Nova Narrativa Galega e Teatro Galego (1936-1976): Autores e Obras
A Nova Narrativa Galega: Características e Autores
Nas décadas de 1960 e 1970, xorde en Galicia un novo xeito de narrar. Os autores deste movemento, coñecido como Nova Narrativa Galega (NNG), asimilan técnicas renovadoras da narrativa universal, inspirándose en autores como Woolf, Kafka e o Nouveau Roman francés.
Características da Nova Narrativa Galega
- Reflexo da sociedade franquista: As obras reflicten a alienación e inseguridade da ditadura.
- Complexidade e profundidade: Non buscan só entreter, senón crear obras de lectura complexa, con contidos filosóficos e afondando no ser humano.
- Renovación formal:
- Desaparición do narrador tradicional omnisciente.
- Protagonistas problemáticos e antiheroicos.
- Tempo subxectivo, con prolepses e analepses.