Diversidade Lingüística: Familias, Estados e Minorización
A diversidade lingüística no mundo
No mundo fálanse entre catro mil e sete mil linguas, e hai menos de douscentos estados, o que leva a afirmar que a maioría son plurilingües, polo que as fronteiras lingüísticas non se corresponden coas políticas ou administrativas. A maior densidade atopámola en Papúa Nova Guinea, con setecentas linguas nunha extensión menor á da Península Ibérica. As linguas de comunicación internacional, chamadas francas, e o inglés por excelencia, son linguas internacionais. Coa consecuencia de escoller unha lingua en concreto para ser franca, fixéronse varios intentos de linguas artificiais, como por exemplo o esperanto. Os chamados pidgins son debidos á fusión das características de diferentes linguas en contacto e normalmente só se utilizan en situacións comunicativas moi concretas. Se un pidgin acaba estendéndose e converténdose na lingua inicial dunha nova xeración, acada a categoría de crioulo.
As familias lingüísticas
As linguas que teñen unha orixe en común pertencen á mesma familia lingüística e podemos consideralas linguas irmás. O nome de lingua nai recíbeo a lingua de orixe das outras, como o latín, unha lingua románica igual que todas as da península, excepto o éuscaro. Se seguimos mirando, o latín pertence á familia indoeuropea, á cal pertencen tamén a maioría de Europa.
Estados monolingües e plurilingües
Resulta difícil atopar un estado monolingüe, incluso en Europa, onde intentaron impoñer un estado = unha nación = unha lingua. Un estado monolingüe é, por exemplo, Islandia. A maioría dos estados europeos seguen a ser plurilingües, inda que moitas linguas corren perigo de desaparecer, xa que a convivencia de dúas ou máis linguas desequilibra a favor do seu uso a lingua que ten máis prestixio económico e social, é dicir, a lingua forte ou dominante. A lingua débil está sometida a condicións sociopolíticas que condicionan os seus usos e funcións, fálase entón de lingua minorizada. As linguas minoritarias ou maioritarias tamén se poden clasificar segundo o número de falantes, como o galego, que é maioritaria en Galicia pero minoritaria en España. Tamén hai que distinguir as linguas oficiais dun territorio con independencia política, isto é, as linguas de estado, como o español, e as linguas non estatais faladas por comunidades integradas no territorio máis amplo doutros estados, como o galego. En canto ao recoñecemento da pluralidade, hai grandes diferenzas entre os distintos estados de Europa. En primeiro lugar, hai estados que ignoran totalmente os grupos lingüísticos diferentes do oficial, como en Francia co bretón ou o occitano, trátase dun monolingüismo irreal. En contraste, hai estados moi respectuosos coa súa diversidade lingüística, estados plurilingües que declaran linguas oficiais dos seus diferentes territorios as linguas propias correspondentes, como en Suíza, onde atopamos catro linguas oficiais. Por último, hai estados que declaran unha lingua oficial para todo o territorio e declaran o estatus de cooficial a outras linguas, este é o caso do territorio español.