Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

A Poesía Galega Contemporánea: Tendencias e Autores Clave

Lingua e literatura2,6 KB

A Poesía Galega Contemporánea

T10

1976 ábrese unha nova etapa política co remate da ditadura. Abandónase a poesía comprometida das etapas anteriores. Fito histórico na literatura galega pola publicación de Con pólvora e magnolias de Ferrín e de Mesteres de López Casanova.

A Década dos 80

Autores deste período colaboran en volumes colectivos. Danse a coñecer a través de certames e premios literarios. Participan en revistas de poesía como Nordés.

Estes escritores comparten unha serie de características comúns:

Culturalismos - Preocupación formalista - Apertura temática

Principais tendencias e autores:

Catro Tendencias

1- Culturalismo ou formalismo que predomina nos 80. É poesía de linguaxe capaz de integrar as estéticas doutras...

Seguir lendo "A Poesía Galega Contemporánea: Tendencias e Autores Clave" »

A Narrativa Galega do Século XX: Cunqueiro, Blanco Amor e a Nova Narrativa

Lingua e literatura9,44 KB

A obra narrativa de Álvaro Cunqueiro

As novelas de Álvaro Cunqueiro

A súa obra aparece organizada en dous conxuntos:

  1. Dunha parte, o grupo que conforman as tres novelas: Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas.
  2. Doutro lado, xorde a triloxía de relatos galegos, constituída por Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes.

Igualmente, estes textos participan dunha serie de características comúns, tanto desde o punto de vista estrutural como desde a concepción dos personaxes e na conformación dos recursos estilísticos.

Características comúns das novelas

En primeiro lugar, rexistramos que emprega nas tres primeiras novelas nomeadas unha mesma organización estrutural que...

Seguir lendo "A Narrativa Galega do Século XX: Cunqueiro, Blanco Amor e a Nova Narrativa" »

Historiadores romanos: César, Nepote, Salustio e Tito Livio

Lingua e literatura2,76 KB

Historiografía romana

As primeiras noticias sobre Roma foron escritas por historiadores gregos que non apoiaban a causa romana. Por iso, é posible que os romanos decidisen escribir a súa propia historia con finalidade de propaganda política e afirmación patriótica. Os Annales eran as actas e documentos, así os primeiros historiadores deron aos seus escritos o mesmo nome, facéndose chamar analistas. Os primeiros historiadores foron César, Nepote e Salustio.

  • César: De Bello Gallico e De Bello Civili, obras mestras de propaganda política.
  • Nepote: só se conserva unha parte do seu De Viris Illustribus, que inaugura o xénero histórico da biografía.
  • Salustio: obras como Historiae (perdidas) e monografías conservadas sobre a guerra de Iugurta
...
Seguir lendo "Historiadores romanos: César, Nepote, Salustio e Tito Livio" »

Literatura galega: historia, etapas e autores

Lingua e literatura3,54 KB

A literatura galega na historia: etapas

A Idade Media

Cronoloxicamente, pódese facer unha división en dous grandes períodos:

  1. Etapa trobadoresca (1196-1354): Abarca máis de 150 anos e subdivídese en:
    • Período inicial, ata 1230.
    • Período afonsino (1230-1280), influído polo reinado de Afonso X, rei de Galicia, León e Castela.
    • Período dionisíaco (1280-1325), caracterizado pola influencia de don Dinís, rei de Portugal.
    • Período posdionisíaco (1325-1354).
  2. Etapa de Decadencia (1354-1465): Nesta última etapa enmárcase a chamada escola galego-castelá, na que se inclúen os trobadores que empregan o galego ou castelán indistintamente, presentes en diferentes cancioneiros, sobre todo no Cancioneiro de Baena.

Séculos Escuros

Este período abrangue...

Seguir lendo "Literatura galega: historia, etapas e autores" »

Bilingüismo, Diglosia e Linguas Minorizadas: Conceptos

Lingua e literatura2,95 KB

Bilingüismo e Diglosia

Na maior parte das sociedades vívese unha situación de contacto entre linguas e xorden estes dous conceptos.

Tipos de Bilingüismo

  • Individual: capacidade dunha persoa para dominar dúas linguas. Neste tipo de bilingüismo cabe distinguir entre:
    • Activo: que supón a comprensión e expresión das dúas linguas.
    • Pasivo: que comprenden as dúas linguas pero só se poden expresar nunha.
  • Territorial: situación na que existen dous territorios unilingües dentro dun mesmo Estado.
  • Social: situación de contacto entre dúas linguas na que hai unha lingua propia e outra aprendida ou imposta por unha sociedade diferente. Isto xera tensións e por iso se fala de conflito e diglosia.

A diglosia é unha situación na que unha lingua A e...

