Lingua Galega: Minorización, Normalización e Futuro
Lingua Minorizada e Lingua Hexemónica
A lingua minorizada é aquela que está sometida a condicións sociais que restrinxen as súas funcións. A competencia desigual entre dúas linguas constitúe o factor básico desta situación. Dous aspectos a ter en conta:
- A non existencia dun estado que a recoñeza como oficial. En Europa cómpre facer excepción de Malta, Luxemburgo e a República de Irlanda.
- A non coincidencia de fronteiras políticas e fronteiras lingüísticas. As primeiras foron establecidas de maneira artificial, mentres que as lingüísticas responden a criterios de formación naturais e históricos; por iso é raro que estas delimitacións coincidan.
As linguas dominantes ou hexemónicas son as que gozan dun gran prestixio social...