seu alcume, Peilao, aínda que non lle guste moito) e mostra o seu entusiasmo por comunicarse por cartas.

As primeiras cartas

Despois da primeira carta, Toño comeza a contarlle todo tipo de lerios a Lelo.

Conta o neno dende a aldea que dende hai pouco teñen unha cóbrega na casa. Encontrárona entre os toxos o seu pai e el; a meteron nunha botella con augardente e aí quedou a serpe.

Lelo pregúntalle polo río, que a cotío trae novas. Toño recorda a vez que afincaran a Lelo ó río. Tamén engade que o Marxado tivo a idea de se tirar dende as pólas dun...

Seguir lendo "Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea" »

Curros Enríquez: Poeta Galego, Rebelde e Social

Lingua e literatura2,78 KB

Curros Enríquez: Poesía Social e Rebelde

Vida e Obra

Curros Enríquez gozou dunha gran popularidade, configurándose como o rebelde por antonomasia. O seu inconformismo, a súa forte personalidade e as súas firmes conviccións, sempre comprometidas con ideas progresistas, convérteno nun referente da literatura cívica e socialrealista. Convencido de que a luz e o progreso son compañeiros inseparables da liberdade, a súa obra reflicte a súa loita por unha sociedade máis xusta.

Lonxe das ideas tradicionalistas, Curros simpatizaba cos ambientes liberais. Iniciouse como columnista en xornais da capital española mentres compoñía as súas primeiras obras. A súa amizade con Francisco Añón foi fundamental na súa vida. A condena inicial...

Seguir lendo "Curros Enríquez: Poeta Galego, Rebelde e Social" »

A Poesía Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Lingua e literatura3,77 KB

A Poesía de Fins do Século XX e Comezos do XXI

A morte de Franco en 1975 e a chegada da democracia traen consigo unha serie de cambios lexislativos que supoñen o establecemento de estruturas administrativas propias e a defensa dos dereitos e liberdades fundamentais, ademais de afectar tamén á nosa lingua. Tres foron os textos fundamentais: a Constitución (1978), o Estatuto de Autonomía (1981) e a Lei de Normalización Lingüística (1983). Ademais, prodúcense nesta etapa importantes transformacións sociais, propiciadas pola nosa integración na UE, como as melloras alimentarias e sanitarias, que provocan o estancamento e envellecemento da poboación, e o desenvolvemento económico, que fai que diminúa o impacto da emigración e apareza...

Seguir lendo "A Poesía Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI" »

Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega

Lingua e literatura2,65 KB

Bernardino Graña

Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo. O seu primeiro libro, Poemas do home que quixo vivir (1959), publicouno durante a súa estadía en Madrid. Licenciouse en Filoloxía Románica e exerceu a docencia dentro e fóra de Galicia. Logo regresou a Cangas, onde vive na actualidade. Tamén escribiu teatro e narrativa, a maioría parte dentro da literatura infantil, pero foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal. Os poemas Profecía do mar e Non vexo Vigo nin Cangas valéronlle o apelativo de "poeta do mar", pois o tema central deles é o mar e a vida mariñeira. Despois publicou Seo noso amor, Os peixes de sar arriba andasen, Himno verde, Luz de novembro... A súa poesía distínguese pola exaltación da vida

...

Seguir lendo "Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega" »

Diversidade Lingüística: Familias, Estados e Minorización

Lingua e literatura3,14 KB

A diversidade lingüística no mundo

No mundo fálanse entre catro mil e sete mil linguas, e hai menos de douscentos estados, o que leva a afirmar que a maioría son plurilingües, polo que as fronteiras lingüísticas non se corresponden coas políticas ou administrativas. A maior densidade atopámola en Papúa Nova Guinea, con setecentas linguas nunha extensión menor á da Península Ibérica. As linguas de comunicación internacional, chamadas francas, e o inglés por excelencia, son linguas internacionais. Coa consecuencia de escoller unha lingua en concreto para ser franca, fixéronse varios intentos de linguas artificiais, como por exemplo o esperanto. Os chamados pidgins son debidos á fusión das características de diferentes linguas...

Seguir lendo "Diversidade Lingüística: Familias, Estados e Minorización" »

A Cultura e Lingua Galega na Posguerra: Recuperación e Resistencia

Lingua e literatura2,49 KB

A Posguerra en Galicia: Lingua e Cultura

O castelán será o único vehículo de comunicación real e oficial para a Igrexa, a Administración, a escola e os medios de comunicación. Porén, o galego segue sendo o idioma máis falado en Galicia.

Bos Aires converteuse na capital da cultura da Galicia do exilio. Aparecen as editoriais Galicia, Nova e Citania. Teñen lugar actos impensables en Galicia: conferencias en galego, emisións radiofónicas, publicacións periódicas...

Nos anos 1950 e 1951, xorde a editorial Galaxia, impulsada por un grupo de galeguistas, que se converte nun instrumento fundamental da recuperación cultural galega. Tamén aparecen as revistas Grial e Revista da Economía de Galicia. Outras iniciativas literarias como a...

Seguir lendo "A Cultura e Lingua Galega na Posguerra: Recuperación e Resistencia" »

O Rexurdimento Galego: Historia, Contexto e Etapas (S. XIX)

Lingua e literatura3,5 KB

Contexto Socioeconómico e Cultural

Neste século prodúcese a caída do Antigo Réxime, que dará orixe á sociedade moderna. Culturalmente, o Romanticismo substitúe a Ilustración e o Neoclasicismo.

Galiza no Século XIX: Estruturas e Miseria

No plano político, Galiza segue o resto de España. Porén, no plano social e económico, os restos das estruturas do Antigo Réxime (como o Foro) impiden o desenvolvemento. A miseria dos labregos provoca unha forte emigración.

Economía e Castelanización

Obsérvase un mínimo incremento da pesca e dos servizos. Os cataláns monopolizan a construción naval e a conservación de peixe, actuando como negociantes. Este feito axudará moito no proceso de castelanización.

Xermolo do Movemento Galeguista

Comeza...

Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: Historia, Contexto e Etapas (S. XIX)" »