Fonética e Fonoloxía do Galego: Bloques e Sons
Bloques Dialectais do Galego
Bloque Occidental
- Pronunciar o g como unha aspirada /h/ parecida ao h das palabras inglesas como house. Coñécese como gheada, que se representa na escrita co dígrafo gh.
- Presenza do seseo, en posición final de sílaba (seseo pronuclear ou implosivo: lus). Tamén encóntrase o seseo en zonas máis reducidas en posición inicial de sílaba (seseo prenuclear ou explosivo: vesiño).
- Terminación indiferenciada -án para masculino e feminino.
- O plural das palabras rematadas en -n faise en -ns.
- A forma propia do pronome persoal suxeito é ti, fronte a tu.
- En vez de cantei, cantín, noutros puntos cantein ou cantén.
- Á beira do sufixo verbal, -ndes (cantandes) -is (cantais) -s (cantás).
Área
Fisterra, Bergantiños, Pontevedresa.
Bloque Oriental
- Plural do tipo casi para palabras agudas rematadas en -n.
- O ditongo -oi- mantense en palabras, pero noutros casos presenta solucións distintas onde a secuencia é -ui- (luita); -u- (muto).
- Consérvase -u- en palabras como cual.
- Rexístrase a secuencia -ax- (caxa) fronte -aix- (caixa).
- Terminación -ín (vecín) fronte a -iño (veciño).
- Plural en -is para palabras agudas rematadas en -l (animais).
- Sufixo -is nalgúns tempos verbais (cantais).
Área
Asturiana, Ancaresa, Zamorana.
Bloque Central
- Ditongo -oi- maioritario.
- Distinción xeral entre a terminación -ao para o masculino (irmao) e para o feminino -á (irmá).
- Plural en -s dos nomes terminados en -n (cas).
- Formas verbais con -i- no pretérito perfecto dos verbos da 2ª conxugación (vendiches).
- Sufixo verbal -des maioritario.
Área
Mindoniense, Lucu-Auriense.
Fonemas Consonánticos do Galego
/b/: oclusivo, bilabial, sonoro.
/d/: oclusivo, dental, sonoro.
/g/: oclusivo, velar, sonoro.
/p/: oclusivo, bilabial, xordo.
/t/: oclusivo, dental, xordo.
/k/: oclusivo, velar, xordo.
/m/: nasal, bilabial, sonoro.
/n/: nasal, alveolar, sonoro.
/ɲ/: nasal, palatal, sonoro.
/ŋ/: nasal, velar, sonoro.
/f/: fricativo, labiodental, xordo.
/θ/: fricativo, interdental, xordo.
/s/: fricativo, alveolar, xordo.
/ʃ/: fricativo, palatal, xordo.
/tʃ/: africado, palatal, xordo.
/ʎ/: líquido, lateral, palatal, sonoro.
/l/: líquido, lateral, alveolar, sonoro.
/ɾ/: líquido, vibrante, simple, alveolar, sonoro.
/r/: líquido, vibrante, múltiple, alveolar, sonoro.
Fonemas Vocálicos do Galego
/i/: pechada, anterior ou palatal.
/u/: pechada, posterior ou velar.
/a/: aberta, central.
/e/: de grao medio, semipechada, anterior ou palatal.
/ɛ/: de grao medio, semiaberta, anterior ou palatal.
/o/: de grao medio, semipechado, posterior ou velar.
/ɔ/: de grao medio, semiaberto, posterior ou velar.