A Poesía Galega Contemporánea: Tendencias e Autores Clave
A Poesía Galega Contemporánea
T10
1976 ábrese unha nova etapa política co remate da ditadura. Abandónase a poesía comprometida das etapas anteriores. Fito histórico na literatura galega pola publicación de Con pólvora e magnolias de Ferrín e de Mesteres de López Casanova.
A Década dos 80
Autores deste período colaboran en volumes colectivos. Danse a coñecer a través de certames e premios literarios. Participan en revistas de poesía como Nordés.
Estes escritores comparten unha serie de características comúns:
Culturalismos - Preocupación formalista - Apertura temática
Principais tendencias e autores:
Catro Tendencias
1- Culturalismo ou formalismo que predomina nos 80. É poesía de linguaxe capaz de integrar as estéticas doutras literaturas. Destaca Ramiro Fonte con As cidades da nada, Xavier Seoane con Eu tamén oín as voces do Orballo.
2- Poesía da experiencia que intenta comunicar experiencias íntimas e cotiás sen abandonar as reflexións sociais e o emprego dunha linguaxe directa con menos preocupación polos aspectos meramente formais. O autor máis representativo é Manuel Rivas. A súa poesía caracterízase polos motivos da vida cotiá. A súa obra poética está agrupada no volume Do descoñecido ao descoñecido.
3- Experimentalismo, busca a experimentación na elaboración da poesía. Manuel Vilanova, Vicente Araguas.
4- Poesía da muller, que se distingue polo rexeitamento do antropocentrismo e por un intimismo claramente feminino. Destaca Pilar Pallarés, etc.
A Década dos 90
É difícil sintetizar a poesía destes anos, pero hai algúns aspectos que poden caracterizar esta época:
- Presenza importante de voz feminina
- Colectivos poéticos
- Novas formas de difusión (recitais, música, Os Diplomáticos de Monte Alto, boletíns)
- Coleccións poéticas e certames literarios
- Premios como medios de difusión
- Linguaxe próxima e intelixible que atrae o lector
- Compromiso social
- Procuran eliminar as barreiras
Principais tendencias e autores:
Tendencias nos 90
1 Poesía de transición: Luisa Villalta
2 Poesía provocadora e contestataria, erotismo e sensualidade desde o punto de vista da muller: María Xosé Queizán e Yolanda Castaño
3 Poesía do íntimo e o cotián: Anxo Angueira, etc.