Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Dicionario de termos: definicións e sinónimos

Lingua e literatura4,28 KB

Definicións de termos comúns

Oleoso: (adxectivo) Que ten a consistencia do aceite, aceitoso.

Emurxionar: (verbo) Esparexer un produto nun medio no que é insoluble, obtendo así un produto homoxéneo e estable temporalmente.

Sedimentar: (verbo) Depositárense as materias en suspensión dun líquido formando un material sólido que se deposita no fondo do mar.

Molécula: (substantivo feminino) A parte máis pequena dun corpo que non se pode dividir por medios físicos pero si por medios químicos.

Degradar: (verbo) Alterar a composición do petróleo para facela de menos consistencia e poder así ser readmitida polo ecosistema no que se atopa.

Regañar: (verbo) Mostrar os dentes para manifestar cólera, ameaza.

Escalazado: Vestido con farrapos ou

...

Seguir lendo "Dicionario de termos: definicións e sinónimos" »

Prosa galega entre 1936 e 1976: Autores e obras

Lingua e literatura2,59 KB

Prosa entre 1936 e 1976

Nos anos 50 comeza, da man da Editorial Galaxia, a recuperación cultural da expresión literaria galega. Para tal fin, procúrase recuperar a tradición cultural da preguerra (membros de Nós e das Irmandades), devolver á cultura galega autores que optaran polo silencio narrativo e fomentar o cultivo dos xéneros literarios na nosa literatura. Ademais, preténdese reivindicar a validez do galego na liña do grupo Nós, promover o estudo da realidade galega (revista Grial) e fomentar o labor galeguista nas novas xeracións.

Liñas temáticas

As principais liñas temáticas son catro:

  • Continuadores da tradición do grupo Nós
  • Realismo popular
  • Realismo fantástico
  • Realismo social

Realismo popular

O realismo popular, cuxo máximo...

Seguir lendo "Prosa galega entre 1936 e 1976: Autores e obras" »

O Teatro Galego no Século XX: Irmandades, Vangardas e Nós

Lingua e literatura4,74 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Este documento explora a evolución do teatro galego durante o primeiro terzo do século XX, analizando as súas características, desafíos e as contribucións de movementos clave como as Irmandades da Fala, as Vangardas e o Grupo Nós.

1ª Década do Século XX: Desafíos Iniciais

  • Problemas da dramaturxia en Galicia:
    • Falta de actores e compañías profesionais estables.
    • Ausencia de apoio institucional.
    • Escaseza de obras.
    • Desvalorización social do idioma galego entre as clases medias urbanas, principais destinatarias do espectáculo teatral.
    • Competencia do cine.
  • 1903: Creación da Escola Rexional de Declamación, presidida por Galo Salinas, que durou apenas dous anos.
  • A partir de 1915: Xurdimento de coros
...
Seguir lendo "O Teatro Galego no Século XX: Irmandades, Vangardas e Nós" »

Otero Pedrayo: Nacionalismo, Tradición e a Fidalguía Galega

Lingua e literatura4,01 KB

R. Otero Pedrayo

Figura clave na articulación do nacionalismo do século XX (Partido Galeguista). O catolicismo e o tradicionalismo son dúas características básicas que orientan a súa actividade política e literaria. Foi un escritor integral e “confundidor de xéneros”: cultivou narrativa, ensaio, teatro e poesía, aínda que nesta última foi onde menos sobresaíu.

Narrativa

A) Novelas histórico-culturalistas: ambientadas no romanticismo europeo (Fra Vernero) ou ambientadas na Idade Media (A romería de Xelmírez).

B) Novelas histórico-realistas (ciclo da ruína da fidalguía e transformacións da Galicia do século XIX): Os camiños da vida.

C) Novelas psicolóxicas de introspección e busca: Arredor de si.

A fidalguía simboliza para...

Seguir lendo "Otero Pedrayo: Nacionalismo, Tradición e a Fidalguía Galega" »

Literatura Galega no Século XX: Movementos e Autores Clave

Lingua e literatura8,16 KB

Na primeira metade do século XX

Na primeira metade do século XX, aparecen os movementos agraristas: asociacións que defendían os campesiños, opoñéndose á fidalguía, ao caciquismo e aos foros.

Acción Galega

Dirixida polo crego Basilio Álvarez.

