Historia e Evolución da Lingua e Literatura Galega
A Normalización da Lingua Galega
Breve Repaso Histórico da Normalización
O galego, a partir dos Séculos Escuros, quedou relegado a ámbitos orais e contextos informais. O proceso de normalización comeza a finais do século XIX. Consiste en converter unha lingua no vehículo de comunicación dunha comunidade en todos os ámbitos.
Marco Lexislativo da Normalización
Constitución de 1978, Estatuto de Autonomía de 1981 (e o de 1936), Lei de Normalización Lingüística de 1983, Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004.
Axentes da Normalización Lingüística
Falantes individuais, poderes públicos e movementos sociais.
Entidades Promotoras da Normalización (s. XIX-XX)
O proceso de normalización iniciado no século XIX será continuado agora polas Irmandades da Fala, para as que a lingua é o elemento vertebrador da nación. O Grupo Nós encárgase de universalizar a cultura en galego. O Seminario de Estudos Galegos promove a investigación científica nesta lingua. Editoriais como Lar ou Nós dan saída á narrativa en galego. Isto supón para o galego a consecución do rango de lingua de cultura.
Primeiros Intentos de Normativización: Galego Enxebrista
A escrita neste período tende a depurar o idioma das perturbacións debidas ao contacto co castelán, recorrendo ao portugués e á lingua medieval: hiperenxebrismos. No afán diferencialista, os escritores substitúen a forma galega por arcaísmos, lusismos e hipergaleguismos.
Estatuto de Autonomía: Oficialidade Truncada
Ata 1936 (Estatuto de Autonomía) non se chega a culminar o proceso de reivindicación do status de oficialidade do idioma, que non chegará a facerse efectivo pola guerra e a ditadura.
Proceso de Substitución Lingüística e Prexuízos
A pesar de todo isto, a sociedade é rural e mariñeira e ten como lingua maioritaria o galego, pero a clase dominante e prestixiosa utiliza o castelán, o cal influirá nos prexuízos.
Situación Actual da Diglosia en Galicia
Pero a diglosia non está superada e o galego segue afectado por prexuízos que provocan a perda de falantes. A cultura agraria e mariñeira, que foi a que mantivo a lingua, está a desaparecer, aínda que está a medrar unha nova adhesión noutros ámbitos. Pero esta corrente regaleguizadora non compensa a perda progresiva de falantes. O galego xa está nas aulas cun amplo coñecemento e uso do galego escrito, mais a transmisión xeracional nunca fora tan baixa.
A Literatura Galega Contemporánea
A Literatura Galega na Posguerra (1936-1975)
Introdución e Contexto da Posguerra
Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase a Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega. Carballo Calero (Día das Letras Galegas 2020) é autor da primeira novela de posguerra, A xente da Barreira.
Principais Liñas Narrativas da Posguerra
Realismo Fantástico
Álvaro Cunqueiro. Literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe, grecolatina ou nórdica con recursos da cultura popular.
Realismo Popular
Ánxel Fole. O popular ascende á categoría de culto a través dun texto que nunca se afasta do relato oral, da xeografía luguesa e da lingua dialectal.
Realismo Social
Eduardo Blanco Amor. Situadas no Ourense (que el denomina Auria) de principios do século XX, plasman a vida das clases obreiras ou marxinadas, denunciando as inxustizas que padecen.
Realismo Rural
Xosé Neira Vilas. Penurias da vida labrega, non exentas de denuncia.
Autores Destacados da Narrativa de Posguerra
Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Características:
- Mestura de realismo e fantasía: personaxes da literatura universal comparten con xentes do pobo galego vivencias e preocupacións.
- Predominio da oralidade no estilo: coma os contos da súa nai e da botica do pai, o que influíu no seu gusto pola maneira tradicional de contar, cheo de apelacións ao oínte, comentarios do narrador e alusións ás fontes.
- Tendencia á disgregación da novela: non hai unha estrutura clásica de presentación, desenvolvemento e desenlace, senón unha técnica de relato dentro do relato, ou relatos sucesivos cun débil fío argumental.
Obras do autor:
- Merlín e familia: recreación da materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega. Os personaxes das historias son seres míticos.