Seguir lendo "Bilingüismo, Diglosia e Linguas Minorizadas: Conceptos" »

A Poesía Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Lingua e literatura3,77 KB

A Poesía de Fins do Século XX e Comezos do XXI

A morte de Franco en 1975 e a chegada da democracia traen consigo unha serie de cambios lexislativos que supoñen o establecemento de estruturas administrativas propias e a defensa dos dereitos e liberdades fundamentais, ademais de afectar tamén á nosa lingua. Tres foron os textos fundamentais: a Constitución (1978), o Estatuto de Autonomía (1981) e a Lei de Normalización Lingüística (1983). Ademais, prodúcense nesta etapa importantes transformacións sociais, propiciadas pola nosa integración na UE, como as melloras alimentarias e sanitarias, que provocan o estancamento e envellecemento da poboación, e o desenvolvemento económico, que fai que diminúa o impacto da emigración e apareza...

Seguir lendo "A Poesía Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI" »

Diversidade Lingüística: Familias, Estados e Minorización

Lingua e literatura3,14 KB

A diversidade lingüística no mundo

No mundo fálanse entre catro mil e sete mil linguas, e hai menos de douscentos estados, o que leva a afirmar que a maioría son plurilingües, polo que as fronteiras lingüísticas non se corresponden coas políticas ou administrativas. A maior densidade atopámola en Papúa Nova Guinea, con setecentas linguas nunha extensión menor á da Península Ibérica. As linguas de comunicación internacional, chamadas francas, e o inglés por excelencia, son linguas internacionais. Coa consecuencia de escoller unha lingua en concreto para ser franca, fixéronse varios intentos de linguas artificiais, como por exemplo o esperanto. Os chamados pidgins son debidos á fusión das características de diferentes linguas...

Seguir lendo "Diversidade Lingüística: Familias, Estados e Minorización" »

A Cultura e Lingua Galega na Posguerra: Recuperación e Resistencia

Lingua e literatura2,49 KB

A Posguerra en Galicia: Lingua e Cultura

O castelán será o único vehículo de comunicación real e oficial para a Igrexa, a Administración, a escola e os medios de comunicación. Porén, o galego segue sendo o idioma máis falado en Galicia.

Bos Aires converteuse na capital da cultura da Galicia do exilio. Aparecen as editoriais Galicia, Nova e Citania. Teñen lugar actos impensables en Galicia: conferencias en galego, emisións radiofónicas, publicacións periódicas...

Nos anos 1950 e 1951, xorde a editorial Galaxia, impulsada por un grupo de galeguistas, que se converte nun instrumento fundamental da recuperación cultural galega. Tamén aparecen as revistas Grial e Revista da Economía de Galicia. Outras iniciativas literarias como a...

Seguir lendo "A Cultura e Lingua Galega na Posguerra: Recuperación e Resistencia" »

O Rexurdimento Galego: Historia, Contexto e Etapas (S. XIX)

Lingua e literatura3,5 KB

Contexto Socioeconómico e Cultural

Neste século prodúcese a caída do Antigo Réxime, que dará orixe á sociedade moderna. Culturalmente, o Romanticismo substitúe a Ilustración e o Neoclasicismo.

Galiza no Século XIX: Estruturas e Miseria

No plano político, Galiza segue o resto de España. Porén, no plano social e económico, os restos das estruturas do Antigo Réxime (como o Foro) impiden o desenvolvemento. A miseria dos labregos provoca unha forte emigración.

Economía e Castelanización

Obsérvase un mínimo incremento da pesca e dos servizos. Os cataláns monopolizan a construción naval e a conservación de peixe, actuando como negociantes. Este feito axudará moito no proceso de castelanización.

Xermolo do Movemento Galeguista

Comeza...

Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: Historia, Contexto e Etapas (S. XIX)" »

Fonética e Fonoloxía do Galego: Bloques e Sons

Lingua e literatura3,73 KB

Bloques Dialectais do Galego

Bloque Occidental

  • Pronunciar o g como unha aspirada /h/ parecida ao h das palabras inglesas como house. Coñécese como gheada, que se representa na escrita co dígrafo gh.
  • Presenza do seseo, en posición final de sílaba (seseo pronuclear ou implosivo: lus). Tamén encóntrase o seseo en zonas máis reducidas en posición inicial de sílaba (seseo prenuclear ou explosivo: vesiño).
  • Terminación indiferenciada -án para masculino e feminino.
  • O plural das palabras rematadas en -n faise en -ns.
  • A forma propia do pronome persoal suxeito é ti, fronte a tu.
  • En vez de cantei, cantín, noutros puntos cantein ou cantén.
  • Á beira do sufixo verbal, -ndes (cantandes) -is (cantais) -s (cantás).

Área

Fisterra, Bergantiños, Pontevedresa....

Seguir lendo "Fonética e Fonoloxía do Galego: Bloques e Sons" »