Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: Mestres da Literatura Galega

Lingua e literatura3,59 KB

Álvaro Cunqueiro: Características e Obras Clave

Álvaro Cunqueiro, figura central da literatura galega, destacou pola súa mestura única de realidade e fantasía.

Características Literarias

  • Mestura de realidade e fantasía: Personaxes e feitos que transitan entre o cotián e o imaxinario.
  • Técnicas da narración realista: Influencia da tradición oral na construción dos seus relatos.
  • Mitos doutras culturas: Recorrencia a figuras lendarias como Merlín, Artur e Simbad.
  • Utilización do humor: Unha visión particular do mundo dos galegos, impregnada de ironía e enxeño.

Obras Narrativas en Galego

Cando se fundou a editorial Galaxia, Cunqueiro, animado polo seu amigo Fernández del Riego, comezou a escribir textos narrativos en galego. Froito desa...

Seguir lendo "Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: Mestres da Literatura Galega" »

Ambitos de actuación e principais iniciativas na historia galega

Lingua e literatura2,27 KB

1. Historiografia

Coa edición das primeiras obras que falaron da nosa historia e que asentaron, non sen polémica, as teses celtistas sobre as nosas orixes como pobo. Foron escritas por Verea e Aguiar. Tratábase de demostrar en paralelo ao movemento político rexionalista que Galiza era un pobo con historia, constatando que existiran épocas no pasado en que gozara da absoluta liberdade e do total respecto do que estaba a carecer agora.

2. Filosofía

Coa aparición dos primeiros dicionarios e gramáticas do galego, que abriron un forte debate ortográfico e normativo entre as tendencias fonecistas e as etimoloxistas.

3. Prensa escrita

Coa edición de xornais, almanaques e revistas integralmente ou parcialmente redactados en galego. Estas publicacións...

Seguir lendo "Ambitos de actuación e principais iniciativas na historia galega" »

Evolución do galego dende a morte de Franco ata hoxe

Lingua e literatura3,78 KB

Morto Franco (1975) e instaurada, despois da transición política, unha democracia parlamentaria (Constitución de 1978), Galicia dótase dun Estatuto de Autonomía (1981) e de institucións propias como a Xunta de Galicia e o Parlamento.

A situación do idioma vai estar, definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución, do Estatuto e das leis do Parlamento de Galicia. O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ensino, radio e televisión, libro didáctico (filosofía, xeografía…); é empregado na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade…

Mais a pesar desta presenza, semella que aínda se está lonxe de conseguir a recuperación total do idioma. A calidade de utilización do...

Seguir lendo "Evolución do galego dende a morte de Franco ata hoxe" »

Normalización lingüística do galego: desafíos e avances

Lingua e literatura2,01 KB

O galego foi e segue sendo lingua minorizada. Acadou prestixio durante a Idade Media pero tivo que competir co castelán en loita desigual a partir de mediados do século XV. A imposición do castelán provocou tivese que subsistir durante máis de trescentos anos como lingua oral. A recuperación na escrita que se produce no século XIX proseguirá no XX mas o galego non recoñecido de forma oficial.

Na situación de minorización do galego

O inmobilismo suporía a súa substitución polo castelán. A única solución é a normalización lingüística, processo sociolingüístico desenvolvido nun contexto de conflito lingüístico para conseguir a promoción da lingua minorizada até que acade o status de lingua “normal”. Dous tipos de medidas:...

Seguir lendo "Normalización lingüística do galego: desafíos e avances" »

Xeración Nós: Traxectoria, Ideoloxía e Obras Clave

Lingua e literatura3,88 KB

Trazos Vitais da Xeración Nós

  • Naceron arredor de 1885, en familias de clase acomodada.
  • Tiñan unha sólida formación intelectual.
  • O primeiro núcleo (Risco, Pedrayo e Cuevillas) xurdiu en Ourense.

Principios Ideolóxicos

  • Compartían a convicción de que para chegar á cultura universal compre coñecer e desenvolver a cultura propia.
  • Sentían o desexo de establecer unha vía de comunicación coa cultura europea e, ademais, esperar no pobo galego o "sentimento da terra".
  • Desenvolveron un intenso labor literario e político.

A Revista Nós

Na Revista Nós hai textos literarios orixinais e todo tipo de artigos de investigación científica. Xogou un papel fundamental, sendo obxecto de estudo ou tradución os máis sobranceiros escritores e intelectuais...

