Funcións da Lingua, Diglosia e Normalización do Galego

Lingua e literatura3,2 KB

As funcións da lingua, conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Función de identidade: articulación do pensamento no individuo

Función familiar: relacionarse con membros dunha familia

Función laboral: comunicación no mundo do traballo

Función local: posibilita os contactos entre individuos do mesmo contorno

Función institucional: comunicacións entre cidadáns e institucións

Función cultural: serve como medio para expresar os saberes da cultura en xeral

Función internacional: relacionar individuos de distintas nacionalidades

Diglosia e conflito lingüístico

Diglosia: uso regulado de dúas linguas no seo dunha comunidade. Tipos:

D. funcional: cando unha das linguas serve para funcións distintas

D. abstracción: cando o uso das linguas está en relación coa posición dos grupos dominantes. En Galicia existe unha marcada diglosia xa que o galego e o castelán compiten por desempeñar todas as funcións posibles.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor que consisten en presentar trazos negativos sobre unha lingua. Outros estereotipos fan referencia ao galego normativo como lingua artificial e ao galego como marca ideolóxica.

Historia da normalización: Construción da variedade estándar, interferencias e desviacións da norma

A normativización: elaboración dunha ortografía, dunha gramática e dun dicionario do idioma para establecer unha variedade común ou estándar.

O estándar: lingua propia da comunicación escrita, dos rexistros cultos, dos formais e dos medios de comunicación. É unha variedade convencional, resultado dun proceso de normativización da lingua que é usada e aceptada polos falantes como o uso correcto e normativo do código lingüístico. Dúas fases:

  1. Selección e Fixación: actuacións destinadas a fixar unha norma que permita a comprensión entre todos os falantes.
  2. Expansión e Cultivo: intento de estender a lingua a novos ámbitos.

No proceso de normalización do galego existiron 4 etapas:

  1. Galego popularizante (fins sec. XIX)
  2. Galego enxebrizante (ata 1936)
  3. Galego protoestándar (ata 1970)
  4. Galego estándar (ata hoxe)

Interferencias e desviacións da norma

Interferencias lingüísticas: cando as linguas inflúen unhas sobre outras. Tipos:

  • Sistema fonolóxico con cinco vocais en vez das sete do galego
  • Mala diferenciación entre /S/ e /X/
  • Non distinción entre /N/ e /NH/
  • Entoación semellante ao castelán
  • Emprego do reflexivo dos verbos que o galego non admite
  • Ausencia do artigo en expresións
  • Confusión do xénero das palabras
  • Tempos compostos con haber
  • Abundantes castelanismos
  • Desviacións da norma: arcaísmos, vulgarismos, hipergaleguismos e lusismos
  • Alternancias de código

Descargar

PDF Word HTML