Normativización da lingua galega: construción da variedade estándar

Lingua e literatura3,52 KB

Normativización: a construción da variedade estándar

O proceso de normativización

O proceso de normativización dunha lingua está estreitamente relacionado co da súa normalización, de xeito que ambos se implican mutuamente, englobándose baixo a denominación común de planificación lingüística. Para que estes obxectivos se acaden resulta imprescindible intervir tamén na estrutura interna da lingua. Trátase de intervir sobre a súa situación social.

A normativización é un proceso longo e laborioso, no que xorden polémicas. Os primeiros pasos son a fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade estándar e a elaboración de dicionarios e gramáticas. No caso do galego, comezan a aparecer no 1860. Pero ata o século XX non xurden as propostas dunhas normas comúns. O antecedente máis claro na elaboración da variedade común do galego atópase en "Algunhas normas para a unificación do idioma galego". Na década dos setenta, a RAG saca á luz os seus primeiros resultados no proceso de estandarización.

Ao converterse o galego en lingua cooficial en Galicia, tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de 1981, acentúase a necesidade de dispor dunha normativa que unifique o idioma co fin de empregalo nos ámbitos sociais.

Fixación ortográfica e variedade estándar

Canto á fixación ortográfica, combina tres criterios: fonolóxico, etimolóxico e o da escrita.

A selección da variedade estándar tiña dúas posibilidades: ou escoller entre unha das variedades xeográficas da lingua ou elaborar unha variedade supradialectal. A última foi a elixida para a elaboración do galego. A norma estándar do galego debe excluír os castelanismos, os hipergaleguismos, os arcaísmos e os lusismos innecesarios.

Interferencias e desviacións da norma

Hipergaleguismos

Os hipergaleguismos son o desexo de crear unha lingua común e enxebre, libre de interferencias do castelán. Algúns aínda perviven na actualidade (ambente, inconvite, horizonte, gasoliña).

Vulgarismos

Os vulgarismos son o resultado dalgún tipo de vacilación, vocálica ou consonántica, na maioría dos casos por adición ou supresión dun elemento. Cualifícanse como vulgarismos: metátese (probe), simplificación dos grupos consonánticos (columna, correto), vacilación vocálica en sílaba átona (loar, semana), rotacismo (derde, en vez de).

Prestamos e interferencias

As linguas adoitan incorporar no seu léxico termos procedentes doutras, que se coñecen co nome de préstamos. Normalmente recórrese a eles para denominar realidades, en lugar de inventar unha etiqueta nova. Os préstamos constitúen unha ferramenta fundamental para cubrir as lagoas léxicas que van xurdindo (préstamos necesarios), pero os préstamos innecesarios son aqueles cuxo significado si existe unha palabra propia da lingua receptora. Estes últimos denomínanse interferencias, debidos á presión sociocultural dunha lingua dominante.

Lusismos

Os lusismos aparecen cando se recorre a termos do portugués para substituír formas léxicas. Poden ser gráficos (povo), morfolóxicos e léxicos. Hoxe en día son aceptados no galego estándar "até" xunto con "ata", ou o sufixo -bel (amabel); noutros casos incorporouse a forma portuguesa para eliminar un castelanismo (estudar por estudiar).

Castelanismos

Penetraron no galego moitos castelanismos superfluos. Existen fónicos, ortográficos e de acentuación, morfosintácticos, léxicos e semánticos.

Descargar

PDF Word HTML