- As crónicas do sochantre: obra ambientada fóra de Galicia, na Bretaña francesa.
- Se o vello Simbad volvese ás illas: achégase á novela, o fío condutor é a evolución do personaxe.
Ánxel Fole (1903-1986)
A súa obra está formada case exclusivamente por libros de contos ambientados nas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos contados. Tamén os temas seguen esa tradición oral: contos de lobos, de aparecidos e premonicións da morte; de lendas populares matizadas cun agudo sentido do humor. Na temática, o mundo paranormal mestúrase co cotián.
Obras: Á lus do candíl, Terra brava, Contos da néboa.
Eduardo Blanco Amor (1897-1979)
Toda a súa narrativa está ambientada en Ourense (que el chama Auria) a principios do século XX. Dúas das súas novelas están consideradas do mellor da narrativa galega.
- A esmorga: renovación na narrativa galega da época, tanto na temática (protagonismo compartido das clases populares) como na forma (técnica polifónica).
- Xente ao lonxe: radiografía do Ourense de principios do século XX a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa.
Xosé Neira Vilas (1928-2015)
Liñas temáticas:
- Galicia interior: a sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. Destaca Memorias dun neno labrego, o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Trátase dunha novela de estrutura sinxela, en boca dun neno que non se conforma con esa vida e se ve obrigado a emigrar.
- Galicia emigrante: mostran os problemas xerados a causa da emigración forzosa: a morriña da terra, o illamento e as dificultades de adaptación ao mundo urbano, e a loita por saír da miseria. Destaca Historias de emigrantes.
A Poesía Galega Contemporánea
A Xeración do 36 (Poetas nados 1910-1920)
Os poetas desta xeración naceron entre 1910 e 1920, educáronse no século XX, cando a nosa poesía estaba desenvolvendo con forza as liñas temáticas comezadas no século XIX, aínda que tamén se inspira nos movementos europeos vangardistas. Foron marcados pola guerra no aspecto social e literario, e sofren as consecuencias do triunfo franquista: exilio, censura, cambio de idioma. Inicialmente discípulos da Xeración Nós pero axiña atopan as súas liñas creativas.
Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961)
Poeta ponte entre a Xeración do 25 e a do 36. Características: paisaxismo (influencia de Noriega Varela), léxico rico, ausencia de rima, existencialismo.
Obras:
- Antes da guerra: Señardá e Corazón ao vento.
- Despois da guerra: Cómaros verdes e Lanza de soledá.
Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Poesía de corte vangardista antes da guerra: Mar ao norde, Poemas do si e do non, Cantiga nova que se chama Riveira (de corte neotrobadorista).
- Despois da guerra: Dona do corpo delgado: neotrobadorismo, intimismo, pesimismo.
- Herba aquí ou acolá: recompilación de textos de tres décadas, obra cume. Culturalismo, melancolía e presentimento da morte.
Xosé María Díaz Castro (1914-1989)
- Nimbos: contén o poema máis intenso e logrado da nosa lírica, "Penélope". Existencialismo, reflexión sobre os problemas do ser humano: a vida, o tempo, a morte. Dominio da métrica e clasicismo formal.
Celso Emilio Ferreiro (1912-1979)
Figura máis destacada da Xeración do 36. Tres liñas temáticas: social, intimista e irónica/satírica.
- O soño sulagado: intimismo, existencialismo, denuncia antifranquista.
- Longa noite de pedra: sinxeleza expresiva, renovación da linguaxe, métrica clásica e tradicional.
- Cantigas de escarnio e maldicir: poesía satírica.
Ricardo Carballo Calero (1910-1990)
Primeiro catedrático de Lingua Galega da Universidade de Santiago. Características: clasicismo, intelectualismo, reflexión sobre o amor e o erotismo.
Obra destacada: Pretérito imperfecto.
María Mariño (1907-1993)
Caracterizada polo intimismo radical, evolución desde metros clásicos ao versolibrismo, uso orixinal da lingua.
Obras: Palabra no tempo, Verba que comeza.
