A Cultura e Lingua Galega na Posguerra: Recuperación e Resistencia

Lingua e literatura2,49 KB

A Posguerra en Galicia: Lingua e Cultura

O castelán será o único vehículo de comunicación real e oficial para a Igrexa, a Administración, a escola e os medios de comunicación. Porén, o galego segue sendo o idioma máis falado en Galicia.

Bos Aires converteuse na capital da cultura da Galicia do exilio. Aparecen as editoriais Galicia, Nova e Citania. Teñen lugar actos impensables en Galicia: conferencias en galego, emisións radiofónicas, publicacións periódicas...

Nos anos 1950 e 1951, xorde a editorial Galaxia, impulsada por un grupo de galeguistas, que se converte nun instrumento fundamental da recuperación cultural galega. Tamén aparecen as revistas Grial e Revista da Economía de Galicia. Outras iniciativas literarias como a colección Xistral en Lugo e a editorial Compostela de Bibliófilos Gallegos, responsable do primeiro premio de novela galega e do suplemento semanal literario do diario La Noche, tamén terán lugar.

Xorden asociacións culturais como O Facho na Coruña, O Galo en Santiago ou Abrente en Ribadavia, que desenvolverán un gran labor ideolóxico e cultural a prol de Galicia.

En 1963, co gallo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Real Academia Galega crea o Día das Letras Galegas co que se conmemora a súa figura.

No ano 1965, a lingua e a literatura galegas entran nos plans de estudo da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago. En 1971, creouse o Instituto da Lingua Galega.

Conceptos Clave sobre Linguas

  • Linguas hexemónicas: Son as que gozan dun gran prestixio social, determinadas por un poder político-económico que as potencia. Cantas máis funcións cumpra unha lingua, maior prestixio social acada.
  • Linguas minorizadas: Son as que, sendo historicamente propias dun lugar, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións, é dicir, cando algunha destas funcións son desenvolvidas total ou parcialmente por outra lingua foránea.
  • Linguas minoritarias: Son as que posúen un escaso número de falantes. O concepto de lingua minoritaria é aplicable só en termos cuantitativos.

Descargar

PDF Word HTML