Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Historia da Lingua Galega: Represión e Recuperación

Lingua e literatura3,09 KB

O Galego baixo a Ditadura Franquista (1936-1950)

O 18 de xullo de 1936, a sublevación militar contra o lexítimo goberno da República marcou o inicio dunha guerra que finalizou en abril de 1939 coa instauración da ditadura franquista. Durante este período, levouse a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial.

A escola, a Igrexa e os medios de comunicación convertéronse en axentes castelanizadores. Intensificouse o proceso de desgaleguización e sectores da sociedade (especialmente a burguesía) adoptaron o castelán por consideralo un medio de ascenso social, mentres

...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Represión e Recuperación" »

Normalización lingüística do galego: avances e desafíos

Lingua e literatura2,41 KB

Lingua en vías de normalización é o proceso polo cal unha lingua minorizada vai estendendo os seus usos até conseguir un estatus de normalidade ao acabar sendo utilizada en todos os ámbitos e funcións por parte de todos os membros da comunidade.

Desafíos na normalización do galego

Hai que considerar en primeiro lugar que a nosa lingua tivo e ten que loitar contra unha serie de factores negativos: un proceso de substitución do galego polo castelán que leva séculos en marcha. Unha tendencia á globalización cultural. Unha situación de sectores como a administración periférica do estado, a administración de Xustiza, a Igrexa, o exército etc.

Avances e retrocesos

Nas últimas décadas houbo un avance significativo na normalización...

Seguir lendo "Normalización lingüística do galego: avances e desafíos" »

Literatura Galega no Exilio: Guerra Civil e Recuperación

Lingua e literatura4,55 KB

A Literatura Galega no Exilio: Un Refuxio para a Cultura Durante a Ditadura

A Guerra Civil e a conseguinte ditadura franquista supuxeron o desmantelamento do sistema literario galego en Galicia. Co establecemento dun réxime estrito de censura que desconfiaba de toda manifestación artística que non estivese en castelán, a produción literaria en galego trasládase a Hispanoamérica. O centro de actividade literaria galega será Bos Aires, onde entran en contacto os emigrados cos exiliados e comezarán a desenvolver un amplo traballo intelectual coa publicación de revistas como Vieiros e obras literarias, a creación de editoriais como Galicia e mesmo emisións radiofónicas. Eles van ser os continuadores do que non se podía facer na Galicia...

Seguir lendo "Literatura Galega no Exilio: Guerra Civil e Recuperación" »

O galego: lingua en vías de normalización

Lingua e literatura3,39 KB

O galego, lingua en vías de normalización

O galego é, desde finais da Idade Media, unha lingua minorizada porque está nunha situación de desequilibrio con respecto ao castelán, lingua dominante que goza de maior prestixio social e desenvolve as funcións elevadas. Para superar esta situación e acadar un uso normal da lingua, cómpre levar a cabo o proceso contrario, coñecido como normalización lingüística, que ten o obxectivo de converter a lingua nun medio normal de comunicación entre os cidadáns e recuperar o seu uso en todos os ámbitos por parte de todos os estamentos. Despois dos Séculos Escuros, o galego comezou timidamente o proceso de normalización no século XIX, ao recuperarse para os usos literarios.

Este proceso experimentou...

Seguir lendo "O galego: lingua en vías de normalización" »

Lingua Galega Post-1975: Normalización, Xéneros e Literatura do Exilio

Lingua e literatura4,48 KB

A Lingua Galega a Partir de 1975: Normalización e Institucionalización

A partir de 1975, coa aprobación da Constitución, que recoñece a realidade plurilingüe do Estado, iníciase unha nova etapa para a lingua galega. O Estatuto de Autonomía de Galicia afirma o galego como lingua propia de Galicia, sentando as bases para a súa protección e fomento. Posteriormente, apróbase a Lei de Normalización Lingüística, co obxectivo de converter o galego nun idioma de uso normal e estender a súa presenza en diversos ámbitos.

Reiníciase así o proceso de normalización, incorporando o galego ao ensino, aos medios de comunicación, á Igrexa e a outras esferas da vida pública. Neste contexto, comezan as emisións da Radio Televisión de Galicia...