Seguir lendo "Xeración Nós: Traxectoria, Ideoloxía e Obras Clave" »

Galicia no século XX: II República, movemento agrario e nacionalismo

Lingua e literatura2,25 KB

Galicia no século XX

Galicia do século XX seguía sendo un país rural cun forte atraso económico. O campesiñado continuaba tendo que emigrar a América como no século anterior.

II República

Ocorreu o 14 de abril de 1931 e comeza unha etapa de actividade política e cultural, corresponde co desenvolvemento do nacionalismo e co crecemento da literatura.

Movimento agrario

Movimento reivindicativo do campesiñado, que crea sociedades e sindicatos para loitar pola abolición do sistema foral. Destacaron Solidaridad Gallega (1907) e Acción Gallega (1910) liderada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).

Decadencia da fidalguía e nacemento da burguesía

A fidalguía perde o seu papel debido á abolición do sistema foral, que era a súa fonte...

Seguir lendo "Galicia no século XX: II República, movemento agrario e nacionalismo" »

Diglosia: definición, tipos e impacto na sociedade galega

Lingua e literatura1,8 KB

Diglosia na sociedade galega

Cando un individuo ou unha comunidade utiliza dúas linguas considerando unha inferior a outra. Hai dous tipos:

Endodiglosia

Cando a diglosia se produce entre variantes da mesma lingua.

Exoglosia

Se se trata de dúas linguas diferentes.

As palabras patrimoniais xurdiron do latín e trouxéronas os colonizadores romanos hai 2000 anos. Os cultismos son palabras de orixe latina ou grega que entraron tardiamente e apenas sufriron modificacións.

Pares lexicais

É unha mesma voz latina ou grega que deu lugar a dúas posibilidades no galego: unha palabra patrimonial e un cultismo.

Prexuizos asociados ao galego

  • Falta de utilidade: o galego illano ao exterior, a modernidade tende cara a unha única lingua universal, o galego non
...
Seguir lendo "Diglosia: definición, tipos e impacto na sociedade galega" »

A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII na Galiza

Lingua e literatura4,17 KB

A etiqueta 'Séculos Escuros'

O período entre a descoberta de América em 1492 e a Revolução Francesa em 1789 é conhecido historicamente como Idade Moderna. Do esplendor que a língua galega e a sua literatura desfrutaram durante a etapa medieval, passa-se, por circunstâncias sociais e políticas, a um período em que o Reino da Galiza, e com ele a sua língua própria, perdem o peso e a importância que tinham até então, especialmente após a ascensão ao trono dos Reis Católicos. A entrada nas camadas mais altas da sociedade de pessoas estrangeiras afins à Coroa provoca a introdução do castelhano na escrita e nos usos formais. O galego, apesar de ser o idioma maioritário, vai sendo relegado à oralidade e aos usos coloquiais, com...

Seguir lendo "A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII na Galiza" »

Poesía galega: tradición e impacto na sociedade

Lingua e literatura640 bytes

Poesía de circunstancia na historia galega

Poesías anónimas sobre feitos históricos e sociais

Poemas sobre execuções e saqueos

Textos renacentistas e barrocos
Importância da obra de Frei Martiño Sarmiento

Explicación sobre as panxoliñas e a similitude léxica

Relato da execución de Pardo de Cela no s.XVI

Estremés famoso sobre a pesca no río Miño

Coloquio de 24 galegos rústicos de Frei Martiño Sarmiento

Estudos e reivindicações sobre a lingua galega

Literatura galega no exilio: resistencia e compromiso

Lingua e literatura3,79 KB

Tras a Guerra Civil, a imposición da ditadura franquista supuxo a ruptura do proceso de expansión cultural e literaria conseguida no primeiro terzo do século XX. Como consecuencia, mentres que os autores que permaneceron en Galicia tiveron que estancar a súa actividade, os que fuxiron ao exilio hispanoamericano realizaron un intensa labor cultural que permitiu manter viva a nosa literatura.

Labor cultural no exilio

Este labor cultural levouse a cabo a través da edición de xornais e revistas (Vieiros, Galicia Emigrante), da creación de editoriais que reeditarán as obras dos autores clásicos (Rosalía, Pondal, Curros) e publicarán as que, pola situación de censura política, non se podían editar en Galicia, da emisión de programas...

Seguir lendo "Literatura galega no exilio: resistencia e compromiso" »