Esplendor e Decadencia do Galego na Idade Media
O Esplendor Medieval (séculos IX-XIII)
A lingua galega, dende o seu nacemento no século IX ata a actualidade, viuse obrigada a compartir espazos con outras linguas, primeiro co propio latín e despois co castelán. Na primeira parte da Idade Media (IX-XII), o latín era a lingua de prestixio: a lingua da Administración e a Igrexa, e a única que se empregaba na escrita. Nos ámbitos familiares e coloquiais, todo o mundo falaba xa o romance. Nesta época, polo tanto, atopamos unha situación de bilingüismo social na que o latín era a lingua alta e o galego-portugués a lingua baixa. Esta distribución lingüística de funcións recibe o nome de diglosia.
No século XIII, o galego comeza a disputarlle ao latín as funcións nobres, converténdose...