Irmandades da Fala (1916)

Reivindicaban a plena normalización do galego (desenvolveron un gran traballo cultural) e crearon o primeiro xornal integramente en galego, A Nosa Terra, por Antón Vilar Ponte.

A poesía no primeiro terzo do século XX

Poesía con temática realista, costumista e romántica, con dúas actitudes poéticas:

Actitude tradicionalista

Temas populares desde un punto de vista costumista e sentimental. Representada por Antonio Noriega Varela.

Actitude innovadora

Trazos de correntes...

Seguir lendo "Literatura Galega no Século XX: Movementos e Autores Clave" »

Teatro Galego: Tendencias, Autores e Compañías (Finais do XX e Comezos do XXI)

Lingua e literatura5,49 KB

O Teatro de Fins do XX e Comezos do XXI: Temas e Autores

O marco no que se desenvolve a literatura dramática das últimas décadas vese afectado pola falta dun público consumidor de textos teatrais e polas escasas iniciativas editoriais. Estes feitos provocan que os premios e os certames literarios cobren un papel decisivo de canonización e estímulo creativo. Coleccións como a Biblioteca do Arlequín, os Libros do Centro Dramático Galego, o Premio Rafael Dieste ou os Cadernos da Escola Dramática Galega ofrecen aos autores unha plataforma de proxección.

Compañías e Normalización Teatral

Como referentes na normalización da vida teatral, xorden compañías estables. Ademais de Antroido e Troula, nacen Artello, Ítaca, Andrómeda, a Escola...

Seguir lendo "Teatro Galego: Tendencias, Autores e Compañías (Finais do XX e Comezos do XXI)" »

O Galego no Franquismo e a Nova Narrativa Galega: Historia e Literatura

Lingua e literatura4,9 KB

O Galego entre 1936 e 1975

A partir de 1939, iniciouse un período de interrupción das actividades culturais e lingüísticas do país. A orde caracterizouse pola represión e acoso de calquera manifestación dun feito diferencial de nivel político, cultural ou lingüístico. Nas organizacións públicas empregouse o castelán.

O galego converteuse nunha lingua clandestina, de usos domésticos, xa que o seu uso podía supoñer a perda do emprego ou a descualificación social.

No 50, a consecuencia de lograr a respectabilidade e recoñecementos internacionais, comezou a recuperación cultural, que callaría coa fundación da editorial Galaxia. Galicia recuperouse e rompeu o silencio que a rodeaba. Xurdiron institucións e asociacións culturais

...

Seguir lendo "O Galego no Franquismo e a Nova Narrativa Galega: Historia e Literatura" »

A Linguaxe Galego-Portuguesa e as Cantigas de Amigo

Lingua e literatura3,72 KB

As linguas romance e o galego-portugués

Os conceptos do galego, castelán, francés... non existen, aplicados ás diferentes linguas durante a Idade Media. Na etapa medieval, a verdadeira diferenza estaba entre o latín (lingua de alta cultura e da Igrexa) e o romance. Nos textos romanos non rexistramos as fórmulas galego e/ou portugués á lingua falada e escrita dos trobadores. O romance que falamos na actualidade, coas transformacións do longo dos séculos, naceu ao norte e sur do río Miño e espallouse por Portugal, polo que se denomina a lingua medieval galego-portugués. O galego-portugués é o resultado da evolución do latín vulgar falado no noroeste peninsular durante os séculos V a VIII, cuxo nacemento é paralelo ao de outras...

Seguir lendo "A Linguaxe Galego-Portuguesa e as Cantigas de Amigo" »

As Xeracións Literarias do Período Nós en Galicia

Lingua e literatura2,99 KB

As Grandes Xeracións de Escritores do Período Nós

1. Xeración de Antre Dous Séculos

Así denominada a partir do libro homónimo de Xerardo Álvarez Limeses, composta por autores como Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela..., que son herdeiros dos grandes autores do XIX aos que imitan en grande medida pero son influídos polo ambiente finisecular: modernismo hispánico, simbolismo francés, esteticismo, orientalismo, misticismo...

2. Xeración Nós

Composta por Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, .... Trátase dun núcleo de autores ben caracterizado, tanto dende o punto de vista xeracional como dende o das afinidades culturais e estéticas, que constitúe o centro a partir do que irradian a maior parte das actividades literarias...

Seguir lendo "As Xeracións Literarias do Período Nós en Galicia" »