Unha Historia de Segredos, Amor e Destino en Galicia

Lingua e literatura2,49 KB

O Inicio da Historia

A Orfandade e as Novas Vidas

Co paso do tempo, Coitán e Inés morren cando os nenos teñen a idade de 12 anos. Salvio, padriño de Hermelio, decide adoptar ao seu afillado e levalo para Madrid, mentres que Maxina queda ao cargo do Marqués de Tria-Castela, amigo íntimo de Salvio. Maxina e Hermelio xa tiñan conciencia de que eles dous non eran exactamente irmáns, e os dous pequenos vanse para Madrid, cada un co seu respectivo pai adoptivo.

Desenvolvemento: Segredos e Revelacións

O Pasado do Marqués e a Peregrinación

O tempo pasa e ao Marqués de Tria-Castela mórrelle un fillo domiciliado en París. Este sofre graves depresións e decátase de que o seu fillo violara nunha festa de carautas a unha moza relacionada cos Sancti-Petri. Todo isto comunícallo nunha carta detallada que lle deixou á súa morte en París. Salvio e o Marqués de Tria-Castela deciden peregrinar a Santiago.

Encontros en Santiago: A Verdade de Otilia

Unha vez xa en Santiago, os dous peregrinos falan cunha muller que resulta ser a propia Otilia, e froito da conversa, o Marqués decátase de que foi ela a quen o seu fillo violara. O Marqués séntese aliviado ao comprobar que o pecado do seu fillo xa fora recompensado ao facerse cargo o Marqués da súa propia neta. Salvio, froito tamén da conversa, descobre como fora toda a historia do embarazo non desexado de Otilia (posto que el sabía que Maxina era filla de Otilia), e vólvese a acender a chama de amor por Otilia no corazón de Salvio.

O Amor Florece en Madrid

Mentres todo isto ocorre en Santiago, Maxina e Hermelio establecen unha relación amorosa en Madrid. Chegados xa ao final da historia, Maxina e Hermelio deciden casarse. Tanto Maxina como Hermelio reciben o visto e prace dos seus titores.

Conclusión: Finais e Reflexións

O Destino dos Personaxes

Maxina nunca saberá quen foi a súa nai nin o seu pai. Por outra banda, Otilia padeceu unha grave enfermidade psicolóxica durante o resto da súa vida, que a levou a cancelar a súa voda con Salvio cando a piques estaban de contraer matrimonio. Salvio quedou moi triste e nin sequera a ledicia de que o seu afillado casase lle levantou o ánimo, posto que non acudiu á cerimonia.

A historia acaba así, sendo Hermelio e Maxina felices, e comendo perdices.

Análise da Obra

Análise persoal: É unha historia máis ou menos entretida, pero que carece de suficiente valor literario.

Descargar

PDF Word HTML