A Promoción de Enlace (Poetas nados nos anos 20)
Os autores desta xeración naceron nos anos 20. Acceden á cultura nos anos 40, en plena ditadura franquista. A maioría deles son autodidactas e carecen de estudos universitarios. As circunstancias nas que desenvolveron a súa obra víronse marcadas polo illamento con respecto ás correntes europeas, censura e penuria material. Non contaron con medios de difusión como revistas, xornais ou editoriais.
María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (1926-2015)
Caracterízase por unha poesía intimista melancólica, denuncia os horrores da guerra, o machismo e as inxustizas; ten tendencia á brevidade.
Obras: Carnaval de ouro, A ronsel ergueita, Jazz espido.
Luz Pozo Garza (1922-2020)
Académica da RAG e directora de varias revistas culturais. Características: intimismo, culturalismo, sensualidade e erotismo, o mar como protagonista.
- O paxaro na boca: sensualidade, vitalismo, optimismo, linguaxe exuberante.
- Verbas derradeiras: desamor, morte, angustia existencial.
- Códice Calixtino.
Antón Tovar (1921-2004)
Existencialismo nos seus primeiros escritos, intimismo e constantes preocupacións relixiosas. Na segunda etapa (anos 60), poesía social con sinxeleza expresiva e prosaísmo.
Obras: Arredores, Non, Vento no teu colo.
Xosé Neira Vilas (1928-2015)
Sinxeleza expresiva, contido comprometido, temas como a infancia, a loita dos pobos, a emigración ou a morte.
Obras: Dende lonxe, Inquedo latexar.
Manuel Cuña Novás (1926-1992)
Obras: Fabulario novo, Frauta na noite.
A Xeración das Festas Minervais (Poetas nados 1930-1940)
Formada por poetas nados entre 1930 e 1940. Non viviron o conflito bélico pero si as súas consecuencias. Descoñecen a actividade galeguista previa á guerra, fan a descuberta de Galiza a través da súa relación con figuras como Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro ou Álvarez Blázquez. Protagonizan unha profunda renovación na poesía formal e na temática.
Principais Liñas Poéticas
- Escola da Tebra: visión pesimista da vida, dor existencial, versolibrismo. Representantes: Manuel María e Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Neotrobadorismo: Representantes: Uxío Novoneyra e Manuel María.
- Realismo coloquial: prosaísmo, recursos expresivos da fala coloquial. Representantes: Manuel María e Bernardino Graña.
- Poesía social e revolucionaria: poemas escuros e intimistas. Representante: Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Lirismo: lirismo expresivo que foxe da retórica. Representantes: Uxío Novoneyra e Bernardino Graña.
Manuel María (1930-2004)
A defensa de Galicia e a lingua galega, sensibilidade ecoloxista, protesta contra as inxustizas e proclamación da amizade e o amor son motivos recorrentes na súa obra.
- Obras existencialistas e intimistas: Muiñeiro de brétemas e Advento.
- Paisaxísticas: Terra Chá.
- Sociorealismo crítico, irónico e satírico: Documentos persoais.
- Intimismo amoroso: Poemas de Outono e A luz resucitada.
Uxío Novoneyra (1930-1999)
Herdeiro da tradición paisaxística da poesía galega anterior. Moi sinxela en aparencia pero de gran complexidade nos contidos. Desde os anos 60, sen abandonar o paisaxismo, explora o experimentalismo tipográfico.
Obras: Os Eidos e Os Eidos-2, Elexías do Courel, Os Eidos. Libro do Courel.
Outros Autores Destacados da Poesía Contemporánea
Xosé Luís Méndez Ferrín (1938)
Presidente da RAG 2010-2013, catedrático e narrador.
Obras:
- Voce na néboa: existencialista.
- Con pólvora e magnolias: reivindicación político-social con elementos estéticos innovadores.
- O fin dun canto: poemas intimistas de reflexión sobre a vida.
- Estirpe: poemas adicados aos vellos navegantes, labregos e vítimas da Guerra Civil.
Bernardino Graña (1942)
Riqueza léxica, coidada versificación. Deuse a coñecer no xornal La Noche.
Obras: Profecía do mar, Himno verde, Ardentía, Luz de novembro.
Xohana Torres (1931)
Dominio do ritmo e musicalidade.
Obras: Do sulco, Estacións ao mar.