Normalización e Normativización das Linguas en Contacto
Cando dúas linguas conviven nun mesmo territorio pode desencadenarse un conflito lingüístico, o que ven sendo unha situación de desequilibrio na que un dos códigos se erixe como dominante e o outro queda relegado a un estatus minorizado, esta circunstancia denomínase diglosia.
Para iso faise unha planificación lingüística, que ten como obxectivo poñer en marcha estratexias que lle restauren ao idioma en desvantaxe a súa posición. As principais vertentes de planificación son a normalización e a normativización.
Normativización
A normativización trata dun proceso mediante o que unha comunidade tenta recuperar o uso da súa lingua propia. Estas poden ser de tres tipos:
- Individuais: teñen un compromiso persoal de empregar a lingua propia en calquera ámbito.
- Colectivas: son as que crean grupos ou asociacións cuxas actividades encamiñen a recuperación da lingua.
- Institucionais: é a administración a que pon en marcha mecanismos de recuperación do uso da lingua, xa sexa por medio da lexislación ou a posta en marcha de campañas de fomento.
Normativización
Este proceso está acompañado da normativización que consegue dotar a lingua minorizada cun conxunto de normas ortográficas e morfolóxicas que conformen a súa variedade estándar. Este proceso tamén se divide en tres etapas:
- Grafización: consiste en darlle forma escrita a unha variedade falada.
- Estandarización: contribue creando unha variedade uniforme que debe estar por riba doutras variedades.
- Modernización: neste proceso fundamental habilítase a lingua para tratar novos temas por medio do incremento léxico.
Estes neoloxismos escóllense do galego antigo ou do portugués, creando novas palabras.