Seguir lendo "Lingua Galega Post-1975: Normalización, Xéneros e Literatura do Exilio" »

A Nova Narrativa Galega: Renovación e Innovación Literaria

Lingua e literatura3,53 KB

A partir da década dos 60, un grupo de mozos universitarios inician un proceso de renovación técnica da narrativa galega. Aínda que non forman xeración posto que carecen dun guía, si se poden agrupar por presentar unha serie de características en común: todos eles teñen formación universitaria e inquedanzas galeguistas; alén diso, as súas viaxes ao estranxeiro van aparelladas ao dominio de idiomas e ao coñecemento das literaturas europeas. Baixo a denominación de Nova Narrativa Galega (NNG) reúnese un grupo de escritores e escritoras que publicaron as súas obras a fins dos cincuenta e na década dos sesenta (Nasce unha árbore (1954), de Gonzalo Mourullo e Adiós María (1971), de Xohana Torres) e que mediante a introdución...

Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega: Renovación e Innovación Literaria" »

Evolución da Lingua Galega: Do Rexurdir ao Recoñecemento Legal

Lingua e literatura3,57 KB

O Rexurdir do Galego e as súas Normas (Século XX)

A comezos do século XX, a situación da lingua galega sufriu cambios significativos coa fundación de entidades importantes como a Real Academia Galega (RAG), as Irmandades da Fala (IF), o Seminario de Estudos Galegos (SEG), Céltiga, Lar e o Partido Galeguista.

As Normas do Seminario de Estudos Galegos

Estas entidades continuaron coa iniciativa da elaboración dunha gramática. Unha das máis destacadas foi a do Seminario de Estudos Galegos, cuxas normas propuxeron:

  • O rexeitamento do i grego, usando só o latino.
  • A adopción dos grafemas ll e ñ para representar os fonemas lateral e nasal palatal.
  • A elección do x para o fonema fricativo palatal.
  • O emprego do h segundo a etimoloxía.
  • Manter os grupos
...
Seguir lendo "Evolución da Lingua Galega: Do Rexurdir ao Recoñecemento Legal" »

Historia Sociolingüística do Galego: Represión e Resistencia (1936-1975)

Lingua e literatura4,95 KB

Sociolingüística: O galego (1936-1975)

Durante a Guerra Civil, Galiza estaba dominada polo bando franquista, que levou a cabo unha forte represión xeneralizada. Para fuxir deste destino tan tráxico, a maioría da poboación perseguida optou polo exilio ou quedouse, pero silenciando as súas obras.

A ditadura franquista e a Galiza do exilio

Este réxime foi de carácter autárquico, é dicir, non había comercio con outros países ata os anos cincuenta. Isto provocou que España tivese un atraso considerable con respecto ao mundo occidental. O galego desaparece da escrita e trasládase á Galiza do exilio, onde se desenvolveron case todas as actividades literarias (a creación literaria, a investigación histórica, o ensaio político, as publicacións...

Seguir lendo "Historia Sociolingüística do Galego: Represión e Resistencia (1936-1975)" »

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Contexto e Características

Lingua e literatura2,72 KB

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Características lingüísticas. Contexto histórico e situación lingüística. Dende o século XX houbo unha subordinación do galego. Na primeira parte destacaron os monolingües, que poñían o castelán como lingua do ascenso social. O galego oral mantense vivo, pero entrará en contacto co castelán (escolas). É un período de salto cualitativo do galego. Comeza a empregarse en actos públicos paralelo ao desenvolvemento dos movementos de afirmación política de Galicia. Son desta: as Irmandades da Fala, a revista Nós, o Partido Galeguista, etc. Mentres se gaña prestixio social, continúa o proceso castelanizador. É a etapa do “galego enxebrizante”. Destacan os castelanismos, hiperxebrismos,...

Seguir lendo "O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Contexto e Características" »

Historia da Literatura Galega: Idade Media ao Século XXI

Lingua e literatura2,93 KB

Séculos XII-XV: Idade Media

A Idade Media foi un momento de esplendor para a literatura galega. A nobreza galega tiña unha grande importancia e o galego-portugués era a lingua da lírica. Destaca a lírica profana, con obras como as cantigas de amigo, e a lírica relixiosa, con obras como as Cantigas de Santa María. Na prosa, sobresaen obras de carácter literario como a Crónica de Castela.

Séculos XVI-XVII: Séculos Escuros

Os Séculos Escuros foron unha etapa de decadencia. A política centralista dos Reis Católicos levou a que o poder estivese en persoas de orixe castelá. Impúxose o castelán e a literatura galega escrita desapareceu, quedando relegada á literatura oral.

Século XVIII: Ilustración

Na Ilustración xorden voces defensoras...

Seguir lendo "Historia da Literatura Galega: Idade Media ao Século XXI" »